venres, 9 de xaneiro de 2009

ALMORZO NO CONDOMIÑAS

Non son moitas as oportunidades de poder captar, cunha cámara compacta de 4 MP, secuencias ou esceas da vida salxave cotián. Sorte, paciencia e moitas horas de monte son absolutamente necesarias. Atrévome a subir este almorzo con anguía contando coa xenerosa complicidade dos leitores do noroeste do Noroeste: seguro que saben disculpar a horrorosa calidade gráfica. A escea non durou máis de 3 minutos, montala para o bló algo máis.

¡ Que aproveite!


29 de Maio do ano 2006, son as 8:19 horas, no Pozo Redondo do Condomiñas...




...unha garza cinzenta, Ardea Cinerea, ten pillado unha anguía e prepáraia para almorzar...

...a anguía vese ben viva, retórcese... hai que traballala...

... a garza quere engulila, pero o peixe aprétalle o ollo... non se deixa...


... hai que botala fora e seguir mazando nela... demasiado viva...

... tena pillada pola cabeza ...firme e con sabencia...


...unha e outra vez peteira nela e bátea contra o chan...


...apretaia co forte e longo peteiro ata que parece morta...



... e vai a lavala e quitarlle as areas antes de tragala...



... o que intenta sen perder moito tempo, que a fame apreta...



...pero a anguía está aínda viva de máis e reméxese na boca........



... hai que escupila e seguir a mazarlle a cotena...



... apertarlle a cabeza, bater nela..o que sea...


... sempre ben agarradiña pola cabeza, que non se vaia...



... apretandoa con forza, tentando afogala...hai que comer...





... pero a anguía esta enteira, móvese de máis para metela dentro...


... compre seguir repasando nela...


... peteirala, refregala, batéla, ata que colgue inerme......
...para facer un outro intento...
... a ver se se cola...

...que parece que sí, que vai pasando...


... que se deixa colar, que xa vai para dentro...


... vaia por fin pasou para abaixo a resbalosa...


...pois xa que logo ímolo celebrar...


... con esta postura de satisfeita...


... e un papadiño de auga, para que corra mellor...


... pero, aínda está aí o da cámara?´...

... pois que lle vaian dando...outro papadiño para a dixestión...


... un refoleo de plumas e plumeiros...¡ qué rica estaba!..


... e ímonos indo que xa son as as 8:22... e hai que ir para a escola...
Así pasan as horas e os días ao noroeste do Noroeste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario