XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

xoves, 28 de marzo de 2024

ALTRI

Verdade é que una imaxe vale máis ca cen palabras. Verdade tamén é, que hai palabras que suxiren máis de mil imaxes. 

ALTRI. Velaí cinco letras que nos remexen na conciencia un serial de lembranzas visuais. De memorias pontevedresas, de recordos de contaminacións e evocacións pasadas de tufos ao lonxe durante toda unha vida, a nosa vida.

ALTRI. Unha película de horror que, incapaces  de despertar do pesadelo de Lourizán, vén agora a atormentarnos o futuro, que en soños imaxinamos limpo, emporcallando as nosas ilusións coa psicosis dun esbandalle de naturaleza nas terras de Ulloa de dimensións cataclísmicas alentado en directo co habitual cinismo propagandístico dos altavoces do negocio eucalitero. Os portavoces de sempre. Os púlpitos do sacerdocio do becerro do euro.

ALTRI. A monstrosa demostración, xa na hora innecesaria por mil veces repetida, de sermos un territorio vendido ao mellor postor, sexa alemán, francés, español, luso ou galego. Tanto ten quen ten tanto. Todos están no allo. Todos. A hidra das cen cabezas das élites monopolistas europeas. Unión Europea? Xa imos entendendo de quen vés sendo. 

ALTRI. Unha palabra extraña, asignificante, que desvela as purrucias putrefactas deste rexime político caducado, financiado por Alemania dende a primeira hora, adorado por corruptos e corruptores a quen chaman falsamente democracia. Democracia? Poder do pobo? Poder do demo, será. Se lle chamaras Furnocracia, aínda, aínda. Democracia falsaria, o truco burocrático-ideolóxico das élites trileiras para enganar e controlar ás xentes como nunca antes se fixera. Panfleto contra la democracia realmente existente. Gustavo Bueno.

Democracia, cracia do demo. Do escuro, oculto, traidor, asexante e conspirador satanás do carto podre que todo o apodrece. Democracia, risa me das. Gargalladas nervosas de medo pánico e sorrisos de Sardón. 

Non hei recurrir ao inacabable rosario de argumentos científicos naturalistas, evidentes e indiscutibles, que fornecen de pensamentos claros e xusticieiros a posición  de cordura e intelixencia de tantas xentes que dende a Ulloa estenden a súa lucidez natural enfróntándose a esta desaforada monstruosidade, esta traición política (pagada con euros europeos de todos), que se esconde tras do  anagrama ocultista das cinco letras de ALTRI e que nace enviciada polo beneficio avaricioso duns poucos e á miseria do deixaxear de moitos. 

Non ten moito interés repetir o que tantos e tan ben    denuncian. Xa se sabe, cantas máis razóns naturalistas e científicas teñas, menos corte che van dar, menos audiencia che van conceder. 

Non hai tanto que os servos dos amos, que a si mesmo se alcuman de partidos democráticos, provocaron, ou se o preferides convocaron, á cidadanía a unha outra xornada electoral; a festa da democracia chámanlle sen roibor,  por ver de decidir cal deles, ou cales deles, ocupaban o  Pazo de San Caetano, ese que forraron de moquetas para que nelas se amortiguen as pisadas destructoras dos insensibles e pesados pés de chumbo do poder,  dende hai tanto enferrados en zapatóns herdados.

Unha outra aburrida, carísima e inútil xornada electoral democrática. E cantas van? Servidor é un abstencionista crítico militante, que aborrecería que a súa honra, fama e bon nome, se o tivese, se vese lixugado por ser cómplice, partícipe, actor ou validador desta ritual prolongación do mando e ordeno  borbónico-franquista, esta, cuarentona xa, noite de corrutelas a quen o réxime realmente existente chama democracia sen que na súa cara dura se lle mova un músculo de verdade.

Pois ben: na última campaña electoral ningún deses partidos políticos,  servos dos amos, das elites, puxo derriba da mesa o debate do tema de ALTRI. Asombroso? Asegún. Os amigos que teño, os conocidos que conozo e a xente de paso que trato, (case todos adictos á furnocracia), facíanse cruces, fanse cruces, cando lles aseguraba completamente en serio que non habería de ir perder unhas horas dunha mañá de domingo en depositar o meu voto nunha furna para comprobar que a lei da gravidade segue activa.  Pero Rafael! É un momento crucial! (Espántense que todas as xornadas electorais coincidan sempre con momentos cruciais)  Como non vas ir votar?! Ir votar é importantísismo! Malpocados. 

Mira, pódesme dicir, díxenlle daquela a un amigo que sei que agora me está lendo, porqué na campaña ningún partido político  está poñendo o tema de ALTRI na palestra? Porqué non se está debatindo en campaña? Cómo queres que vaia votar sen saber o que pensa cada quen do tema máis importante que ten a nación pendente sobre  o seu futuro? Porqué non se debateu? Porqué non quixeron debatilo?

Porque ben sei que me estás lendo, pero ben sei que agora como antes non tes resposta. 

Nin Ana, nin Xosé Ramón, nin Afonso, nin Marta, nin outros que houbo, abriron a boca para dicir esta  é miña opinión sobre o tema de ALTRI. 

Todos mudiños. Silandeiros. Clamorosamente calados. Hai non moito máis dun mes que nos deron a entender, por nos confundir, por nos engadar propiamente, con que non existía ALTRI ou peor, que ALTRI era un tema insignificante indigno de ser debatido. 

Porqué?

Tanta coincidencia no silenzo foi casualidade... ou pacto de comenencias?

Algo cheira mal nas escaleiras de acceso as molidas moquetas de San Caetano.

