tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post1045128752457848275..comments2024-03-18T17:03:45.099+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Salada de lembranzas quentesUnknownnoreply@blogger.comBlogger13125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-80863465964437118082011-02-02T20:08:15.233+00:002011-02-02T20:08:15.233+00:00Sí ten razón, vainos a marcha... e discrepar discr...Sí ten razón, vainos a marcha... e discrepar discrepamos, pro coincidir tamén.Chamámonos e organizamola en privado, se non deixa a ver se non can convidados de máis...por certo din cos escribidores nivais fotografeinos e disfruteinos ata que se me arrefriaron os dedos e non daban negociado os mandos da cámara. A ver se lles fago unha entradiña.
Saúdos para a señora.
A mandar.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-86712416966709391002011-02-02T15:17:43.463+00:002011-02-02T15:17:43.463+00:00Estame decindo a moza: "Boh, deixade de borea...Estame decindo a moza: "Boh, deixade de borear, se estades decindo o mesmo...si es que os va la marcha...!"
A ver esa merenda se dentro de 2 ou 3 finsdesemana, que teño bichería q enseñarche...
SaúdosJuan M. Tojeirohttp://serradacapelada.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-41099555305897951352011-02-02T14:04:26.796+00:002011-02-02T14:04:26.796+00:00Olá Juanma...pois iso, ponte duro co estudio e así...Olá Juanma...pois iso, ponte duro co estudio e así aínda has de aforrar uns cantos ferrados de eucalito...

Penso que andamos coincidindo de máis nos plantexamentos como para que a merenda nos dure moito. A excesiva burocratización da xestión da fraga, da que non dubido nen un só intre, ten paréceme unha causa: a súa extraordianria escaseza e a necesidade social de gardalas. Diferente habería de ser en caso de estar a situación revertida: todo o eucolital virado nunha fraga e as poucas fragas feitas eucolitais; ao mellor daquela para o que poñían moito papeleo por diante era para recoller unhas follas de eucolito para facer vafos.Seguro. Pois non quero caer na ecoparanoia e pensar que se poñen tantas trabas a xestión da fraga é para fomentar a plácida e neoliberal xestión do eucolital.

De seguro debe de haber alternativas a plantación de eucalito: andei non hai moito por a Galecia do Sur, o Parque Natural de Montesinho nas terras portuguesas de Vinhais: asombrei coas plantaciós de soutos de castiñeiro. Digo coas plantaciós, non cos soutos. Creemo, miles de castiñeiros noviños
ben plantados, con guías, protectores, sementeira, terra gradada, ben espaciados...Naturalmente non sei nada de agricultura económica, pero palpei unha bisbarra enteira cuia economía xira arredor dunha árbore nobre e dos seus froitos: a castaña e a madeira. A grandísima tixola magosteira que adorna unha das redondas de entrada a Vinhais da proba delo.

Aí vin eu que da nosa economía non somos nós os donos. Alguén decidíu dende algún despachito de poder que a nosa comarca debería suministrar pasta de papael a toda Europa e os residentes, a calar e comerse as migallas: eses catro, ou catrocentos, euros que lles sacamos aos eucalitos que, coma sempre fumos pobres e necesitados, parécennos unha bendición da xenerosa liberalidade dos amos.
E marcho ate a Herbeira, a ver se miro ao grupo de nivalis que anda por aló.

Apertiñas, meu...(a ver se a merenda non pasa deste ano, que por certo se seguimos amañando o mundo dende acó vaisenos a ver moi reducida)Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-42022114858875920612011-02-02T12:25:35.944+00:002011-02-02T12:25:35.944+00:00A merenda non nos vai chegar a nada, jejejeje, tem...A merenda non nos vai chegar a nada, jejejeje, temos moito mundo que areglar.

Non digo que sexa protector da biodiversidade directamente, pero si indirectamente, como renda complementaria de explotacións que sí o son, e que de non ser por ese complemento terían desaparecido en moitos casos, con consecuencias peores que a plantacións dos eucalitptos. Tamén digo o contrario, que moitas veces foron a causa da desaparición das vacas, hortas, etc...pola comodidade que supón ter todo plantado de eucaliptos. E tamén digo que aos que aínda seguimos, estes eucaliptos que están onde non deben so nos causan molestias e problemas.
Antes, era diferente, non había pastizais, que por certo, fixéronse polas bravas nos terreos roubados aos veciños (quizais alguen debería ir pensando en restituir as terras aos lexítimos propietarios...), o que había era monte baixo aproveitado por centos de ovellas que hoxe desapareceron da Capelada.

