tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post7437750232988490807..comments2024-03-28T17:23:37.677+00:00Comments on Ao noroeste do Noroeste...: Pildoriñas.Unknownnoreply@blogger.comBlogger10125tag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-65668725070270640652012-11-20T14:00:39.473+00:002012-11-20T14:00:39.473+00:00Olá Miguel...moito aleda sentir ao lado aos amigos...Olá Miguel...moito aleda sentir ao lado aos amigos.

Pois vaia se che quedan palabras galegocedeiresas por escoitar! Eu vou entrallando as que lle cadran, pro pouco á pouco, sen pretender amilagrar. Escoitaras esta: as carabeiloghas?

Se algún día o bo do amigo Toxeiro se anima a publicar a ceifa delas que ten rebuscado, el que é grande coñecedor da fala gadeira da Capelada has de saber o que é bó, bó galegocedeirés.

Coas Calidris alba, xa tentei de todo,e se baixo dous pasos de exposición con esta cámara o que queimo son os negros.Ben o sei. De todos os xeitos seguiremos a intentalo: a luz precisa, pouca sensibilidade, moita velocidade e a apertura xusta...e a ver que pasa.

Cuídate e dálle unha aperta as túas.

A mandare.Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-74172713825939345742012-11-20T08:15:05.460+00:002012-11-20T08:15:05.460+00:00Olá Rafa, aquí Miguel.
Parabéns coma sempre, vaian...Olá Rafa, aquí Miguel.
Parabéns coma sempre, vaian por diante.
Notóuseche ben que escribías dende a emoción fonda da túa condición de cedeirés acérrimo. Debo dicir, sen embargo, que na lista de palabras cedeiresas hai moitas que non escoitei nos case trece anos que pasei por aquelas terras. Tomarei nota e non dubides que na nosa próxima saída de campo preguntareiche por elas.
Dicía o da emoción porque a túa prosa vólvese máis espesa e florida cando te sirves dela (algo que, como sabes, a min non me gusta especialmente). Queda compensada esa lectura máis difícil coa lección de vocabulario galego.
Respecto ao asunto dos blancos queimados, eu coido que o único que se pode facer é subexpoñer 1 ou 2 pasos, a ver que pasa.

Unha aperta forte, meu.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-13153786771711149662012-11-14T10:51:20.003+00:002012-11-14T10:51:20.003+00:00Olá de novo Xabi...moito obrigado.
Houbo sorte co...Olá de novo Xabi...moito obrigado.

Houbo sorte coa luz e moita pacencia na aprosimación...as revirapedras non teñen luz nengunha, o día era moi cativo, menos mal que elas se achegaron a menos de dous metros de onde eu estaba (no muro que corta a Plaia da Concha de CAriño), pro facerlles unha foto enfocada foi unha milagre.

As calidris alba, son un pesadelo...o blancor de neve do froixel escarállame a maioría das tomas, con esta cámara faiseme moi difícil non queimar os brancos.

As hiaticula, quedáronme mellor...deitado na area, cu ao vento -aprecíase nunha toma como arrastra a area- e indo pouco a pouco ate elas fóronse deixando facer. A casualidade de pillar un bocexo, é un premio do destino, pro no é un alarde de oportunidade do "fotero".

E a noviña de alpina, (penso que será unha noviña), recolleu unha luz moi linda de últimas horas dunha tarde refriada de setembro nos morouzos de Ortigueira, que lle deu moito cor a prumaxe.

E a todas fíxenlles bastante máis de cen fotos. E así, entre tantas, malo sería que non houbese catro ou cinco que se deixasen ver.

Obrigado meu.

Unha apertaRafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-37333095341397266792012-11-14T10:31:56.749+00:002012-11-14T10:31:56.749+00:00Estou volvendo a mirar as fotos e só podo dicir: &... Estou volvendo a mirar as fotos e só podo dicir: "Aaaaaaaaaaaahhhhhhhh....."

De verdade cho digo, que estou flipando, mestre!Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-5811483902350490932012-11-14T08:39:48.220+00:002012-11-14T08:39:48.220+00:00Boas Xabi...moi agradecido polas loubas...e benvid...Boas Xabi...moi agradecido polas loubas...e benvida sexa sempre a discrepancia razonada.