Fede que imbra. 

Pero, daquela Rafael, nunca máis has de volver   votar?

Si home, perde coidado, non teñas medo que non hai fallo, eu hei de ir votar cando fagamos... un referéndum  por ALTRI.

Democracia? 

Imos ver se é verdade.

!!!!!   REFERÉMDUM  POR  ALTRI  !!!!!

Porqué non?

Pódesme dicir porqué NON?

Miña ben querida e pouca xente, eu por hoxe xa calo, seguir a ser bós que guapas xa sodes. 

PAZ  E  PALABRAS








domingo, 17 de marzo de 2024

Aos amigos do meu pequeno mundo.


(As palabras que se diolo quer han de vir son parte do pouco texto que se chamou e chama No meu pequeno mundo e que algúns dos amigos que comigo van teñen xa lido enteiro. O que é moi de agradecer. De vez en cando dou en ir poñendo anaquiños del neste o meu voso blogue e van aparecendo sen seguir a orde en que o texto está escrito; o que dende logo non ten importancia, por estar escrito sen orde, non sendo esas ordes caóticas e intuitivas coas que se goberna o corazón).



O meu pequeno mundo nalgúns días sorprendentes, despístase da escondida senda natural de tranquilidade por onde pasea a diario e trasmúdase inesperadamente nun balbordo rebuliceiro de amigos humanos exaltados, lixeiros, sorrintes, aledantes, unha refusía de ledicias que trastoca a paz acomodada da quietude do meu eido nunha xira de alegrías e marabillas, unha repichoca de muiñeiras, unha folía de amor á cedeiresa. 



Nunca sei moi ben cando e como se vai dar ese abrocho efervescente da festa das amizades. Ás veces avísanmo gaitas soando ao lonxe ou foguetería desconcertada. Outras é un familiar caritativo… Ti saberás que día é hoxe… non? Tantas veces unha chamada avisándome… Mira que vamos pra aí. Agrádame ese costume tan pouco burocrático dos meus amigos de apareceren sen eu saber, arrodeándome daquela de ughos, de apertas, de palabras, de risadas sen teito, de comomevás, de comochevai, de contos, de chistes, de rexoubeos, de falares e de historias de xente de lonxe. Ás veces moito de lonxe.



 Os meus amigos, a miña xente queridiña da alma, malpocados, chéganse dende o extranxeiro das arredadas terras nas que viven o seu desterro... Barcelona, Mallorca, Pontevedra, As Neves, Compostela, Madrid,  aínda Ferrol, e ao mellor tamén da rúa Ezequiel López ou da Praza Roxa. Veña quen queira cando queira de onde queira que veña. Nalgún tempo chegou a vir xente dende Londres e Newcastle, en anos idos onde o meu mundiño tiña un especial atractivo cosmopolita. Tempus fugit, déixaios ir. 



No  meu pequeno mundo, no que se crían  sombras fragosas e salvaxes e se dán herbas bravas habitadas de bechocos,  resgárdasen tamén quentes abrigueiras do nordés, abertas a sur, onde o sangue se acalora, leveda o espíritu pagán,  nace un tremor primitivo, un brinco sen inxirada levanta os pés da terra e argalla no ar un punto de danza que principia a facerse baila, nacendo un alento de troula e un berro de aturuxo na gorxa… xira en Fernando Lago!!  Aleluia!! Sursum cordam!!! Chegou a Festa !!! 



Sendo xentes de talento e bondade, amigos do foliar e  o muiñar, de pandeirar e xirar, de cantar e recantar, os meus amigos aparecen con guitarras, gaitas, clarinetes, acordeóns, pandeiretas, cervecicas,  empanada, caldeirada, viño branco, sardiñada, viño tinto, carne asada, cafeiño,  pitilliño,  chupitiño, e á postre,  si señor, un llintoni, por favor!. 



Cantar cantamos todos, uns ben e outros mellor, pero sempre coa alma grande, afinando de sentimento e levando o ritmo a pulsos de corazón. Eses  días, o meu mundo, pequeniño, múdase nunha  inmensurable patria sen fronteiras entre as areas da terra e os astros do ceo, un espazo aberto á irmandade universal de todas as xentes liberadas e cantareiras, esas patriotas da ledicia, esas voces ceives de tristura, esas as que sen medo  a comulgaren coa amistade, ughan e farrean con paixón amorosa, unha hora encima da outra, espíndose da negra sombra, engaiolando ás estreliñas da noite, axugando no peito unha soa voz para seguiren firmes cantando aos ceos no abrir do día, abrazados  ao sol das esperanzas, aquel que bica o orballo dos campos nas mañanciñas de San Xoán cando o aire aínda ule a borrallo, as fontes a auga de rosas, os beizos a fiuncho e a memoria a reina luisa




Até acó chegaron hoxe as miñas verbas. 




Palabras de hai anos, pero para min aínda  vivas, capaces de facerme sentir aos amigos, aos que están... e aos que xa  non están, que así son as cousas. As palabras, sen materia putrefacta que as solidifique, lixeiras sen o peso da carne, ánimas puras, sobreviven mellor ca nosoutros ao tempo, ese alquimista da trasmutación. As palabras, conservadas no sutil prebe da memoria sobrepasan o devir da historia encarnadas  en son de voz,  grafo de tinta,  tacto de braille ou bit de silicio. Aí, falsamente inertes dentro do seu disfraz de rutina,  son quen de rexurdir de repente diante do noso  entendemento revividas por un fulgor novo, un sentido incomprendido, un significado nunca antes entendido, inesperado, que nos explica, dános a entender, fainos lembrar, extrañar, comprender, sentir, chorar ou rir, dun xeito que nunca antes conocéramos, como se fora a primeira vez que as recibimos e acabara de encetarse unha nova vida en charte. 

