tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post982912095211449394..comments2024-03-28T17:23:37.677+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Escribidores da neve nas campas.Unknownnoreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-13404437947396061592011-02-08T14:02:18.265+00:002011-02-08T14:02:18.265+00:00Olá José MIguel...moi agradecido polas verbas e po...Olá José MIguel...moi agradecido polas verbas e por entrar a comentar este artigo...sempre é unha ledicia que un mestre paxareiro ilumine este bló cos seus comentarios, pois, certamente, se non fose pola laboura de garda, observación e comunicación que facedes o Ricardo e tí, un servidor sabería, de paxarada, a décima parte do que sabe.
A ver se segue a sorte e este ano dou rexistrado aos merlos de peito branco
Ben sabes que botamos moito de menos as ensinanzas e leceres do teu bló, fai o favor, aínda que só sexa de cando en vez.
Un saúdo mestres, (pásalle os meus recoñecementos ao Ricardo).Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-18574312335960764892011-02-07T23:37:16.801+00:002011-02-07T23:37:16.801+00:00Boas,
Magnífico documento Rafael. Esta especie é ...Boas,

Magnífico documento Rafael. Esta especie é sempre unha gozada atopala, xa sexa nas campas da Capelada ou nas dunas dunha praia. Ainda lembro aquel bando infinito do ano 96, que "os cariñeses" desfrutamos durante xornadas e máis xornadas. No 94 tiñamos visto un ánsar piquicorto neses mesmos pasteiros...

Como di Juan, a serra é magnífica pola súa localización e altitude. Moitas aves que veñen migrando do alto norte atopan esta mole de pastizais como primeiro faro ó chegar do mar agotados. E alí paran unhas xornadas, e repor forzas. ¡¡Qué sorte temos !!.José Miguel Alonso Pumar.https://www.blogger.com/profile/14813827244833432707noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-44666402370216926332011-02-06T20:25:03.788+00:002011-02-06T20:25:03.788+00:00Boas Juanma...andei pola Chá desconectado e facend...Boas Juanma...andei pola Chá desconectado e facendo fotos, por iso non metín antes o comentario, desculpas, prego.

Gatos pardos e non era de noite? O montés pode ter tonos caféconleite e disque nas Fragas do Eume haino, así é que eu non descarto que se poda ver pola CApelada... eu non sei recoñecer os seus rastros, que me parece a mellor maneira de testimonialo... de botarlle un ollo non teño nengunha espranza e ao loberno menos que nengunha.
Dalle duro ao estudo e nun descanso sube eses videos.
Unha aperta.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-1235738067476980632011-02-05T22:40:19.964+00:002011-02-05T22:40:19.964+00:00Hola:
Encantoume o relato, e como non, as fotos, f...Hola:
Encantoume o relato, e como non, as fotos, fíxome recordar o ano pasado cando puiden ver a Píllara rubia no mesmo sitio, tamén gracias ás mesmas fontes. Incrible a confianza que demostran ás veces para deixarnos acercar tanto, o máis seguro é que cheguen tan cansados que esperen ao último momento para emprender o vo, pero gústame pensar que saben que imos de boa fe. Estes, pois igual os teño visto algunha vez, porque de identificación de paxaros teños máis asignaturas pendientes que ti seguro, pero teño bastantes videos de paxarada da zona pendientes de identificación (e publicación), igual ata hai sorte.
Esta Capelada nosa sempre sorprendéndonos, cada día vendo algo novo, amosando algún segredo máis. E moitos máis que estarán agachados polos cantís máis impracticables, ou polas fragas máis peadas(non me chega ben o peito para meterme a andar a feito a de Nebril).
Gato montés, non teño probas de que o teñamos, ás veces disque se ve algún "gato pardo" grande en sitios moi alonxados das casas, podería ser... E o loberno, home, sería ciencia ficción, pero tampouco da máis descaballeda, que postos a soñar , que quedara alguna familia aló aíllada polos cantís verticais do limo, papando nas cabras.
A ver si un destes días me fago o tolo e podo escapar a ver se dou visto aos escribidores estes.
SaúdosJuan M. Tojeirohttp://serradacapelada.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-92106466945961407992011-02-04T20:17:00.344+00:002011-02-04T20:17:00.344+00:00Obrigadísimo...unha ledicia saber que gustaron...i...Obrigadísimo...unha ledicia saber que gustaron...imos ver se se vai tomando consciencia da riquísima biodiversidade da Galizia, e particularmente do noroeste do Noroeste, ... que por certo posúe dúas variedades de xenciana, esta de primaveira (G.verna)e a de outono (G.pneumonante)... non coñecía das propiedades menciñeiras destas xanzás, sí das propiedades terapeuticas e tónicas da Gentiana lutea var.aurantiaca, que se da nas montañas do Courel e dos Ancares, de tamaño considerable e espectacular floración amarela-ouro, a raís da que úsase para facer bebidas amargas, tal o bitter.
Toda Galizia, toda a Terra é un privilexio par ser vivido...é verdade que as Rías Baixas están moi tocadas e esbandalladas, pro antes do inmoral e delictivo delirio urbanizador, eran un paraiso engaiolante. Eu tiven o privilexio de coñecelas e vivilas cando aínda tiñan ese recendo: teño un anaco do corazón barbansiño. Agora rosman coma os remuiños delirantes e cheiran a diñeiro fácil e a carto negro.
Pro pesia a tanta desfeita como vai feita, aínda teñen currunchos e territorios fermosísimos. Disfrutémolos e saibamos deixalos, amellorados se se pode, as xeraciós vindeiras.
Obrigado eu con vós por estar aí e darlle sentido ao blo.
Saúde e sorte.
Saudiñas.Rafaelnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-20200529373589933302011-02-04T19:12:26.573+00:002011-02-04T19:12:26.573+00:00Precioso traballo, Rafael. Aves polares buscando a...Precioso traballo, Rafael. Aves polares buscando acubillo na nosa Terra. Menos mal que hai un vixía permanente para quen o fenómeno non pasa desapercibido.
Coñezo as propiedades terapéuticas da xenciana, pero nunca tiven o privilexio de ter unha diante dos meus ollos, só fotografías. A tintura de xenciana é remedio santo para as quenturas dos beizos, que se non se tratan ben poden deixar marcas indelebles.
Es unha persoa moi afortunada por vivir onde vives e ser consciente do teu privilexio. Grazas por contarnos as túas andainas ventureiras.angolahttps://www.blogger.com/profile/16637721518753564051noreply@blogger.com