tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post2378406989043785130..comments2024-03-28T17:23:37.677+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: No corazón da escura verdescencia...Unknownnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-15407286272727249782011-04-13T20:09:13.993+01:002011-04-13T20:09:13.993+01:00Boas Juanma...do porco ben se sabe que eu tampouco...Boas Juanma...do porco ben se sabe que eu tampouco son amigo, parécenme unha praga cunha poboación desmedrada por ausencia de depredadores...teñen todos os currunchos de natureza enxebre completamente esbandallados e os de labranza tamén...o eucalital dálles acobillo, pro non lles da de comer...

...Impagable o termo sarandiños, non o coñecía, sempre uso arandos por telo aprendido nos libros, pro sarandiños paréceme extraordinario, máis se cabe por que ao mellor explica un topónimo confuso: sarandón, propio da bisbarra e para o que nen o mesmo Alvaro Porto Dapena atopa unha explicación satisfactoria, propoñendo a existencia dalgún tipo de peneira ou criba (saranda ou zaranda)de tamaño extraordinario. Pro coa existencia do termo sarandiño ao mellor é máis doado explicar o topónimo SARANDÓN, non moi abondoso por outro lado, coma un fitotopónimo que aluda a existencia nese lugar dun sarandiño de dimensiós notables.... ou aínda que sendo sarandiño o nome da planta, un sarandón sexa o lugar onde se dan con abundancia os sarandiños.

En fin moi obrigado polo teu comentario, un verdadeiro placer aprender de quen sabe.

Apertiñas e un saúdo.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-62298593526785920992011-04-13T11:39:19.893+01:002011-04-13T11:39:19.893+01:00O malo ( tamén por outros temas, o bon) é que case...O malo ( tamén por outros temas, o bon) é que case naide conoce estas fragas, podes ir por Cedeira, Cariño ou Ortigueira adiante que quitado cazadores e pescadores moi pouquiña xente anduvo por estas fragas e nin saben que as hai nin o que teñen, e por tanto, non as valoran. A ver se lle fago a entradiña ao tema dos porcos, porque son outra das ameazas que teñen, fozan todo e teñen todo arrancado. Eu recordo cando era pequeno a nosa fraga chea de arbustos, felgos e plantas varias, e cachos grandes de sarandiños (como lle chaman ao arándanos), agora pouco queda, está todo fozado , coas raíces dos paos (carballos, castaños, freixos, acivros, abeleiras...) ao aire, e algún vai caendo por culpa diso. Sin duda, un exceso de bichería.

SaúdosJuan Manuel Tojeirohttp://serradacapelada.blogspot.comnoreply@blogger.com