Ás palabras, un respeto.

Teñen vida.

Propia.



Ser bós que guapas xa sodes, miña ben querida e pouca xente. Non perder as mañas. Non deixedes de vir a verme a este curruncho de nebras e vidas ao noroeste do Noroeste; a este voso pequeno tarreo arreado do mundo, a este apartado xardín silvestre aberto a todos, pechado a moitos.

Prometo estar agradecido.

Apertiñas.

A mandare.



PAZ   E   PALABRAS


sábado, 9 de marzo de 2024

Para honrar o DÍA DO NATURALISMO GALEGO faise pública a LISTA UNIFICADA e ESTÁNDAR DOS NOMES GALEGOS para as aves de GALICIA e de ESPAÑA


A Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega recente vén de rematar os traballos que durante catro anos (a maldita pandemia polo medio) encararou por ver de ser quen de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os páxaros presentes ou citados en Galicia e en España.


Labor léxica imprescindible en calquera lingua que pretenda encarar o seu futuro cuns fundamentos de seu, sólidos e alicerzados, que ofrezan ás novas xeneracións -de xornalistas, estudantes, naturalistas, etc- un referente serio, meditado, comparado e científico (tanto dende un punto de vista lingüístico coma ornitolóxico) que lles permita a utilización dunhas referencias denominativas que as fornezan dunha ferramenta de unidade e cohesión nos eidos léxicos  naturalistas, que ao estar estes cada día máis presentes na vida social, fana imprescindible por inevitable; sen que se pretenda eliminar, ben ao contrario,  a fabulosa e rica variedade léxica da nosa lingua, tesouro que esta Comisión de Ornitonimia -cónstame- estima e valora como se debe. A ver se me entendes.



Por ver de conquerir os seus obxectivos a Real Academia da Lingua conformou unha comisión na que estivesen presentes tanto eminencias lingüísticas de primeiro orde, Antón Santamarina, Dolores Sánchez Palomino, Manolo González, Marilar Aleixandre, Fernando Álvarez Balbuena, Francisco Fernández Rei e durante un tempo Víctor Fresco Barbeito   canto expertos ornitólogos de recoñecida e contrastada experiencia, en plumas e palabras: Xosé Manuel Penas Patiño, Damián Romay Cousido, Serafín González Prieto, Silverio Cerradelo, Suso Taboada Martínez e durante un tempo Miguel Anxo Conde Teira. Mergullado entre tanto sabio este aprendiz e servidor de todos, divulgador naturalista, mantedor do blogue Ao noroeste do Noroeste, que se sinteu e sinte moi honrado por ter sido convidado a formar parte dese ilusionante e laborioso proxecto. Na hora podo dicir que senón outros méritos, si cumplín coa palabra empeñada a Penas Patiño e Manolo González o día que me chamaron: non calar. Que me escusen, prego.


Non tardaremos moito en poder ter nas nosas maos a edición impresa, comentada, explicada e abondosa en excelente información gráfica, desta lista unificada estándar que agora e acó se presenta e se adianta coa aquiescencia, que agradecemos, da Comisión de Ornitonimia. De seguro esta edición impresa da Real Academia Galega vai ser un referente, un antes e despois, na nomenclatura en galego de aves e páxaros. 



O naturalismo galego  nesta hora do 1º aniversario do Día do Naturalismo ten na consecución e publicación deste listado estándar de nomes galegos de aves e páxaros, un motivo de satisfacción e esperanza. Satisfacción por ver como doutra volta o naturalismo, fai e se fai cultura; e esperanza por saber que Galicia, con voz e palabra propia, contra agoreiros e desesperanzados, camiña e avanza coa fronte alta sabéndose posuída dunha moderna lingua histórica de seu que encara orgullosa e segura de si os porvires futuros.


Viva Galicia!!  Viva o Galego!!  Morra o Pecado!!



Miñas donas, meus señores, miña ben querida e pouca xente velaí vos vai, porque ben a merecedes e  saberedes apreciala, esta lista unificada de aves e páxaros de Galicia e España. Un logro cultural de primeiro orde que a este servidor o fai reverter de ledicia ao podérvola adiantar, dende o noroeste do Noroeste, hoxe  9 de marzo, efeméride do natalicio de Martín Sarmiento, na honra de quen este ano do 2024 celebramos o1º aniversario do Día do Naturalismo Galego.


Que cumpla moitos máis e vostedes os gocen.



Lista unificada e estándar dos nomes galegos para as aves de Galicia e de España


Elaborada pola Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega


(Inclúense as de aparicición ocasional e as asilvestradas procedentes de cativerio)



