tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post7825308270550865614..comments2024-03-18T17:03:45.099+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Fóra de Portas: Unhas horas na Chá.Unknownnoreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-18087970144841122262011-02-20T22:10:14.600+00:002011-02-20T22:10:14.600+00:00Para Rafael, moitas grazas, disfrutei co relato. P...Para Rafael, moitas grazas, disfrutei co relato. Para Xabi grazas pola aclaración, tampouco gosto do que se fixo con Cospeito, pero as formas de decilo tamén contan e ser amable non custa tanto. A letra con sangue non entra.
Saúde-
XisbeAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-55426990669028905352011-02-18T15:49:57.515+00:002011-02-18T15:49:57.515+00:00En fin Xabi, xa me decato de que non estás mosquea...En fin Xabi, xa me decato de que non estás mosqueado.
A diferencia entre mentira e erro, ao parecer, non vai explicado nos textos de Pedanta e Bogavanta. Os meus alunos e alunas de 2º de Primaria, xa a coñecen.
Outra aperta.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-21873081641959480992011-02-18T15:16:04.116+00:002011-02-18T15:16:04.116+00:00Unha última resposta (non te molestes en contestar...Unha última resposta (non te molestes en contestar). Non me mosqueo. Simplemente quero que os numerosos seguidores deste bloge (incluíndo outros blogeiros) coñezan algo máis aproximado á verdade sobre o tema da Frouxeira. Porque unha mentira, por moitas veces que se repita, segue sendo mentira. Aínda que vaia adornada con belas palabras, boas formas e recursos estilísticos.
Porque hai que ser máis responsábel cando de criar opinión se trata. Hai moitos tipos de integrismos e o movimento ecoloxista, desgrazadamente, non está libre deles..Así nos vai tamén...
E, Rafa, cando quero ler filosofía "de verdade" (non un sucedáneo materialista) me collo algo sobre Advaita Vedanta ou o Srimad Bhagavatan (igual pensas que eu son ún dos teus alunos).
Pensaba que este era un bloge sobre a Natureza.
Unha aperta.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-82318108310791366472011-02-17T20:14:01.633+00:002011-02-17T20:14:01.633+00:00Fermoso reportaxe, parabéns Rafael.Fermoso reportaxe, parabéns Rafael.Toñitohttps://www.blogger.com/profile/02423927326661372890noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-49653890939597539812011-02-17T17:58:47.267+00:002011-02-17T17:58:47.267+00:00Moi boas Xabi...non te mosquees meu, que non da pa...Moi boas Xabi...non te mosquees meu, que non da para tanto...o do retintin, xa dixen, que mo parecía a min, non que fose unha realidade, e non de outra maneira o expresei, se che molestou desculpas e mil perdóns, prego.
As chíscalas non dubido que vaian durmir a Cospeito; si sei que as mirei no outosol e nen sequera á tardiña, e créemo que andaban pescando En Riocaldo tamén estaban, claro.
Sabes que prefiro o termo lago, para escribilo eu, por sere o natural das xentes ao noroeste do Noroeste; é unha elección estilístico-literaria, por moi cursi que soe. E sabes que sei que cientificamente é unha lagoa, e non me importa, faltaría máis, que así se lle chame nos estudos científicos, pro na miña escrita prefiro a denominación tradicional da bisbarra; e o de Lago de Lanzós é un exercicio de recuperación toponímica, de ecoloxismo cultural con perdón, que sen facer mal a ninguén, ao mellor axuda a mellorar a riqueza e a diversidade lingüística, outra das teimas deste bló.
Tes razón: hai que saber interpretar o que se escribe.
Sinto que non queira falar máis deste tema no bló e que mudases de opinión dun comentario ao outro: no primeiro, dicías " sempre estarei a disposición das persoas interesadas para compartir o meu punto de vista sobre a lagoa" e no seguinte aseguras que non vas "perder máis tempo discutindo sobre este tema neste bloge. Non serviría para nada"

Con todo o cariño, Xabi, utilizar temos absolutos, (nunca, sempre, nada) e moi perigoso pois polo seu mesmo tamaño, son sempre falsos. Falando de ciencia máis, se cabe.

