XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

xoves, 15 de outubro de 2009

2º CONCURSO "OLLAR DE SEOANE"

Destemidamente, este bló ven de convocar o 2ºConcurso "Ollar de Seoane".

 
Como ben sabedes e co debido respeto pretende ser tanto uhna homenaxe ao insigne naturalista ferrolán López Seoane -xoia do naturalismo científico galego e devanceiro do coñecemento no século XIX-, coma un estímulo e premio a observación amodada e atenta da Natureza, (e mete tamén o seu aquel de agradecemento por seguirdes a ler este bló ).

Para os que non o saiban a idea e moi sinxela: a primeira persoa que identifique correctamente a especie que máis abaixo vai fotografada, e mande o correspondente comentario non anónimo, será agasallado, ao igoal que na 1ª edición, cun exemplar de "Colores Cooperativos" uhna unidade didáctica de edición artesanal e numerada, da que é responsable un servidor, e que naturalmente irá convenientemente adicada con todo o meu agradecemento por participar neste inocente pasatempo, que dei en chamar " Ollar de Seoane", e que non quere senon que veña xogando ata nós o reino da Natureza.

E se uhna palabra pode suxerir máis de mil imaxes vexamos cantas palabras han de nacer desta imaxe:

E ben..., quen son eu ?
Non darei máis endereito que datar a captura no medio do vrao, o 8 do Agosto deste ano, e cumplir coa obligación de informarvos que está xirada 180º.
Vin a foto inmediatamente e inmediatamente penseina coma ilustración perfecta para iluminar o 2º Concurso "Ollar de Seoane" que habería de convocarse, como así se fai, nas bisagras dos días do Tempo das Caliveras, avisadoras da morte prósima do duradeiro vrao e da nacencia escura e certa do longo inverno.
Ciclo natural de orde polar, mai e pai de cosmogonías.
Saúde e sorte para todos vós, miñas e meus.
Despós de data: Aínda que alguén non saiba de que especie se trata, este tecleador de letras agradecería a morrer calquer comentario, pasaxeiro ou pousado, sobor do que ocurrentemente se vos ocurra, ao esconxuro instantáneo da contemplación da sorprendente calivera.
A min dende logo paréceme dificilísima de acertar. Con esa espranza vai editada. O anterior concurso tuvo o dudoso mérito de ser o concurso de menor duración da historia dos concursos breves.
A ver se desta volta hai sorte e ten un pouco máis de enteireza.
Despós de data: Decátome de que aumentaron o número de visitas a páxina do concurso; lamentablemente o número de comentarios segue a ser menor ca unidade. Algunha leitora do bló suxiriume que desta volta a foto, ben que orixinal, é un pouco difícil de máis, e que debería amosarme algo caritativo dando algún endereito que permita irse achegando o seu revelo. Seguramente terá razón. Vai pois esta outra toma lateral e ampliada da mesma especie. Agora penso que para os que coñecen a natureza ártabra a cousa xa vai moi fácil.





Despós de data: Vai un novo endereito, para vos axudar a atopar o carreiro que vos leve dereitiños ao corazón do misterio...



Despòs de data: ... pois sí, este 2º Ollar de Seoane ten algo máis de enteireza...vai, xa que logo, outro santo para vos deixar endereitados ao peíño dela...si aínda así...




Despós de data:.. xa vai tendo enteireza de máis, non sí?... aí vai a foto da flor...é un endemismo ártabro e dase nos marouzós...se aínda así...

¡ Aleluia! ¡ Albarizias ! ¡ Xa temos gañador do "2º Ollar de Seoane" ! Miguel A. Fernández, contestou correctamente o inquérito do concurso. Antirrhinum majus linkianum, un fermoso e espectacular endemismo das costas galegas que nos areeiros artabros amosa poboacións estables e consolidadas que convén gardar e saber valorar, foi o protagonista do concurso. No areeiro de Vilarrube hai un pequeno grupo que paréceme representa o límite norte de distribución mndial. Os meus parabéns e noraboas ao gañador. Quedade cunha foto do porte e o fardar deste atractivo taxón, incluido no "Libro Rojo de la Flora vascular de España."