Nome galego           Nome científico          Familia


abellaruco europeo

 Merops apiaster

 Meropidae

abellaruco persa

 Merops persicus

 Meropidae

abelleiro europeo

 Pernis apivorus

 Accipitridae

abetouro bruón

 Botaurus stellaris

 Ardeidae

abetouro norteamericano

 Botaurus lentiginosus

 Ardeidae

agatuñadeira eurasiática

 Sitta europaea

 Sittidae

aguia calzada

 Hieraaetus pennatus

 Accipitridae

aguia esteparia

 Aquila nipalensis

 Accipitridae

aguia imperial ibérica

 Aquila adalberti 

 Accipitridae

aguia imperial oriental

 Aquila heliaca

 Accipitridae

aguia manchada

 Clanga clanga

 Accipitridae

aguia perdigueira

 Aquila fasciata

 Accipitridae

aguia pescadora

 Pandion haliaetus

 Pandionidae

aguia pintada

 Terathopius ecaudatus

 Accipitridae

aguia pomarina

 Clanga pomarina

 Accipitridae

aguia real

 Aquila chrysaetos

 Accipitridae

albatros bicopintado atlántico

 Thalassarche chlororhynchos

 Diomedeidae

albatros olleirudo

 Thalassarche melanophris

 Diomedeidae

anduriña común

 Hirundo rustica

 Hirundinidae

anduriña das barreiras

 Riparia riparia

 Hirundinidae

anduriña dáurica

 Cecropis daurica

 Hirundinidae

anduriña de cu branco

 Delichon urbicum

 Hirundinidae

anduriña de testa branca

 Petrochelidon pyrrhonota

 Hirundinidae

anduriña dos penedos

 Ptyonoprogne rupestris

 Hirundinidae





Nome galego            Nome científico     Familia


anduriña fulva

 Petrochelidon fulva

 Hirundinidae

anduriñón real

 Tachymarptis melba

 Apodidae

araíño atlántico

 Alle alle

 Alcidae

arao carolo

 Alca torda

 Alcidae

arao de ás brancas / 

arao de alas brancas

 Cepphus grylle

 Alcidae

arao dos cons

 Uria aalge

 Alcidae

arao papagaio

 Fratercula arctica

 Alcidae

aratinga de cabeza negra

 Aratinga nenday 

 Psittacidae

aratinga de testa azul

 Thectocercus acuticaudatus

 Psittacidae

arcea da fraga

 Scolopax rusticola

 Scolopacidae

arceúcha das brañas

 Gallinago gallinago

 Scolopacidae

arceúcha de Wilson

 Gallinago delicata

 Scolopacidae

arceúcha real

 Gallinago media

 Scolopacidae

arceúcha xorda

 Lymnocryptes minimus

 Scolopacidae

asubión americano

 Mareca americana

 Anatidae

asubión común

 Mareca penelope

 Anatidae

atobá de pés vermellos

 Sula sula

 Sulidae

atobá grande

 Sula dactylatra

 Sulidae

atobá pardo

 Sula leucogaster

 Sulidae

ave do crocodilo

 Pluvianus aegyptius

 Pluvianidae

avefría choromica

 Vanellus vanellus

 Charadriidae

avefría de rabo branco

 Vanellus leucurus

 Charadriidae

avefría sociable / 

avefría sociábel

 Vanellus gregarius

 Charadriidae

avelaiona da fraga

 Strix aluco

 Strigidae

avetarda grande

 Otis tarda

 Otididae

avoceta común

 Recurvirostra avosetta

 Recurvirostridae

azor boreal

 Accipiter gentilis

 Accipitridae





Nome galego           Nome científico             Familia


azulenta alpina

 Prunella collaris

 Prunellidae

azulenta común

 Prunella modularis

 Prunellidae

bacurau norteamericano

 Chordeiles minor

 Caprimulgidae

bengalí vermello

 Amandava amandava

 Estrildidae

bico de lacre de fazulas laranxa

 Estrilda melpoda

 Estrildidae

bico de lacre de rabo negro

 Estrilda troglodytes

 Estrildidae

bico de lacre ondulado

 Estrilda astrild

 Estrildidae

bicogroso europeo

 Coccothraustes coccothraustes

 Fringillidae

bilurico común

 Tringa totanus

 Scolopacidae

bilurico das rochas

 Actitis hypoleucos

 Scolopacidae

bilurico de ás negras / 

bilurico de alas negras

 Tringa ochropus

 Scolopacidae

bilurico escuro

 Tringa erythropus

 Scolopacidae

bilurico fino

 Tringa stagnatillis

 Scolopacidae

bilurico maculado

 Actitis macularius 

 Scolopacidae

bilurico manchado

 Tringa glareola

 Scolopacidae

bilurico patiamarelo grande

 Tringa melanoleuca

 Scolopacidae

bilurico patiamarelo pequeno

 Tringa flavipes

 Scolopacidae

bilurico pativerde

 Tringa nebularia

 Scolopacidae

bilurico solitario

 Tringa solitaria

 Scolopacidae

bispo de coroa amarela

 Euplectes afer

 Estrildidae

bubela eurasiática

 Upupa epops

 Upupidae

bufo das neves

 Bubo scandiacus