E para máis, coido que erras se pensas que non sirven para nada: o debate correcto, chámalle discusión se máis che gusta, o intercambio de opinións con educación, que non excluie a ironía, é de cotío moi positivo, en si mesmo e como vehículo para a corrección de erros personais. O mellor da humanidade, penso, nace da tolerancia na diversidade das opinións: teño entendido que é a base da democracia.

Servidor non pretende que estén dacordo con un; e ter a razón interesame máis ben pouco. Non me atopei nunca a gusto no sofismo. Pretendo achegarnos ao coñecemento do real, eso tan difícil neste mundo tan confuso,velái o ridículo, por mínimo, tema do Lago de Lanzós, ao traverso da dúbida permanente e do diálogo colectivo: buscar a razón entre todos. Eu só síntome incapaz. E para máis, de ti apréndese moito.

En fin que se non queres falar máis do lago, ben que o sinto. Pensei que poderíamos seguir aprendendo das túas opiniós, sempre moi asentadas nun coñecemento diario e de moitos anos do debalar das condiciós das augas da Frouseira, tanto por min canto polos posibles lectores que atenderían a este debate, que senmpre entendín amistoso e socrático.

Agardo que cando menos segas a nos visitar e a enriquecer cos teus comentarios de calisquer outro tema, ben sei o moito que dominas certos eidos naturalistas.

Se se che ocorre aparecer por Cedeira e queres facer un chamado, as cañas e os pinchos van da miña conta. Nada me gustaría máis que botarmos unha parolada entre nubes fragantes de escuma.