Graciñas, miñas e meus.



E rematamos este enredo, coa publicación da foto do feliz gañador e o premio recibido, a quen agradecemos a súa lectura continuada do bló e a súa disposición para se deixar fotografar e poder deixar constancia pública da entrega do premio prometido. Co que, non tendo máis que dicir, damos por rematado este "2º Ollar de Seoane", que agardamos non sexa o derradeiro.
Obrigado.

10 comentarios:

  1. Imos facer subir o contador dos comentarios.
    Eu tamén falei cunha lectora habitual do teu blog (¿sería a mesma?) e ambos coincidimos na dificultade da fotografía inicial. As seguintes convencéronme do erradas que eran as miñas primeiras impresións, pero non me serviron para chegar a outra conclusión, así que de momento queda a cousa así.
    Un saúdo a todos.

    ResponderEliminar
  2. Boas Tojeiro.
    Gratia plena por seguir aí. Penso que agora coa foto da planta en conxunto xa será doado...si aínda así, poñerei a foto da flor..que será como dar o nome.

    ResponderEliminar
  3. Antirrhinum majus Linkianum, creo, non Rafa?
    Bon, gracias polo concurso. A verdade coa flor xa era moito máis fácil.
    Miguel A. Fernández.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns e noraboas Miguel¡
    Efectivamente a calivera invertida pertencía a este fermoso e espectacular endemismo das nosas plaias ártabras.
    Alédame moito que recibas o premio... é uhna honra que uhna persona adicada a defensa organizada da Natureza, un ecoloxista de pro, participe neste pobre e malpocado enredo. E que para máis, pesia a ser granaíno pechado, fala e escribe na lingua de Rosalía, coma o que máis e mellor.
    Mil gracias mil por todo.

    ResponderEliminar
  5. Paseo de cando en vez por este blog e agora xa había días.
    Parecíame imposible o concurso e algo contraditorio coa intención "para o coñecemento e a supervivencia..." semellando para xente especialista e non tanto para incitar a humanos (é máis do meu agrado persoas, entre outras razóns porque nos alonxa dese concepto de virus que nos aplica tan de cotío)legos a coñecer para desfrutar e respectar á nai terra.
    Inda que cheguei tarde, parabéns por dar pistas e permitir o achegamento a esa marabilla choqueira de antirrhinum...

    ResponderEliminar
  6. Boas a todas e agradecido por estar aí...
    ...non pretendía facer un concurso imposible, senon tan só que durase algo máis que o anterior, adiviñado en minutos, e poder ir facendo concurso ao tempo que ía dando pistas...paréceme que este 2º Ollar tivo máis xogabilidade...en fin non é máis que un entretenimento para ir dando a coñecer ao que temos...neste caso a fermosa boca de can.
    ...non vos chamo humanos a vosoutros,senon a nosoutros...
    ...graciñas... por me falar...non perder as mañas.

    ResponderEliminar
  7. E para enriquecer o noso léxico, como chaman os vellos a esta planta?

    Está ben saber a nomenclatura botánica: Antirrhinum majus subsp. linkianum, para saber de que especie e subespecie estamos a falar, sen lugar a equívocos, pero se quero preguntarlle a algún paisaniño por ela, como lle imos chamar?

    Segundo teño entendido trátase da herba becerra ou herba de can, estou no certo?

    ResponderEliminar
  8. Ola Galdo, benvido ao bló...
    ...o nome que eu teño sentido por aquí é o de boca de can...aínda que ao mellor este nome, oído na Plaia do Rodo, Pantín,non ten uso non sendo polos arredores...no sei

    Son un degustador dos nomes tradicionais que día a día son máis difíciles de recoller...neste bló sempre que se pode fálase e escribese coas palabras propias do noroeste do Noroeste...non só hai que conservar as especies, senon as palabras, paréceme...

    Moi agradecido polo teu comentario e por ler este bló... non perdas as mañas...

    ResponderEliminar
  9. Chegei tarde ao concurso,pero prometo estar "ollo ao gato" para non perder o seguinte.Gracias Caleliño por amosarnos as nosas cousas.

    ResponderEliminar