Claro que vin todos eses sitios, e ben sei o que se coce en moitos deles, pero a culpa non é da árbore, que é a que se demoniza, a culpa é de quen o fai mal e de quen llo deixa facer.

A necesidade dos estudios , do BMW (que foi un Panda no meu caso...) pode que non xustifique, pero si que explica, hai que verse no caso, non se lle pode pedir á xente que renuncie a algo cando non se lle ofrece nada a cambio. E non se ofrece nada.

Unha fraga da moitos menos cartos (ou ningún), en gran parte por culpa deses urbanitas que van de ecoloxistas, que nos peores dos casos chegan a ter algunha responsabilidade, e che poñen todas as trabas do mundo cando tes que cortar un carballo ou un castaño para facer estacas, ou vas buscar un tractor de leña, polo que non compensa o papeleo e vas comprar estacas de importacion tratadas con productos químicos, moito máis ecolóxico, onde vai parar...Hoxe por hoxe, para o pequeno propietario é case imposible sacar proveito dunha fraga, así de claro.

Oxalá desapareceran de onde nunca deberon estar, coincido con moitos, pero non por plagas nin nada parecido, senón porque a xente volvese ao campo, puxera todas esas terras a producir, e houbera hortas, plantacións de forraxes, de cereais, pastos con vacas, cabalos, ovellas...pero me xogo algo a que ningún dos máis fervorosos militantes antieucaliptos están dispostos a iso.
Eu tamén me vou poñer co meu, que xa foi moita a pausa.
Saúdos!!!!Juan M. Tojeirohttp://serradacapelada.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-53429612649790012702011-02-02T07:43:27.278+00:002011-02-02T07:43:27.278+00:00Bos días Juanama...obrigadísimo por tan sentida, l...Bos días Juanama...obrigadísimo por tan sentida, longa e sinceira opinión.
Eu estou dacordo contigo en todo o referente a oportunidade económica que o eucalito brindou a numerosos galegos, precisamente deses que poucas veces poidern ver o carto real nas maos.
Aí é verdade, e tes toda a razón, en que fixeron un grandísimo servicio social.
O sentido dos meus amores polo gonipterus, máis humorísticos ca reais, ao fin é unha especie invasora que veu a canda o eucalito, era volver a denunciar o monocultivo empobrecedor e arrasador (aí non estou dacordo co teu argumento de que é un protector da biodiversidade ¿e que cando non había eucalitos non había vacas? ti ao mellor non te acordas, pero os pastizais, son outra reforma moderna do monte, onde se roturou o ouzal, de biodiversidade extraordinaria, e apareceu a herba, máis pobre. Eu daquela era moi partidario dos pastizais, parecíanme unha modernización "á suiza").
Estarás dacordo comigo que non todo o monte pertence a pequenos propietarios. Existe xa o grande latifundista eucaliteiro: chámase NORFOR e ten mercado, roturado e sementado de ecalitos cotos enteiros, mesmo os abonan con química.E non é o único latifundista, outros que no están tan vinculados a Celulosas de Galicia, son empresarios comarcais, moi honrados ate que se demostre o contrario, que teñen asemesmo roturado ouzais enteiros da Serra da Faladoira, e repoboado todo do empobrecedor eucalito.
¿Viches o Val do Mera? ¿Onde van as fragas macaronésicas? ¿Viches o Val do Sor? Porqué os propietarios, acó e aló sí pequenos propietarios, non respetan as lindes públicas? ¿POr que chegan os eucalitos á beiramar e as beiras dos ríos? ¿Por que non os multan? ¿Acaso a necesidade de dar estudos, ou BMW, aos fillos xustifica este latrocionio descarado?

E outra máis ¿está demostrado que a xestión dunha fraga da menos cartos aos privados que o arrumbe de eucalitos?

Sabes que eu estou a favor dunha lei reguladora da plantación de eucalitos e que acabe dunha vez con este noxento liberalismo de deixar facer o que cada quen queira: co del e co que é de todos.

E bueno voume indo a traballar, que me vai sendo moita hora.