Saudiñas, Xabi, a mandare.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-26082860785087574392011-02-17T15:03:21.563+00:002011-02-17T15:03:21.563+00:00Vamos a ver…non sei de qué rintintín falas, Rafa. ...Vamos a ver…non sei de qué rintintín falas, Rafa. Expresei claramente que houbo cousas que se dixeron na prensa (tanto por periodistas, coma por ecoloxistas) que non eran nin certas nin rigorosas. E a causa era o coñecimento de oídas e de “lidas”. E comentei o da flora en Cospeito porque a persoa que levaba o centro de interpretación me comentara o interese que había por parte dos restauradores na recuperación dunha planta da que non lembro o nome.
Por certo, non tes por qué inventar esa tontería de que non me agrada ler. O que pasa é que hai que saber interpretar as cousas que se len. Se ti aceptas, sen dubidar, que se cazaron 40 Lontras no ano 43, e nen sequera tes un atisbo de dúbida de cómo demo é posíbel que un mustélido territorial coma a lontra e de bon tamaño acade esas densidades nunha superficie tan pequena como as 88 Has da lagoa, alá ti… A mastozooloxía non é a miña especialidade pero polo pouco que sei sobre a especie, penso que foi ou unha mera esaxeración dos cazadores/taxidermistas de turno ou simplemente unha confusión. A riqueza piscícola actual da lagoa é dabondo para a poboación de Lontra. De feito creo que nas últimas décadas aumentou a lontra, o mesmo que no resto dos humidais galegos (favorecida pola proibición da caza…) . Eu, na miña “corta vida” teño pisado sollas e anguias a varrer no fondo da lagoa, cando a cruzaba descalzo de beira a beira hai uns anos. Ambas presas predilectas da lontra nas zonas costeiras.
Por certo, a lagoa de Cospeito e básicamente un durmideiro e repousadeiro de Corvos mariños, que se espallan durante gran parte do día por Riocaldo e a conca do Miño, onde teñen moita máis pesca axeitada ás súas necesidades. A menos, claro, que haxa unha subespecie de P.carbo especializada na captura das pequenas vermellas (rutilus arcasii) e espiñentos (gasterosteus acuelatus) que maiormente poboan a lagoa.
Os textos está moi ben coñecelos, como o estudo de Genaro Dalda, o único publicado sobre a LAGOA da Frouxeira. Pero se son terxiversados, ou se só miramos a parte que nos interesa, obviando a outra, estamos jodidos. Como o do término LAGOA LITORAL, categoría que especifica claramente Dalda para este humidal, negando para A Frouxeira a validez da palabra “lago” que ti tanto defendes.
E non vou perder máis tempo discutindo sobre este tema neste bloge. Non serviría para nada.
Ata sempre.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-66000051787571144422011-02-17T07:46:31.837+00:002011-02-17T07:46:31.837+00:00Moi boas Xabi...agradecidísimo por tan paixonado c...Moi boas Xabi...agradecidísimo por tan paixonado coma coñecedor comentario, coma sempre na túa persoa por outra banda.
Certamnete eu son un visitador ocasional de Cospeito e non podo ofrecer, por non ter, unha visión histórica da evolución das augas, pro teño ollos na cara e podo facer unha comparanza actual entre Cospeito e Valdoviño e se de biodiversidade falamos penso que Cospeito está mellor coidado. Creo entender certo retintín con respecto as especies botánicas salvagardadas ou recuperadas, pro debe de ser cousa miña, pois entendo que valoras moi positivamente a estas como chanzo primordial da cadea ecolóxica. En Valdoviño desapareceu, non sei se quedara algo en partes para min inaccesibles o potamogeton, o que só se pode valorar coma unha perda grave. Non sei como andará Cospeito de riqueza en anfibios e se Valdoviño andará mellor. Dubidoio. Pode que Cospeito teña unha extraordinaria pobreza en peixes, logo non entendo como pode dar de comer a tantas chíscalas como vin este día nel, folgando, voando e pescando. Chíscalas por certo xa non poden pescar na Frouseira, no número en que o facían antes.E logo Valdoviño ten riqueza piscícola arestora? Podería dar hoxe de comer as 40 londras que se cazaron, desgraciadamente, no ano 1943?... quédanlle troitas ou reos de 2 e 3 Kg, como as había no a no 1948? Quedaralle algunha solla? Munxes e anguías algo haberá pero non se sabe que se críen na area seca. Desgraciadamente Valdoviño ten o seu lago moi tocado, eu non digo "morto", digo esmorrente, e todos os que falan de "toda a vida foi así" confunden a súa corta vida coa vida do lago, metonimia vital a que é moi afeccionada a soberbia da especie humana. Compre para entender a vida do lago ler, (esa actividade que non parece agradarche para acceder ao coñecemento)aos estudiosos e científicos que trataron do lago en anos pasados. Non podemos despreciar os seus traballos, aínda que sexan rigurosos e difíciles de seguir, pois ofrecen unha visión histórica da evolución da lagoa, e regalannos gratis e sen maior esforzo unha explicación ecolóxica da vida do lago, ao que por certo de seguir o ritmo artificial de colmatación a que está sometido, de aquí a un pouco xa non lle poderas chamar lagoa e teraslle, teremos, que chamar poza.
