domingo, 11 de novembro de 2012

O verme da folla verde.

O verde verme estaba na acera.
Subino a unha parra que había ao pé,
tireille clicliclís por aquí e por aló,
recortei as fotos cun fotoxó, 
axusteinas senmodo cun retocador,
diminuinas ao xusto co fotopen, 
mandeillas a bloguer co insertar,
 premín sen medo en publicar... 
...e velaí van e velaí van. 

(Fandango bló do verme da folla verde)












Sinto non ter pista segura sobre quen poida ser o verme verde da folla verde. Agradécese por diante calisquer endereito que me leve a certo: pro máis se agradece saber que a  vosa amistosa ollada de seguro saberá disculpar a saída de tono deste deslaimado chiste verde.

E se non, como me habería de atrevere?

Mil gracias mil, miñas e meus; apertiñas.

A mandare.




2 comentarios:

  1. Sempre me chamou a atención a rechamante cor do "verme verde da folla verde" , pero vexo que outros hasta lle fan un fandanjo...
    - Achejámonos o luns a Frouxeira para ver os cisnes y a jornada foi perfecta; aproveitamos para ollalos e para dar un fermoso paseo pola veiriña da lagoa, rindo xogando e discutindo (Jesús empeñouse en que alí tiña que haber moitos mais cisnes e xa via morea deles por todas as esquiñas)
    - ¿ conclusión? ¡Qué afortunados somos¡
    Jesus e Mariví

    ResponderEliminar
  2. Olá familia...moi benvidos á nómina de comentaristas do bló...como me aleda que fórades mirar os ciños, non son moitas as oportunidades de ver por acó a esta especie tan fermosa...

    O do "fanfanjo" foi unha pequena coña pra darlle saída a esa media ducia de fotos que tiña listas buscando unha ocasión.

    E concordo: somos afortunados. A Frouseira é un espazo fermosísimo que deberíamos saber coidar e gardar, pra que Jesús poida levar alí a seus netos e contarlles batallitas de cando el de neno ía coa bisavoa a rir, xogar e discutir polas ribeiras do Lago.

    Nesas andamos: en mirar do noso, de nós.

    Apertiñas.

    ResponderEliminar