Unha aperta, Juanma, non perdas as mañas.
(Temos unha merenda pendente)Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-3903996033544816582011-02-02T01:23:30.456+00:002011-02-02T01:23:30.456+00:00Sintoo Rafael, pero hoxe, desde o aprecio que che ...Sintoo Rafael, pero hoxe, desde o aprecio que che teño, toca discrepar:

Por suposto que non considero amigo nin aliado nin nada parecido ao bicho que papa os eucaliptos, nin considero digno de aplauso que naide vexa gracia na existencia dese problema, pois lle está causando perdas a moitos veciños. Veciños que son xente honrada, nin especuladores, nin ecoterroristas nin nada parecido, normalmente todo o contrario.
Xa fixen algunha entrada no blog e vai haber para máis…
Os problemas dos eucaliptos, que os hai, non se solucionan polas bravas (aínda que lle gustaría a moitos que despois “queren ir de guais”) senón con boa xestión e coñecemento do campo, que ningún político de todos os que levan pasado foi capaz de demostrar.
Non vivo dos eucaliptos, pero si que son unha boa axuda en moitos momentos, non pretendo facer demagoxia nin nada parecido, so decir a verdade: quizais gracias a que de vez en cando se poden tirar uns poucos camións de eucaliptos podo ter a formación suficiente e os medios para poder estar escribindo isto agora, podo ter a oportunidade de rematar por fin unha carreira universitaria cando xa estou moi pasado de idade e tería que ter abandonado para estar traballando, e quizais o máis importante medioambientalmente: son imprescindibles para poder manter unha granxa de vacas, que pacen varios centos de ferrados que así se conservan, cunha diversidade de flora e fauna que xa quixeran en moitos sitios, e que de non ser polo complemento dos eucaliptos non é que non fora rentable (que xa non o é) é que xa sería imposible de manter e habería que abandonar todo, e iso non é bon, por moito digan os que pensan o contrario.
Que hai outros que usan os eucaliptos do avó para comprar un GTI/TDI/cochazodemodadomomento e andar por aí as noites dos sábados, e plantaron os campeiros das vacas e as hortas ata o curral da casa, pois tamén, pero non somos todos.

Como sempre, o resto das explicación e fotografías, para imprimir e encuadernar.
Un saúdoJuan M. Tojeirohttp://serradacapelada.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-6631919481393820812011-02-01T18:11:53.493+00:002011-02-01T18:11:53.493+00:00Pois si, Tentarei recoller o momento, inda que ne ...Pois si, Tentarei recoller o momento, inda que ne gusta teño moito que aprender para que as miñas fotos saian como as que ti nos pós. Pero bueno, practicarei canto poida,estaría xenial ter fotos dos mesmos exemplares nos seus distintos estadíos.
Un saúdo Rafael.Toñitohttps://www.blogger.com/profile/02423927326661372890noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-60913482038140827722011-02-01T14:14:33.626+00:002011-02-01T14:14:33.626+00:00Olá Antonio...gosto de verte de novo por acolá...o...Olá Antonio...gosto de verte de novo por acolá...o mesmo me pasou a min co camasutra (sustituir o k polo c ten a súa lóxica...)das lamachas, pampo, mudo e reflexivo me deixaron.
Dis que tes casulos da macaón?...aproveita para rexistrar a eclosión, non se pode fotografar todos os días...efectivamente a ruda é unha das súas plantas nutricias...a ver se nos miramos.
Saúde e sorte, unha aperta.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-35944893389268005212011-02-01T14:02:16.768+00:002011-02-01T14:02:16.768+00:00Fermosas fotos,quedei tonto mirando pola rede vide...Fermosas fotos,quedei tonto mirando pola rede videos do particular camasutra das limachas.
Papilio machaon,fermosísima e imnotizante tanto a bolboreta como a eiruga,atopeime con ela pola Capelada e nunca a atopara polo Barqueiro, ata este verán que entre tres eirugas me comeron a ruda toda,agora fican empupadas nunha pedra a carón da enclenque pranta. Eso si, cobreilles a desfeita cunhas discretas fotiñas jeje.
un saudiño.Toñitohttps://www.blogger.com/profile/02423927326661372890noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-66512267974712232492011-02-01T11:22:19.533+00:002011-02-01T11:22:19.533+00:00Miguel...esperemos que agora que a vida retorna a ...Miguel...esperemos que agora que a vida retorna a rebulir teñamos ocasión de darnos algunha volta para compartitr observacións e horas de vida.
Outra forte aperta para tí.
Saude e sorte.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-70287250660340672452011-02-01T11:20:23.800+00:002011-02-01T11:20:23.800+00:00MOi boas, xente...
Obrigadísimo polos loubas, non ...MOi boas, xente...
Obrigadísimo polos loubas, non hai que pasarse, e aínda máis por investir o voso tempo en agrandar este bló. O mellor dun bló fanno os lectores, acredito.