Agradezo que non cites a marca, de verdade, pro ben sabes que é a mesma compacta de sempre, e tamén coma sempre as fotos van lixeiramente retocadas de axustes, pro neste caso teñen moi pouco recorte.

Precisamente pra non perder a riqueza léxica ártabra dou en poñela a circular, así de paso que fago memoria doulle publicidade.

E efectivamente son galego, pro de seguro non máis galeguista ca ti e tantos e tantos máis, o que pasa é que cada un o vai expresando de xeitos diferente, no meu caso cun arrime a un sentimentalismo emocional que claramente está provocado pola idade.

UNha aperta Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-36504526176648278512012-11-14T08:26:52.692+00:002012-11-14T08:26:52.692+00:00Obrigado Enrique...
A comparanza cos clásicos enc...Obrigado Enrique...

A comparanza cos clásicos enche de sorpresa e satisfacción, pro dende logo parece moi esaxerada:fago o que podo por non escribir mal (e non sempre o consigo)Aos que tivemos unha nenez galega e xa temos unha idade o mundo cada día se nos fai máis alleo, que as miñas verbas te leven de volta aos tempos e aos espazos da túa infancia éncheme de ledicia, realmente.

Ribadeo...sabes que andei non hai moito por aló, cada ano procuro pasar un par de veces, disfruto moito da contorna...e sempre me queda un laio que cada día é máis agudo: a Casa dos Moreno, esa marabilla, que se cae diante dos ollos de todos. Ogallá pra o 2015, centenario do edificio, a empresa que dende o ano 2011 parece ser ten a maioría da propiedade, Paisajes de Asturias, poida presentala restaurada: sería un dos mellores galanos que lle poderían facer a Ribadeo, a Galicia e a Cultura e de paso un exemplo, vía labazada, pra os capitalistas financieros galegos, ao mellor de entre todos os capitalistas os máis egoístas, que xa sería ter mérito.

Un saúdo Enrique, mirámonos na riberia do Eo. Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-56920345718166377292012-11-14T06:35:54.689+00:002012-11-14T06:35:54.689+00:00 Ademáis da inmensa riqueza de léxico que conserva... Ademáis da inmensa riqueza de léxico que conservas (non a perdas xamáis) déixasme sen palabras con estas fotos. Como sei que non che vai iso da publicidade de marcas, obviarei máis comentarios. Pero qué fotos!!!

Sobre o contido da entrada, moi fermosa e emotiva, pois hai cousas que comparto e outras que non, como sabes de sobra. Será porque tampouco sinto ese fondo later galeguista que ti demostras día tras día.

Unha apertaXabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/00178661447053165083noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-86852467780787676532012-11-13T22:54:42.308+00:002012-11-13T22:54:42.308+00:00Preciosas fotos, e non menos preciosas verbas. Com...Preciosas fotos, e non menos preciosas verbas. Coma sempre, ler "Ao noroeste do Noroeste" trasládame no tempo e no espazo. No tempo, a unha época na que vivía en galego, no día a día da miña familia, os meus amigos, os meus veciños... Pero sobre todo a esas clases de literatura galega nas que líamos ós nosos clásicos. E no espazo, a un lugar onde todo o meu mundo era a miña vila (a saber, Ribadeo) e non coñecía mais extranxeiro que non fora Asturias, á outra beira da ría, onde tamén falaban coma min.
Agora, noutro tempo, e noutro espazo, de vez en cando volvo a aquel lugar lendo "Ao noroeste do Noroeste". Un pracer.
Saudos.Enrique Sampedro Mirandahttps://www.blogger.com/profile/07222703994778605893noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-14408326530317590052012-11-13T21:32:13.100+00:002012-11-13T21:32:13.100+00:00Moito en obriga, meu...canto me aleda que fora do ...Moito en obriga, meu...canto me aleda que fora do teu gosto...en moitos sentidos recolle ideas que partillamos no curso de Ortigueira...

UNha aperta.
Rafaelhttps://www.blogger.com/profile/04480213419528271708noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-640609840333309822.post-23579735665796231362012-11-13T19:41:46.410+00:002012-11-13T19:41:46.410+00:00Parabéns polo post, amigo!!!
Apertas,
DamiánParabéns polo post, amigo!!!

Apertas,
DamiánCosme Damian Romai Cousidohttps://www.blogger.com/profile/12093122377672157295noreply@blogger.com