domingo, 22 de abril de 2012

Queimáronse...

...as Fragas do Eume...















































 



... ou o Eucolital do Eume?

Sen máis palabras.
A mandare.


Nota marxinal. todas os santos van tirados o mesmo día e a mesma hora. Unha hora escura e orballeira do serán do día 20, venres, do presente mes de abril pola estrada que baixa dende o lugar da  Estoxa ate a vella central da Ventureira, cerne, polo que me contaron, da grande queima de monte que debeu ser  unha verdadeira innioa, esa antiga, fermosa e descoñecida palabra galega coa  que se  nomea, ou nomeaba,  ao "incendio abrasador y desboradante en lo que hace a la bejetación"(sic) (Luís Aguirre del Río (1858): Diccionario del dialecto gallego, ed. de Carme Hermida Gulías, CSIC-IPS, 2007).

Nota marxinal menor: con esta entrada este bló celebra a vosa asombrosa fidelidade durante 150 ocasiós. Moito, moito obrigado, miñas e meus. Imos indo.

10 comentarios:

  1. Ola Rafa,
    Sen dúbida hai máis preguntas a facerse, mais penso que a fundamental, por que? queda con resposta dada.
    Teremos que ver máis imaxes como esas para facerlle caso a natureza nai que máis claro non pode falar?
    Cando poderá ser que teñamos unha Administración que se atreva a artellar unha axeitada política forestal?
    Ou teremos que esperar a que pase o que pasou coa burbulla inmobiliaria? Oxalá non.
    Marta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Marta...esa é a pregunta: por que se queima o monte. Preguntarse quen queima o monte, conleva unha ensidiosa petición de principio inaceptable.
      Saudiñas.

      Eliminar
  2. Doe velo, tanto a mesta invasión alóctona que non permite outra vexetación, como o tizne deixado pola barbarie. ¡Mágoa sermos así!
    Xisbe

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas Xisbe...certo que a o espectáculo e preocupante, pro a un servidor que ía convencido polos medios de desinformación que tiñan ardido as fragas, ver como o que realmente estaba queimado era o eucolital e que as fragas estaban moi pouco danadas (onde si, fora cousa das filadas de eucolito que se mete entre o bosco -son terreos privados- e vectorizaron a entrada do lume, que en todo caso danou o chan -e non é pouco- pero atopando ás caducifolias espidas non poido facer chamarada na súa follaxe e pouco máis fixo que ciscar a cortiza, afortunadamente), a un servidor dicía contemplar esta visión producíulle certo alivio ecolóxico.
      Claro que eu non son propietario de eucalitos e o cabreo destes últimos comprendoio perfectamente: son moitos os cartos perdidos. A opinión dos veciños é que as autoridades dedicáronse a regar cos aviós o terreo de caducifolia e deixaron ir queimando o eucolital. Non sei, pero parece unha opinión razonable.
      O que de verdade eu non creo en absoluto e que sexamos pirómanos. Xa falaremos.
      Unha aperta.

      Eliminar
  3. Moi gráfico e contundente, grazas por informarnos ós que non podemos achegarnos as Fragas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As gracias a ti por seguir este bló...diso se trataba de deixar falar as imaxes e procurar transmitir a mesma sensación que recibin eu ao ir visitar a Ventureira, que esperaba atopar queimada e estaba coma sempre...o inmenso alcolital do alto non, claro.
      Saudiñas.

      Eliminar
  4. Con todo cariño, Rafa, isto recórdame outro lamentable episodio, acontecido hai dous anos. Daquela os mesmos medios de desinformación que ti mencionas alertaron da "desecación" de certa lagoa litoral, e anunciaban unha extinció das aves acuáticas. Mentras, outros víamos unha simple baixada da marea e unha lagoa a rebulir coa vida.

    Un exemplo de que a sensatez non vai nas palabrotas que ún dí, nin no que a prensa inxecta coma veleno na opinión pública. Unha prensa alimentada por determinados entornos "ecoloxistas", como quedou ben patente no caso das fragas.

    Por suposto, como naturalista lamento o efecto "gasolina" que as repobacións de Alcolito provocaron na miña terra (miña nai é das mesmiñas fragas, Vilafaíl,por certo)

    Unha aperta (a ver se saco tempo para que pagues unhas tapas de marraxo no Kilovatio, carallo)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xabi,vai buscando o tempo que por tomarlle algo non haberá perda, a única condición e que non se fale da Frouseira. Imos deixala en paz que ela con ela se apaña.
      Saudiñas, meu.

      Eliminar
  5. Ola Rafa, aquí Miguel.
    Vexo que estiveches tamén no lugar do crime. Eu estiven o domingo pola tarde, ata fixen fotos moi parecidas ás túas e nos mesmos lugares. Tamén andei un pouco pola fraga, na ruta da Ventureira. Por aí está todo bastante queimado tamén, sobre todo a zona baixa da fraga, o "sotobosque" que din. De momento hai poucas plantas novas e poucos insectos, agás grilos, os máis pequenos descompoñedores (colémbolos?) e algúnha volvoreta despistada. Creo que a gamota (Asphodelus albus) está colonizando novas zonas grazas ao lume (é unha impresión). Xa colguei unha minicrónica no foro de Galiciaaves. Coincido contigo en que ardeu básicamente o eucaliptal, pero por simple proximidade arderon outras zonas de alto valor ecolóxico. O que ocorre é que a fraga "disimula" ben os efectos do lume, mentres que o "alcolitral" presenta o aspecto de ter sufrido unha erupción volcánica.
    Eu sempre dixen (e coma min moitos outros) que a maior catástrofe ambiental, social e cultural de Galicia é a eucaliptización, que eliminou a nosa flora, a nosa fauna, a nosa paisaxe e a nosa cultura, convertindo ao/á paisano/a nun esclavo inconsciente e involuntario de ENCE Elnosa.
    Unha aperta,
    Miguel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas Miguel...
      ...vaia eu non sei se a eucolitización e unha catástrofe ten enorme, certo que a falla de control e raciocinio, o liberalismo economicista aplicado ao monte ou a calquera outra cousa é unha equivocación, un erro do que nos vai a ser difícil saír indemnes...o eucalito podería ter sido unha boa fonte de recursos económicos, do que tan necesitado andou sempre a xente do campo galego, sen necesidade de terse convertido nunha praga inzadora...tería abondado con existiren leises reguladores, que non hai e as normas que hai nen se cumplen nen se vixían que se cumplan...

      ...en fin, tema longo e mesto, que non se vai amañar neste comentario, que de principio, serva como final, só quería darche as gracias por molestarte en opinar e mellorar os contidos...

      Apertiñas, meu.

      Eliminar