 Strigidae

bufo das xunqueiras

 Asio flammeus

 Strigidae

bufo do deserto

 Bubo ascalaphus

 Strigidae

bufo mouro

 Asio capensis

 Strigidae

bufo pequeno

 Asio otus

 Strigidae

bufo real

 Bubo bubo

 Strigidae






Nome galego           Nome científico          Familia


bulbul cafre

 Pycnonotus cafer

 Pycnonotidae

bulbul común

 Pycnonotus barbatus

 Pycnonotidae

bulbul de fazulas vermellas

 Pycnonotus jocosus

 Pycnonotidae

buxato calzado

 Buteo lagopus

 Accipitridae

buxato común

 Buteo buteo

 Accipitridae

buxato mouro

 Buteo rufinus

 Accipitridae

calandra bimaculada

 Melanocorypha bimaculata

 Alaudidae

calandra cornuda

 Eremophila alpestris

 Alaudidae

calandra das dunas

 Ammomanes cinctura

 Alaudidae

calandra de bico curvo

 Alaemon alaudipes

 Alaudidae

calandra de Dupont

 Chersophilus duponti

 Alaudidae

calandra real

 Melanocorypha calandra

 Alaudidae

calandriña dos esteiros

 Alaudala rufescens

 Alaudidae

calandriña paleártica

 Calandrella brachydactyla

 Alaudidae

camón americano

 Porphyrio martinicus

 Rallidae

camón de Allen

 Porphyrio alleni 

 Rallidae

camón mediterráneo

 Porphyrio porphyrio   

 Rallidae

canario

 Serinus canaria

 Fringillidae

cardeal europeo

 Pyrrhula pyrrhula

 Fringillidae

carrán ártico

 Sterna paradisaea

 Laridae

carrán bengalés

 Thalasseus bengalensis

 Laridae

carrán común

 Sterna hirundo

 Laridae

carrán cristado

 Thalasseus sandvicensis

 Laridae

carrán de bico curto

 Gelochelidon nilotica

 Laridae

carrán de dorso castaño

 Onychoprion anaethetus

 Laridae

carrán de Forster

 Sterna forsteri

 Laridae

carrán do Caspio

 Hydroprogne caspia

 Laridae

carrán elegante

 Thalasseus elegans

 Laridae

carrán escuro

 Onychoprion fuscatus

 Laridae

carrán real americano

 Thalasseus maximus

 Laridae





Nome galego            Nome científico          Familia


carrán rosado

 Sterna dougallii

 Laridae

carranciño antillano

 Sternula antillarum

 Laridae

carranciño común

 Sternula albifrons

 Laridae

carriza dos xuncos

 Cisticola juncidis

 Cisticolidae

carriza eurasiática

 Troglodytes troglodytes

 Troglodytidae

catorra arxentina

 Myiopsitta monachus

 Psittacidae

catorra de Kramer

 Psittacula krameri

 Psittacidae

cegoña branca

 Ciconia ciconia

 Ciconiidae

cegoña negra

 Ciconia nigra

 Ciconiidae

cegoñela común

 Himantopus himantopus

 Recurvirostridae

cerceta albela

 Spatula querquedula

 Anatidae

cerceta americana

 Anas carolinensis 

 Anatidae

cerceta colorada

 Spatula cyanoptera

 Anatidae

cerceta de ás azuis / 

cerceta de alas azuis

 Spatula discors

 Anatidae

cerceta eurasiática

 Anas crecca

 Anatidae

cerceta fermosa

 Sibirionetta formosa

 Anatidae

cerceta pedresa

 Marmaronetta angustirostris 

 Anatidae

cetia das ribeiras

 Cettia cetti   

 Cettiidae

charrela cinsenta / 

charrela cincenta

 Perdix perdix 

 Phasianidae

chasco canario

 Saxicola dacotiae

 Muscicapidae

chasco do norte

 Saxicola rubetra

 Muscicapidae

chasco europeo

 Saxicola rubicola

 Muscicapidae

chasco siberiano

 Saxicola maurus

 Muscicapidae

chincharraíz

 Emberiza calandra

 Emberizidae

choia de bico amarelo

 Pyrrhocorax graculus

 Corvidae

choia de bico vermello

 Pyrrhocorax pyrrhocorax

 Corvidae

cirrio cafre

 Apus caffer

 Apodidae

cirrio das chemineas

 Chaetura pelagica

 Apodidae

cirrio eurasiático

 Apus apus

 Apodidae





Nome galego            Nome científico           Familia


cirrio pálido

 Apus pallidus

 Apodidae

cirrio pequeno

 Apus affinis

 Apodidae

cirrio unicolor

 Apus unicolor

 Apodidae

cisne bravo

 Cygnus cygnus

 Anatidae

cisne mudo

 Cygnus olor

 Anatidae

cisne negro

 Cygnus atratus

 Anatidae

cisne pequeno

 Cygnus columbianus

 Anatidae

cobreira europea

 Circaetus gallicus

 Accipitride

combatente

 Calidris pugnax

 Scolopacidae

corredor sahariano

 Cursorius cursor

 Glareolidae

corrupión de Baltimore

 Icterus galbula

 Icteridae

corvo carnazal

 Corvus corax

 Corvidae

corvo cinsento / 

corvo cincento

 Corvus cornix

 Corvidae

corvo do deserto

