tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post4347946328044657027..comments2024-03-18T17:03:45.099+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Tartarañas nas mañanciñas.Unknownnoreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-27093231612519999172016-02-12T19:25:35.975+00:002016-02-12T19:25:35.975+00:00Obrigado Xabi por tan sabias precisiós. Lamentable...Obrigado Xabi por tan sabias precisiós. Lamentablemente eu tampouco sei moi ben quen é quen en cada foto. Estaban demasiado lonxe e facía as fotos case ao chou cada vez que parecía revoar un pouco mais cerquiña. Aparecían e desaprecían, eu dende logo non era quen de precisar se era o mesmo ou era outro. A min paréceme sempre o mesmo, menos nas primeiras fotos e na última, pero...

Obrigado de novo, Xabi.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-27968293622658832262016-02-12T18:21:31.353+00:002016-02-12T18:21:31.353+00:00Eu non empregaría o termo "parella" Rafa...Eu non empregaría o termo "parella" Rafa. Na Frouseira a especie non é reprodutora ou, cando menos, non o fixo nos últimos trinta anos (é o tempo que levo controlando).Todos os individuos que aparecen son invariablemente femias o machos xóvenes, agás no paso primaveral, no que se pode ver algún macho adulto, que son fermosísimos, por certo.
Éste que aparece nas túas fotos 5, 6 e 7 (que non sei se é o mesmo exemplar do resto da serie) debe ser un macho mudando a segundo ou terceiro ano, pero non é adulto.
Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/00398684974915158611noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-50464992831407182782016-02-10T10:15:27.997+00:002016-02-10T10:15:27.997+00:00Opa meu!! Que ledicia saber de ti. Eu penso que é ...Opa meu!! Que ledicia saber de ti. Eu penso que é a parella que anda sempre de garda pola xunqueira. As imaxes son do 20 de xaneiro, nunha rara mañá soleada deste inverno. UNa saída cando queiras a onde queiras e se non xa podemos ir buscando flores por este mundo. Algunhas xa aparecen.
UNha aperta. Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-10872063990019662732016-02-10T09:51:42.227+00:002016-02-10T09:51:42.227+00:00Fabulosa entrada, amigo e mestre. Gústanme esas fo...Fabulosa entrada, amigo e mestre. Gústanme esas fotos da tartaraña contrastada contra as canaveiras pálidas do fondo, e que dicir da pimpina en primeirísimo plano. Esta debe ser a mesma tartaraña que ollara eu o pasado domingo pola tarde, dende o mesmo sitio. Déronlle un bon repaso dúas corvexas descontentas coa súa presencia. Lástima non coincidir contigo ese día. A ver se quedamos para unha saída, que xa vai sendo hora.
Unha aperta,
Miguelmiguel angel fernandez perezhttps://www.blogger.com/profile/05649644943493461441noreply@blogger.com