sábado, 18 de xullo de 2009

Entrega do 1º Ollar de Seoane

Ao pé das penas do Curutelo, nun acto sinxelo e verdadeiro, tivemos a honra de entregar a X.M.Tojeiro o 1º Premio Ollar de Seoane, quen tivo palabras de agradecemento moi sentidas e garimosas. O agradecemento é noso polo seguimento que fas do bló e a túa activa presencia nel cos teus comentarios e consellos. Aí queda a foto testimonial de Tojeiro co seu exemplar das Colores Cooperativas. Que aproveite.


 
De camiño de volta, escollín a pista que pasa polos pastizais das Lamas e vinme vindo amodo, dándolle a volta tamén ao pastizal da Braxe. Por ver se se vía algo.

E poiden fotografar esta extraordinaria floración de Drosera rotundifolia, que cómo fose o caso de ser o obxeto da pregunta do premio, e tema de conversación con Tojeiro, traioa ao bló á espera de facer uhna entrada completa sobre as plantas carnívoras do noroeste do Noroeste.


Buscando utricularias, (xénero de planta insectívora que aínda non teño rexistrado), apareceume este fermosísimo himenóptero, da familia dos icneumónidos (observade o estreitísimo alongamento do abdome na súa inserción co pronoto) con probabilidade do xénero therion e eu apoñería pola especie circonflexum. Uhna chulada, se lle mire por donde se lle mire.

Pero o día debería de estar para as ledicias, por que as beiras dun rego que non quero esquecer, alumbráronme os ollos un pequeno grupo, sete pés, de Veratrum album: o verdegame, ou surbia, ou veratro ou... Levaba anos suspirando por ver esta planta da familia das liliáceas. É propia da alta montaña, de 1500 a 2000 m., dándose en Galizia polos Ancares e Courel. Citándose fora daí nos arredores de Santiago e no Alto da Herbeira. É pois, planta rara e valiosa, incluida no Libro Rojo da Flora Vascular Ibérica. Atopar uhna nova colonia e sempre uhna satisfacción: parecería, para máis, que as posibilidades de haberen outras aumentan.

Aí quedan unhas outras poucas fotos do veratro, ao mellor hai sorte e algún de vós recoñecea, sabe seu nome de seu, e da en facer un comentario para aprendérmolo. Adiantamos as gracias.



Ollo con ela: é extraordinariamente velenosa (se se papa: por tactala e mirala non mata).

E máis nada, graciñas e ata mellor ver.
Aí van estes achegos:
http://www.anthos.es/v22/index.php?set_locale=es para toda información sobre o veratro, un enlace a Anthos, páxina, extraordinaria, do Real Xardín Botánico.
http://www.asturnatura.com/especie/veratrum-album.html; para completar, da magnífica Asturnatura, páxina especialmente recomendable para os lectores do Noroeste, por dedicarse especialmente á flora e fauna cantábrica.
http://www.biga.org/Plantae/Galeria/Familias/Liliaceae/Veratrum/Veratrum_album.html moi boas fotos, nesta magnífica web galega referida a plantas. Uhna observación atenta da xeografía das mesmas confirma que os pés a no concello de Cedeira e non no de Cariño, cómo di o pé de foto; pero a este cura tanto lle ten donde se déa á misa, o caso que sexa na parroquia do noroeste do Noroeste.

3 comentarios:

  1. Moitas gracias por todo.
    Pero non puxeche a elevado número de diversas autoridades que asistiron ao acto de entrega, jejejeje.
    Eu despois no medio do neboeiro saquei en limpo unhas cantas fotos dun corzo confiado.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Certamente, tí o dixeches, elevado número...non haberiamos de caber todos...teño as fotos de toda a greada que nos acompañou no momento da entrega do premio...pero por non presumir de capacidade de convocatoria entre o gremio dos embaixadores, senadores e demais lores, deixamos a cousa así...

    Hai que ir ver esas droseras.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Xa están as droseras localizadas e retratadas. A verdade é que as teño que ter visto moitas veces, pero hai que educar a vista a distinguir o que ve.
    Gracias polas indicaciós.
    Un saúdo

    ResponderEliminar