XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

xoves, 2 de febreiro de 2012

Nunca máis.

Iso é, nunca máis...



















... sen máis palabras.


Mil gracias mil, miñas e meus.
A mandare.

VIDEOSMÍNIMOSDONOROESTE TV

Branca hiperbórea en Cedeira; máis da mesma.

4 comentarios:

  1. Vin a lagoa case sen augas e feita unha praia con bañistas, paseantes... por iso esas fotos non me asustan, porque xa o fixo a realidade; pero as outras... son reais? Alguén deu unha explicación razoable?
    Sefa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois eu non sei se razoable, pro explicaciós houbo...o caso é que cando estaban pra facer a apertura artificial, a lagoa abreu polo seu propio discorrer natural e quedou medio baleira...xa ves, logo de tanto borear de tantos, de tanto remexer e confundir, de tanto argumentar e contrargumentar, os que defendimos, e defendemos, que deixen a lagoa en paz que ela mesma se apaña con ela, tivemos a satisfacción de que a mesma lagoa nos dése a razón: non fai falla andar facendo aperturas artificias, a mesma lagoa cando ten que reverter, reverte. E punto.
      Apertiñas.

      Eliminar
  2. Ola 
Son Xisbe de bolboretasgalegas(punto)blogaliza(punto)org e diríxome a ti para expoñerche un proxecto no que xuntar os nosos esforzos como creadores de blogs sobre natureza galega e asociacións, e facer algo conxunto no que mostrar o pasado, presente e futuro da biodiversidade galega, enviando anuncios, recollendo entradas de blogs, noticias ou artigos científicos así como o poder facer mapas de distribución das distintas especies presentes na xeografía galega como forma de coñecer mellor a nosa natureza e poder mellorar a protección.

    Esta é a idea que expuxen no meu blog:
    Na entrada anterior, a propósito das fichas de taxofoto, falaba de que me gustaría que se levase a cabo un proxecto semellante en Galicia. Se cadra hai xente que pensa que non é necesario porque chega con que se faga a nivel estatal pero para min non estaría de máis que puidésemos aproveitar todas as imaxes e todo o coñecemento de moitos afeizoados para coñecer mellor a biodiversidade galega.
    Como primeiro paso, e vendo a cantidade de persoas, e asociacións, que en Galiza teñen un blogu sobre natureza, penso que podíamos facer un portal galego da natureza no que calquera dos membros enviase noticias, presentase artigos ou traballos científicos, e onde se moderase un debate sobre todo o relacionado coa biodiversidade galega en foros adicados a ela. Sen que cada un de nós deixase de ter a súa "leiriña" penso que podiamos ultra-pasar este minifundismo facendo unha concentración de esforzos blogueiros nun proxecto común.
    Supoño que non é fácil montar un proxecto destas características porque é preciso a dedicación, entusiasmo e coordinación de varias persoas, contactar e convencer xente con coñecementos en xerar páxinas web, formar un comité de redacción e outro científico, e algo de diñeiro aínda que só fose para pagar o hosting, pero penso que se realmente temos interese en facer algo podíamos valorar as posibilidades de montar algo polo estilo.
    Contade coa miña dedicación e entusiasmo para facer algo bo pola biodiversidade galega, sexa isto ou calquer outra iniciativa que poda apoiar.
    Gustaríame moito coñecer a vosa opinión polo que comentarios en contra ou a favor serían benvidos.

    Como digo na entrada isto non é labor dunha persoa só, é necesaria un estrutura mínima e convencer a moitas persoas para que colaboren no proxecto polo que non pretendo ser eu a facelo senón constituír un grupo amplo de persoas no que cada un poda dirixir un apartado do portal.

    Para que te fagas unha idea visual do que falo podes visitar a páxina de Euskalnatura(punto)net.

    Non pertenzo a ningunha asociación naturalista, ecoloxista ou política, nin me guía ningún interese comercial ou de outro tipo, só desexo un futuro mellor para o noso país e penso que este pode ser un xeito máis para acadalo.

    Desculpa o meu atrevemento de dirixirme a ti sen coñecerte, espero non ter incomodado.

    Agradecíache unha resposta

    Saúde e saúdos.

    Perdoa que escreba aquí pero non atopei o teu correo por ningures.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi boas Xisbe...xa sabía da túa proposta polo teu propio blogue, e no que a min respecta paréceme unha idea excelente. Eu mesmo estou rexistrado dende hai moitos anos en Biodiversidade Virtual, daquela só era Insectarium, e unha das perspectivas que me levou a apuntarme era que as fotos subíanse e amosábanse por Comunidades. Así era moi doado consultar as secciós de Galizia e as outras comunidades cantábricas e leonesas e poseer unha información axil sobre insectos que podían aparecer, ou aparecían, nos meus rexistros.

      Para máis sempre podías comentar ou recibir comentarios dos outros adscritos de Galizia, ou próximos, co que se xeraba unha conversa informativa e comunicativa moi proveitosa e enriquecedora.

      De feito cando Insectarium cambiou e se fixo de entrada estatal perdeu para min moito encanto e amoderei moito a subida de imaxes: era ben difícil xa informarse da fauna entomolóxica do meu entorno.

      Eu non sei de que maneira podería botar unha mao pra conquerir levar adiante esa idea: o meu tempo está xa ocupado e ben saturado.

      Como ben dis fai falla moita dedicación, exclusiva sen dúbida, pra poñer, e aínda máis pra manter en pé esa magnífica idea.

      Tamén fai falla moitos coñecementos de infórmatica, infinitamente máis dos que eu posúo que son a nivel de usuario básico.

      E inescusablemente fan falla expertos taxonomistas nas diversas áreas pra afinar a catalogación das das diversas especies. Aí tampouco podería botar unha mao no sendo ao nivel de opinión de afeccionado.

      E tes moita razón ao dicir que fai falla un sustento económico: imprescindible.

      Resumo, a idea paréceme magnífica e se houbese que aportar unha cuota de inscripción como socio ou colaborador, sempre que coubese nas miñas capacidades, poderíades contar coa miña disposición. E naturalmente os meus arquivos fotográficos, case exclusivamente do noroeste do Noroeste, entre 40 e 50 mil fotos poderían axudar a conformar esa base de datos galega no eido da biodiversidade.E non renunciaría a aportar a miña opinión de afeccionado alí onde poidera servir pra algo. Moito máis non podería facer.

      Os meus parabéns pola idea e animarte a tirar pra diante. Ogallá haiba sorte e se entusiasmen as persoas capaces de levala adiante: técnicos en infórmática e naturalistas coñecedores. O aspecto económico cun número determinado de socios colaboradores paréceme o máis fácil de encontrar. Non sei.
      Unha aperta Xisbe, saúde e sorte.
      PD: servidor tampouco ten outra militancia ca súa sensibilidade e intelixencia, sexan cal sexan.

      Eliminar