 Corvus ruficollis

 Corvidae

corvo pego

 Corvus albus

 Corvidae

corvo viaraz

 Corvus corone

 Corvidae

corvo mariño africano

 Microcarbo africanus

 Phalacrocoracidae

corvo mariño cristado

 Gulosus aristotelis 

 Phalacrocoracidae

corvo mariño de orellas

 Nannopterum auritum   

 Phalacrocoracidae

corvo mariño grande

 Phalacrocorax carbo   

 Phalacrocoracidae

corvo mariño pequeno

 Microcarbo pygmaeus

 Phalacrocoracidae

cotovía cristada

 Galerida cristata

 Alaudidae

cotovía escura

 Galerida theklae

 Alaudidae

cotovía pequena

 Lullula arborea

 Alaudidae

cruzabico boreal

 Loxia curvirostra

 Fringillidae

cuco cinsento / 

cuco cincento

 Cuculus canorus

 Cuculidae

cuco grallo

 Clamator glandarius

 Cuculidae

cullereiro africano

 Platalea alba

 Threskiornithidae

cullereiro común

 Platalea leucorodia

 Threskiornithidae




Nome galego          Nome científico       Familia


cullerete boreal

 Spatula clypeata

 Anatidae

curuxa común

 Tyto alba

 Tytonidae

éider común

 Somateria mollissima

 Anatidae

éider real

 Somateria spectabilis

 Anatidae

escribidor amarelo

 Emberiza citrinella

 Emberizidae

escribidor aureolado

 Emberiza aureola

 Emberizidae

escribidor da Laponia

 Calcarius lapponicus

 Calcariidae

escribidor das canaveiras

 Emberiza schoeniclus

 Emberizidae

escribidor das hortas

 Emberiza hortulana

 Emberizidae

escribidor das neves

 Plectrophenax nivalis

 Calcariidae

escribidor de Brandt

 Emberiza cioides

 Emberizidae

escribidor de cabeza negra

 Emberiza melanocephala

 Emberizidae

escribidor de cabeza rubia

 Emberiza bruniceps

 Emberizidae

escribidor de capuz

 Emberiza caesia

 Emberizidae

escribidor de coroa branca

 Emberiza leucocephalos

 Emberizidae

escribidor de papo negro

 Emberiza cirlus

 Emberizidae

escribidor mascarado

 Emberiza spodocephala

 Emberizidae

escribidor pequeno

 Emberiza pusilla

 Emberizidae

escribidor riscado

 Emberiza cia

 Emberizidae

escribidor rústico

 Emberiza rustica

 Emberizidae

escribidor sahariano

 Emberiza sahari

 Emberizidae

esmerillón

 Falco columbarius   

 Falconidae

estorniño negro

 Sturnus unicolor

 Sturnidae

estorniño pinto

 Sturnus vulgaris

 Sturnidae

estorniño rosado

 Pastor roseus

 Sturnidae

estreliña dos piñeiros

 Regulus regulus

 Regulidae

estreliña riscada

 Regulus ignicapilla

 Regulidae

faisán de colar

 Phasianus colchicus

 Phasianidae





Nome galego          Nome científico           Familia


falaropo de bico fino

 Phalaropus lobatus

 Scolopacidae

falaropo de bico groso

 Phalaropus fulicarius

 Scolopacidae

falaropo de Wilson

 Phalaropus tricolor

 Scolopacidae

falcón borní

 Falco biarmicus

 Falconidae

falcón de Eleonora

 Falco eleonorae

 Falconidae

falcón do Amur

 Falco amurensis

 Falconidae

falcón pequeno

 Falco subbuteo

 Falconidae

falcón peregrino

 Falco peregrinus

 Falconidae

falcón sacre

 Falco cherrug

 Falconidae

falcón vespertino

 Falco vespertinus

 Falconidae

falcón xerifalte

 Falco rusticolus

 Falconidae

ferreiriño africano

 Cyanistes teneriffae

 Paridae

ferreiriño azul

 Cyanistes caeruleus

 Paridae

ferreiriño cristado

 Lophophanes cristatus

 Paridae

ferreiriño dos piñeiros

 Periparus ater

 Paridae

ferreiriño palustre

 Poecile palustris

 Paridae

ferreiro real

 Parus major

 Paridae

flamengo pequeno

 Phoeniconaias minor

 Phoenicopteridae

flamengo rosado

 Phoenicopterus roseus

 Phoenicopteridae

folosa acuática

 Acrocephalus paludicola

 Acrocephalidae

folosa agrícola

 Acrocephalus agricola

 Acrocephalidae

folosa bérber

 Iduna opaca

 Acrocephalidae

folosa calzada

 Iduna caligata

 Acrocephalidae

folosa das canaveiras

 Acrocephalus scirpaceus

 Acrocephalidae

folosa de Blyth

 Acrocephalus dumetorum

 Acrocephalidae

folosa dos xuncos

 Acrocephalus schoenobaenus

 Acrocephalidae

folosa grande

 Acrocephalus arundinaceus

 Acrocephalidae

folosa icterina

 Hippolais icterina

 Acrocephalidae

folosa manchada

 Locustella naevia

 Locustellidae

folosa pálida

 Iduna pallida

 Acrocephalidae


 