O platycerus é un escarabello (coleóptero) da familia lucanidae, primo pois da vacaloura, escornabois ou alicornio.

Non as moscas non son "das da casa", teño algunha idea sobre o xénero e a especie, pero seguranza pouca, así é que así queda.

Moi boa a precisión de MIXIRICA para a pampona, (que certamente e moi fermosa), digoio por que en galego MIXIRICA siñifica persoa delicada e sensible, na miña terra MIXILICA...as conexións cantábricas entre a lingua galega e a linguaxe dos bascos andan aínda por descubrir.

Non coñecía o nome de CAXAXA, para o tarraxe de esbedro. A broma final de Aeropuerto del Madroño de La Coruña, viña para dicir que así se lle chama en castelán.

Non, a crisoperla non é un cabaliño do demo (odonatos) é un neuróptero, unha orde moito diferente.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-79885041226008518282011-02-01T09:16:48.043+00:002011-02-01T09:16:48.043+00:00Olá Rafilla, espectaculares as fotos, coma sempre....Olá Rafilla, espectaculares as fotos, coma sempre. Quédome especialmente coa do gurgullo polo espectacular cromatismo e coa da eiruga da Papilio, pola súa rareza. Gracias por obsequiarnos coas túas reflexións e coas túas fotos. Por certo, comparto contigo nos meses de primavera e verán esa pasión polas moscas, que nunca deixan de sorprenderme. Practicamente cada día que saio ao monte descubro algunha especie que non vira antes, e iso dende logo é un premio para a curiosidade desperta. Unha aperta do teu amigo Miguel.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-3242670208863116822011-02-01T07:55:45.701+00:002011-02-01T07:55:45.701+00:00A ver, esta superentrada dá moito chanse. Imos pro...A ver, esta superentrada dá moito chanse. Imos proceder por orde de aparición:

1.O PLATYCERUS, pódese considerar un tipo de escaravello? Eu teño un disecado parecido a este pero con cores verdes e azuis metálicas e moi intensas sobre fondo negro tamén brillante.

2.As moscas estas non son as comúns, verdade? Nin son os moscóns zumbóns.

3.Así que tamén hai estraloques brancos? Incrible!

4. O gurgullo que ataca os eucaliptos pode considerarse desde este momento tamén amigo meu.

5. A eiruga colorida esta seguro que dá unha bolboreta magnífica. Que marabilla a cantidade de nomes cos que podemos chamar ás bolboretas en Galicia. Iso é o bo de conservarmos todas as nosas falas, o caudal léxico é impresionante. Sabes como din en euskera bolboreta?: MIXIRICA. Lino nunha novela de Bernardo Atxaga.

6. A Crisopherla carnea é un cabaliño do demo, non? Esta é delícadísima. Parece que leva unha capa de encaixe.

7. Entón suxires que o opiliónido quedou sen unha pata por culpa da carracha?

8. O érbedo tes razón que é difícil atopalo. Na ría de Vigo, perto de Arcade, hai unhas illiñas peladas que lle chaman Albedosas, disque o nome lle vén deste arbusto. En Portugal fan unha augardente cos froitos e chámanlle CAXAXA.E non esquezamos que en castelán é MADROÑO,en portugués MADRONHO, que curiosamente forma parte do escudo do gran MANDRIL.

9. O Teixo é unha árbore prodixiosa, unha das máis lonxevas da Europa. Na antiguidade celta era considerada unha árbore sagrada. Recentemente descubríronselle propiedades para combater o cancro. Disque onde hai teixos, hai moita enerxía positiva.

10. En Teis, no inverno, aparecen pequenas garzas brancas e grises nas praias. Parece mentira, tan cerca do Corte Inglés.

11.Ao Hidrometra, nós de pequenos chamabásmlle sapateiros.

Sobre as flores das silveiras, que veñan pronto. E sobre as lesmas en acción, parece incrible que sendo autosificientes sexualmente, se interesen por un acoplamento en parella.

Ben, como ves sigo flipando contigo, Rafael, que nos traes palabriñas e realidades que están aí pero que ás veces esquecemos.

Gracias por lembrar que hai que fixarse.angolahttps://www.blogger.com/profile/16637721518753564051noreply@blogger.com