Eu agradezo moito a túa apaixonada defensa do lago, pro gustaríame e neste bló no te obrigues a brevidade, coñecer cal sería a túa proposta de conservación, de seguro que interesaría a todos os lectores do bló coñecer a as ideas conservacionistas para o lago dunha persoa da que do seu compromiso, coñecementos e disposición, e paixón por el non só non dubidamos, senon que envexamos.
Pola miña banda a conservación que propoño sería moi sinxela: deixade ao lago en paz, humanos. E si se inunda o paseiño, que se inunde,se os "oculoxistas"( non te incluio)rabean, que rabeen e se os propietarios dos chalets teñen que entrar con botas, realmente sintoio.
E vaia, meu, voume indo a traballar que me vai sendo moita hora.
Saudiñas e unha aperta, non perdas as mañas.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-66028668076752188292011-02-16T19:41:34.730+00:002011-02-16T19:41:34.730+00:00Unha aclaración, para que non haxa malos entendido...Unha aclaración, para que non haxa malos entendidos. Por suposto, a lagoa da Frouxeira está sometida a agresións constantes e padece problemas de conservación graves. Nunca dixen que non os tivera. E por iso é necesario un auténtico proxecto de conservación (a palabra "xestión" ten unhas reminiscencias económicas que non me gostan).
Pero iso non quere dicir que algunhas das cousas que se verteron nos medios de comunicación sobre A Frouxeira (mesmo desde organizacións medioambientais) sexan nin certas nin moito menos rigorosas. Imaxino que cando se fala sen coñecer ben a lagoa, cando se opina só de oídas, ou en base ao que outros escribiron, pasan esas cousas.
Pola miña banda sempre estarei a disposición das persoas interesadas, para compartir o meu ponto de vista sobre esta lagoa, á que tantas horas da miña vida teño adicado e que tanto me deu.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-72561334252504325192011-02-16T17:38:05.489+00:002011-02-16T17:38:05.489+00:00Serei breve.. Certo que é meritoria a iniciativa d...Serei breve.. Certo que é meritoria a iniciativa de restauración de Cospeito. Pero a xestión en sí e o resultado final é outra cousa. Somos moitos os que pensamos que o proxecto de restauración foi unha auténtica chapuza, que empeorou a diversidade e a riqueza da fauna. Non sei se recuperarían algunha potamogeton, carex ou orquídea amenazadas, pero desde logo o empobrecimento en aves é notable, para os que coñecimos a lagoa nos anos 90 (non entrarei en detalles). Ademáis o o proceso de colonización esaxerada pola vexetación palustre e da flora subacuática estou seguro que tamén afectou negativamente tamén ás especies piscícolas e de anfibios, que apenas dispoñen agora de augas libres e osixenadas, que ademáis padecen unha ameaza severa de eutrofización e colmatación. A medio prazo, se non se intervén, aquilo vai perder probablemente a escasa superficie de auga que aínda tén, e se converterá probablemente nunha xunqueira pantanosa chea de salgueiros. Só hai que ver a evolución que tivo desde a última "restauración" e facer contas..
Polo tanto creo que non se debera poñer NUNCA como exemplo de xestión ambiental acertada o caso de Cospeito.
E o caso da lagoa da Frouxeira, pola contra, nin é tan negro como se quere pintar, nin está "morta". As poboacións de acuáticas migradoras adoitan pasar por ciclos poboacionais. Non é nin a primeira nin a segunda "desaparición" de Fochas e patos que recordo. Algo que xa pasou en varias ocasións nas últimas décadas (case sempre en Febreiro, mes pobre habitualmente para anátidas). Sí é certo que o ano pasado pasou un episodio completamente anormal de baixo nivel hídrico, que afectou moi negativamente ás anátidas aniñantes (A.strepera e A.platyrhynchos). Pero sen embargo os dous invernos anteriores tivemos invernadas récord. Así que non saquemos as cousas de quicio. A Frouxeira merece un plano de xestión, efectivamente, pero se vai ser tan nefasto como o que se aplicou en Cospeito, mellor que a deixen como está.
Un saúdo.
XabiXabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-1534234860831841062011-02-15T11:21:58.735+00:002011-02-15T11:21:58.735+00:00Obrigado, meus...
Certamente Xosé Ramón desfrutei ...Obrigado, meus...
Certamente Xosé Ramón desfrutei moito da Chá...facía tempo que non me daba unha volta amodo e xa dixen quedáronme ganas de volver, ainda máis de vagariño...a Chá e moi anCha e pareceume toda ela un grande Parque Natural con moitísimos recunchos e recantos, cun grandísimo patrimonio etnográfico, cultural e natural, e para máis está aí ao pé...e sio que a CArba e o Xistral, esas marabillas, desgraciadamente andarabilladas, desta volta só as vin de lonxe.
UNha aperta a todos, saudiñas.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-51817479672915665862011-02-15T10:57:31.271+00:002011-02-15T10:57:31.271+00:00Mañífico traballo!
GoirizMañífico traballo!
GoirizAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-18785668479978298512011-02-15T08:14:40.760+00:002011-02-15T08:14:40.760+00:00Imaxino a emoción que sentiches ao pisar e gozar d...Imaxino a emoción que sentiches ao pisar e gozar desta bela comarca. Logo de ler esta amena e interesante entrada, decidín que vai sendo hora de volver pasar por esta fermosa terra e visitar algunhas dos lugares que citas no artigo.
Un saúdojorapavihttps://www.blogger.com/profile/14122877313793867269noreply@blogger.com