Nome galego            Nome científico          Familia


folosa palustre

 Acrocephalus palustris

 Acrocephalidae

folosa políglota

 Hippolais polyglota

 Acrocephalidae

folosa real

 Acrocephalus melanopogon

 Acrocephalidae

folosa rubia

 Locustella luscinioides

 Locustellidae

freira antillana

 Pterodroma hasitata

 Procellaridae

freira da Madeira

 Pterodroma madeira

 Procellaridae

freira da Trindade

 Pterodroma arminjoniana

 Procellaridae

freira das Desertas

 Pterodroma deserta

 Procellaridae

freira de ás grandes / 

freira de alas grandes

 Pterodroma macroptera

 Procellaridae

freira gon-gon

 Pterodroma feae

 Procellaridae

fulmar boreal

 Fulmarus glacialis

 Procellariidae

furabuchos atlántico

 Puffinus puffinus

 Procellaridae

furabuchos balear

 Puffinus mauretanicus

 Procellaridae

furabuchos caboverdiano

 Puffinus boydi

 Procellaridae

furabuchos macaronesio

 Puffinus baroli

 Procellaridae

furabuchos mediterráneo

 Puffinus yelkouan

 Procellaridae

fuselo de rabo negro

 Limosa limosa

 Scolopacidae

fuselo de rabo pinto

 Limosa lapponica

 Scolopacidae

gabeador vermello

 Tichodroma muraria

 Tichodromidae

gabián eurasiático

 Accipiter nisus

 Accipitridae

gabián tesoira

 Elanoides forficatus

 Accipitridae

gaio eurasiático

 Garrulus glandarius

 Corvidae

gaivina de ás brancas / 

gaivina de alas brancas

 Chlidonias leucopterus

 Laridae

gaivina de cara branca

 Chlidonias hybrida

 Laridae

gaivina negra

 Chlidonias niger

 Laridae





Nome galego           Nome científico       Familia


gaivota alegre

 Leucophaeus atricilla

 Laridae

gaivota arxéntea americana

 Larus smithsonianus

 Laridae

gaivota arxéntea europea

 Larus argentatus

 Laridae

gaivota cana

 Larus canus

 Laridae

gaivota chorona

 Chroicocephalus ridibundus

 Laridae

gaivota das pradarías

 Leucophaeus pipixcan

 Laridae

gaivota de Audouin

 Ichthyaetus audouinii 

 Laridae

gaivota de Bering

 Larus glaucescens

 Laridae

gaivota de bico fino

 Chroicocephalus genei

 Laridae

gaivota de bico riscado

 Larus delawarensis

 Laridae

gaivota de Bonaparte

 Chroicocephalus philadelphia

 Laridae

gaivota de cabeza cinsenta / 

gaivota de cabeza cincenta

 Chroicocephalus cirrocephalus

 Laridae

gaivota de cabeza negra

 Ichthyaetus melanocephalus

 Laridae

gaivota de Sabine

 Xema sabini

 Laridae

gaivota do Caspio

 Larus cachinnans

 Laridae

gaivota dominicana

 Larus dominicanus

 Laridae

gaivota escura

 Larus fuscus

 Laridae

gaivota patiamarela

 Larus michahellis

 Laridae

gaivota pequena

 Hydrocoloeus minutus

 Laridae

gaivota polar

 Larus glaucoides

 Laridae

gaivota rosada

 Rhodostethia rosea

 Laridae

gaivotón atlántico

 Larus marinus

 Laridae

gaivotón de cabeza negra

 Ichthyaetus ichthyaetus

 Laridae

gaivotón hiperbóreo

 Larus hyperboreus

 Laridae

galguiñeira común

 Ixobrychus minutus

 Ardeidae

galguiñeira de Sturm

 Ixobrychus sturmi

 Ardeidae

galiña das abeleiras

 Bonasa bonasia

(=Tetrastes bonasia)

 Phasianidae

galiña de auga común

 Gallinula chloropus

 Rallidae

galiña de auga miúda

 Paragallinula angulata

 Rallidae



Nome galego             Nome científico       Familia


galo de auga americano

 Fulica americana

 Rallidae

galo de auga común

 Fulica atra

 Rallidae

galo de auga cristado

 Fulica cristata

 Rallidae

ganga das estepas

 Syrrhaptes paradoxus

 Pteroclidae

ganga de barriga branca

 Pterocles alchata

 Pteroclidae

ganga de barriga negra

 Pterocles orientalis

 Pteroclidae

ganso bravo

 Anser anser

 Anatidae

ganso campestre

 Anser fabalis

 Anatidae

ganso da tundra

 Anser serrirostris

 Anatidae

ganso das neves

 Anser caerulescens

 Anatidae

ganso de bico curto

 Anser brachyrhynchus

 Anatidae

ganso de cabeza listada

 Anser indicus

 Anatidae

ganso de cara branca

 Branta leucopsis

 Anatidae

ganso de cara negra

 Branta bernicla

 Anatidae

ganso de Exipto

 Alopochen aegyptiaca

 Anatidae

ganso de Hutchins

 Branta hutchinsii

 Anatidae

ganso de papo rubio

 Branta ruficollis

 Anatidae

ganso de testa branca

 Anser albifrons

 Anatidae

ganso do Canadá

 Branta canadensis

 Anatidae

ganso pequeno

 Anser erythropus

 Anatidae

garza azulada

 Ardea herodias

 Ardeidae

garza boieira occidental

 Bubulcus ibis

 A  rdeidae

garza branca grande

 Ardea alba

 Ardeidae

garza branca pequena

 Egretta garzetta

 Ardeidae

garza caranguexeira / 

garza cangrexeira

 Ardeola ralloides

 Ardeidae

garza dos arrecifes

 Egretta gularis

 Ardeidae

garza noiteira común

 Nycticorax nycticorax

 Ardeidae





Nome galego            Nome científico              Familia


garza real

 Ardea cinerea

 Ardeidae

garza tricolor

 Egretta tricolor

 Ardeidae

garza vermella

 Ardea purpurea

 Ardeidae

gatafornela

 Circus cyaneus

 Accipitridae

gralla calva

 Corvus frugilegus

 Corvidae

gralla pequena

 Corvus monedula

 Corvidae

grou americano

 Antigone canadensis

 Gruidae

grou eurasiático

 Grus grus

 Gruidae

grou pequeno

 Anthropoides virgo

 Gruidae

havelda

 Clangula hyemalis

 Anatidae

hubara moura

 Chlamydotis undulata

 Otididae

ibis eremita

 Geronticus eremita

 Threskiornithidae

ibis mouro

 Plegadis falcinellus

 Threskiornithidae

ibis sagrado

 Threskiornis aethiopicus

 Threskiornithidae

ireré caneleiro

 Dendrocygna bicolor

 Anatidae

ireré viúvo

 Dendrocygna viduata

 Anatidae

lagarteiro das torres

 Falco naumanni

 Falconidae

lagarteiro eurasiático

 Falco tinnunculus

 Falconidae

lagópodo cinsento  

lagópodo cincento

 Lagopus muta

 Phasianidae

lampareiro canario (extinto)

