mércores, 7 de novembro de 2012

Filminas de ciños


Quixera cumplir a palabra empeñada cuns amigos subindo hoxe esta xeira de fotos, recén feitas esta mesma tarde, dos tres ciños que dan en andar polas augas do Lago de Valdoviño. Sei que a calidade das fotos non é a que a súa amistade, e a fidelidade dos ceareiros de "Ao nororeste do Noroeste" merecen, pro non poiden facer nada mellor. Que os ciños andaran lonxe de máis non debería servir de desculpa. Se fose o caso destes tres ciños se quedaren a pasar unha tempada polas augas da lagoa da Praia da Frouseira, de seguro haberá mellor collada ca esta. 

Esperando por ela, queda acó unha breve selección de imaxes dos tres ciños do lago, que non queren se non convidarvos a deixar o esfondado sofá dos esvacoamentos pra invitarvos a dar unha voltiña polas ribeiras das augas: outro mundo de belezas é alá posible.

E xa, sen outra palabra, aí van eles.






















E co meu agradecemento pola vosa permanencia fidel nese outro lado do telón de silicio, mándome calar e polo de hoxe vou deixando xear.

Mil gracias mil, miñas e meus.

A mandare.


Achego: Unicamente un lazo á unha entrada anterior deste mesmo bló, do 19 de agosto do 2009, dando noticia da aparición dun Cygnus cygnus no Lago de Lanzós. Se queredes entrar, premer.

6 comentarios:

  1. As fotos non teñen duda Rapaz... Estuven lendo
    ( no enlace do 2009) que non é moi normal a sua visita por estes lares, así que o sábado sin mais tardar achegaremonos a Valdoviño, a ver si ainda está y se deixa ver.
    ¡Ah e unha cousiña¡ - a única razón de escribir dende anónimo e que non atopei outro xeito posible de facer chegar a miña impresión, ¡e intenteino eh¡ pero nada. Terei que prejuntar como se fai.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Saúdos que van de volta...polo de anónimo a min non me preocupa: sei que sempre escribiredes con respeto, e se algunha vez aparece alguén que non sabe o seu siñificado non publico o comentario e finiquitado o invento; pro nunca se deu o caso.

    Pro se queres asinar, só tes que poñer o teu nome debaixo do saúdo final. Cousa túa.

    Efectivamente os ciños de peteiro marelo consideranse unha rareza e dende as súas moi lonxanas áreas de cría, case circumpolares, baixan en ocasiós contadas ate o noroeste do Noroeste ibérico. Que aparezan tres xuntos a min parece aínda rareza maior.

    Se ides ollalos este sábado, levai prismas por se fose o caso, moi probable, de andaren lonxe. O Cygnus cygnus non é moito de deixarse arrimar aos humanos. Dende o observatorio do paseo pódense tirar, cos prismas nos ollos, moi boas observaciós e pra máis deixalos en paz. Dende aí están feitas todas as fotos desta entradiña.

    Unha aperta.





    ResponderEliminar

  3. Aunque ya había visto esta entrada "no chollo" es hoy desde casa desde donde
    agradezco

    ResponderEliminar
  4. Ola Luismi...pois non sabes ti como me gusta ver que andas por acó, iso si que se agradece...dálle unha aperta á señora e queda ti con outra...que Madrid vos sexa leve.

    A mandare.

    ResponderEliminar
  5. Olá Rafa, aquí Miguel.

    Un traballo fotográfico digno, sobre todo tendo en conta as condicións de luz e a distancia (dou fe porque estaba alí contigo cando se tomaron algunhas destas fotos).

    A seguir así.

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vaia Miguel, ti ben sabes como se fixeron: pouca luz e moita distancia, así que se se deu feito algo foi por poder apoiar a cámara no fardel e este apousalo no peitoril da cabana de observación. Se se anda sen trípode hai que tirar de talento pra a chafaldrada.Non queda outra.

      Non perdas as mañas.

      Unha aperta (reparte na casa)

      Eliminar