mércores, 13 de abril de 2016

1ªS Xornadas Botánicas de Cedeira (1)


No ano 2004, o Ministerio do Medio Ambiente calificou ao conxunto das plantas da Serra da Capelada e Costás de Ferrolterra, como “de importancia excepcional para el mantenimiento de la biodiversidad”. A única zona de Galicia que acadou tan excepcional catalogación. Tan extraordinaira nota conséguese tanto por ter unha flora orixinalísima canto por atoparse esta en grave perigo de extinción.

Centaurea borjae, endemismo exclusivo das costás capeladas.

Endemismos únicos, raras flores de alta montaña, orquídeas ou fantásticos felgos macaronésicos que sobreviven dende a Era Terciaria (cando estas terras eran unha selva tropical) conforman un tesouro biolóxico e valiosísimo que debemos coñecer e protexer.

Woodwardia radicans, felga macaronésica da Era Terciaria

Có padroado do Concello de Cedeira, o blogue “Ao noroeste do Noroeste”, organiza estas 1º Xornadas Botánicas pra facer bon o lema que xustifica a súa existencia: “Para o coñecemento, a protección e a supervivencia da flora e fauna da Serra da Capelada e da Costá Ártabra”

Gymnadenia conopsea, orquídea que ten as mellores poboacións galegas na Herbeira.

Gracias ao catedrático e académico Alvaro Porto Dapena; aos profesores e investigadores de botánica da USC Juan Fernández Oubiña, Miguel Serrano e Roi Carballal; ao escritor  Antón Cortizas e ao ilustrador gráfico Calros Silvar, pola súa desinteresada colaboración para poder arrexuntar Ciencia, Arte e Literatura na defensa do patrimonio botánico cedeirés, quer decir galego, quer decir universal.

Fritillaria pyrenaica, a tulipa brava do monte lucindo nos ouzais.

Coñecer é protexer

Esperámosvos.






PAZ  E  PALABRAS

Xiphiom latifolium, planta exclusiva de outa montaña que acó medra perto da marea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario