tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post516737446951718472..comments2024-03-28T17:23:37.677+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Jenaro Dalda e o Lago de LanzósUnknownnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-8493634449125041532009-01-15T17:46:00.000+00:002009-01-15T17:46:00.000+00:00Moitas mercedes Xan polas túas palabras, por ler o...Moitas mercedes Xan polas túas palabras, por ler o meu bló e polo retrato de Jenaro Dalda que, créemo, dame moita alegría, pois vai aventando en min a nebra dunha iñorancia. O estudo de Dalda paréceme imprescindible para entender o que está a pasar cada ano no lago, eu cando menos teño unha visión diferente, penso que agora máis cabal e rigorosa, a que tiña antes de ler o seu traballo.
Graciñas polo teu comentario, quedo a túa disposición , a da SGHN e a SGO para aquilo en que vos poda ser útil.
Saúde e sorte, unha aperta.
RafaelRafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-39648355732178541952009-01-14T15:23:00.000+00:002009-01-14T15:23:00.000+00:00Eu coñecín persoalmente a D.Jenaro Dalda, foi prof...Eu coñecín persoalmente a D.Jenaro Dalda, foi profesor de ecoloxía en Santiago e funcionario do ICONA (ou agricultura) a mediadios dos 70. A mín servíume nos meus tempos de estudiante de Biolóxicas en Santiago, para acceder ao seu traballo sobre Valdoviño e para participar en un comezo de estudio sobre a alimentación das acuáticas que se cazaban daquela na lagoa. Dalda foi un estímulo para algúns na entón escuálida universidade compostelá, por ser un dos poucos que publicou algo sobre ecoloxía galega e pola súa bonhomía e accesibilidade. Cónstame tamén que fixo o que puido para limitar a actividade cazadora en Valdoviño moitos anos de que fora protexida, e o seu traballo científico - probablemente o seu calado labor administrativo- contribuiu a dar unha base á fundamentación científica para que a lagoa estea baixo o Convenio Internacional de RAMSAR.
Noraboa por rescatar este documento e por lembrar a figura dun home rigoroso e discreto que fixo cousas en tempos nada fáciles.
Xan Rodríguez Silvar
Sociedade Galega de Historia Natural
Sociedade Galega de Ornitoloxíaxansilvarhttps://www.blogger.com/profile/06068484224387920543noreply@blogger.com