sábado, 6 de febreiro de 2010

Adeus carpobrotus, adeus. (II)

Nengún tema mellor para anovar os contidos do bló que dar conta e razón da terceira xornada de traballo de eliminación do carpobrotus no Areal da Madalena, a cargo dos membros e socios da ANPA " O Picapeixe" da escola publica de Cedeira.





Arestora o traballo entusiasta deste exemplar grupo de cidadáns que xungue a avoas e avós, a pais e nais e a fillas e fillos ten conquerido xa a limpeza e erradicación do esmagante carpobrotus en algo máis da metade da superficie total do areal. Graciñas meus.



Para o que queda de inverno pénsase poder limpar totalmente os areais da Madalena e de Vilarrube, deixando así á Ría de Cedeira ceibe do afogador e inzador especimen que coma unha praga biblíca anda asoballando a toda á costá galega: o problema certamente é moi grave.

Tanto que sen a decidida acción directa e desinteresada dos cidadáns e dos movimentos sociais non seremos quen de poder controlar esta invasión vexetal que está inzando infinitos recunchos costeiros, dunha maneira silandeira e acelerada. A Illa de Arousa, noutrora paradiso, é hoxe unha inacabable sucesion de cintas de carpobrotus afogando á vexetación propia da primeira liña da costá.
Ogallá o exemplo destes cidadáns afille en moitos corazóns xenerosos e coma os fungos do campo xurdan acó e acolá grupos de xentes ben orgaizadas que co entusiasmo das súas maos libere a nosa costá da invasión do carpobrotus.
O Areal da Madalena de Cedeira, se todo vai ben, este ano quedará libre da praga.
Será agradecido a arrincadores tan convencidos, e decididos, coma este.

A mandare, totus meus.

5 comentarios:

  1. Hai que felicitar a todos os participantes por implicarse deste xeito, e aos pais por ir concienciando aos nenos nestes temas.
    Teño unha duda: despois de quitar o carpobrotus, nas zonas de dunas que ocupaban, ao quedar peladas ¿non quedan moi expostas á auga, vento, etc..?
    Veña, un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Boas Tojeiro...Graciñas no nome d etodos polos parabéns. Certamente o marouzon, en sitios, queda coa area ao aire, exposto aos ventos e as augas, por iso non se recomenda e nosoutros nons o facemos traballar nos días que chove, polo risco de se levar a area.
    Este día repasouse, dentro do traballo programado, tamén as zonas que quedaran libres en datas pasadas e non constatamos senon o rebrote inmediato dalgunha pequena folla que quedara caída e esquecida en días anteriores. A duna máis alá do seu aspecto limpo e disposta para o renacer das herbas propias, non presentaba ningún tipo de alteración.
    Sí parece necesario facer continuamente labores de vixianza de posibles rebrotes: a profundidade dalgunhas raíces e tal que, sen alterar gravemenre a estructura da duna, non seríamos quen de extraela. Preferimos facer vixianza continuada.
    Unha aperta e gracias por seguir aí.

    ResponderEliminar
  3. Parabén a todos os participantes por este magnífico traballo, a ver se toman exemplo noutros lugares. Pora Doniños tamén vín que andaban a frear esta praga. Aínda que sexa impopular xa me gustaría que se recuperáran as fragas e soutos que había antes de colonizalas co eucalipto. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Hola Rafael:
    Mi más sincera enhorabuena a todos esos "currantes" que tan encomiable labor han realizado a favor de nuestra naturaleza. Ayer había una cuadrilla de TRAGSA, haciendo lo mismo en Pantín; seguro que esos "chavalotes" han trabajado tanto o más que los profesionales.
    Una vez más, felicidades. Da gusto que las nuevas generaciones se impliquen en el cuidado del medio ambiente, el medio de "todos".

    ResponderEliminar
  5. Parabéns tamén desde Compostela a todas as persoas adultas ou inda nenas que inician ese camiño que sen dúbida iremos imitando en toda a nosa costa pois o perigo da "fermosura engaioladora" da flor do carpobrotus converteuna nun andazo que invade zonas protexidas (véxase o Carreirón) na Arousa ou os arredores da Torre de Hércules ou as praias e escasos piñeirais da mariña luguesa... e nalgúns deses lugares vese como a máis de estenderse no terreo medra un ano enriba do outro converténdose nunha capa alta e mesta que impide a pervivencia de calquera outra especie vexetal. Parabéns tamén pola constancia de ir limpar unha e outra vez... grupos de persoas actuando así fan que medre a confianza en nós, as xentes do común.

    ResponderEliminar