 Haematopus meadewaldoi

 Haematopodidae

lampareiro eurasiático

 Haematopus ostralegus

 Haematopodidae

lavanco escuro

 Anas rubripes

 Anatidae

lavanco real

 Anas platyrhynchos

 Anatidae

lavandeira amarela

 Motacilla flava

 Motacillidae

lavandeira branca 

 Motacilla alba

 Motacillidae

lavandeira citrina 

 Motacilla citreola

 Motacillidae

lavandeira de Bering 

 Motacilla tschutschensis

 Motacillidae


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 





Nome galego          Nome científio              Familia


lavandeira real

 Motacilla cinerea

 Motacillidae

laverca dos campos

 Alauda arvensis

 Alaudidae

leiótrix de bico vermello

 Leiothrix lutea

 Leothrichidae

liñaceiro alpino

 Acanthis cabaret

(=Acanthis flammea cabaret)

 Fringillidae

liñaceiro de bico amarelo           

 Linaria flavirostris

 Fringillidae

liñaceiro de bico escuro

 Linaria cannabina

 Fringillidae

liñaceiro de gorxa negra

 Acanthis flammea

 Fringillidae

marabú africano

 Leptoptilos crumenifer

 Ciconiidae

mariquiña boreal

 Parkesia noveboracensis

 Parulidae

mariquiña coroada

 Setophaga coronata

 Parulidae

mascato boreal

 Morus bassanus

 Sulidae

mazarico chiador 

 Numenius phaeopus

 Scolopacidae

mazarico cinsento / 

mazarico cincento

 Limnodromus griseus

 Scolopacidae

mazarico de bico fino

 Numenius tenuirostris

 Scolopacidae

mazarico do campo

 Bartramia longicauda

 Scolopacidae

mazarico escolopáceo

 Limnodromus scolopaceus

 Scolopacidae

mazarico real

 Numenius arquata

 Scolopacidae

mazarico subela

 Xenus cinereus

 Scolopacidae

meloufa

 Neophron percnopterus

 Accipitridae

mergo capuchino

 Lophodytes cucullatus

 Anatidae

mergo cristado

 Mergus serrator

 Anatidae

mergo grande

 Mergus merganser

 Anatidae

mergo pequeno

 Mergellus albellus

 Anatidae

mergullete común

 Tachybaptus ruficollis

 Podicipedidae

mergullete de bico groso

 Podilymbus podiceps

 Podicipedidae

mergullón cinsento 

mergullón cincento

 Podiceps grisegena

 Podicipedidae

mergullón cristado

 Podiceps cristatus

 Podicipedidae

mergullón de pescozo negro

 Podiceps nigricollis

 Podicipedidae

mergullón real

 Podiceps auritus

 Podicipedidae


   



Nome galego            Nome científico          Familia


merlo de colar

 Turdus torquatus

 Turdidae

merlo negro

 Turdus merula

 Turdidae

merlo rieiro europeo

 Cinclus cinclus

 Cinclidae

miador cinsento / 

miador cincento

 Dumetella carolinensis

 Mimidae

mimo do norte

 Mimus polyglottos

 Mimidae

merlo de colar

 Turdus torquatus

 Turdidae

miñato de bico amarelo

 Milvus aegyptius

 Accipitridae

miñato negro

 Milvus migrans

 Accipitridae

miñato real

 Milvus milvus

 Accipitridae

mobella ártica

 Gavia arctica

 Gaviidae

mobella do Pacífico

 Gavia pacifica

 Gaviidae

mobella grande

 Gavia immer

 Gaviidae

mobella pequena

 Gavia stellata

 Gaviidae

mouchiño eurasiático

 Glaucidium passerinum

 Strigidae

moucho boreal

 Aegolius funereus

 Strigidae

moucho de orellas europeo

 Otus scops

 Strigidae

moucho paleártico

 Athene noctua

 Strigidae

moucho rabilongo

 Surnia ulula

 Strigidae

mourelo careto

 Melanitta perspicillata

 Anatidae

mourelo de bico amarelo

 Melanitta americana

 Anatidae

mourelo siberiano

 Melanitta stejnegeri

 Anatidae

mourelo eurasiático

 Melanitta nigra

 Anatidae

mourelo fusco

 Melanitta fusca

 Anatidae

noiteboa cinsenta / 

noiteboa cincenta

 Caprimulgus europaeus

 Caprimulgidae

noiteboa do deserto

 Caprimulgus aegyptius

 Caprimulgidae

noiteboa rubia

 Caprimulgus ruficollis

 Caprimulgidae

ouriolo europeo

 Oriolus oriolus

 Oriolidae





Nome galego             Nome científico        Familia


paíño calcamar

 Pelagodroma marina

 Oceanitidae

paíño da Madeira

 Hydrobates castro

 Hydrobatidae

paíño de barriga negra

 Fregetta tropica

 Oceanitidae

paíño de rabo gallado

 Hydrobates leucorhous

 Hydrobatidae

paíño de Swinhoe

 Hydrobates monorhis

 Hydrobatidae

paíño de Wilson

 Oceanites oceanicus

 Hydrobatidae

paíño europeo

 Hydrobates pelagicus

 Hydrobatidae

palleira de MacCormick

 Stercorarius maccormicki

 Stercorariidae

palleira grande

 Stercorarius skua

 Stercorariidae

palleira parasita

 Stercorarius parasiticus

 Stercorariidae

palleira pomarina

 Stercorarius pomarinus

 Stercorariidae

palleira rabilonga

 Stercorarius longicaudus

 Stercorariidae

papaeirugas de ás vermellas / 

papaeirugas de alas vermellas

 Coccyzus americanus

 Cuculidae

papamoscas de colar

 Ficedula albicollis

 Muscicapidae

papamoscas de medio colar

 Ficedula semitorquata

 Muscicapidae

papamoscas negro

 Ficedula hypoleuca

 Muscicapidae

papamoscas real

 Ficedula parva

 Muscicapidae

papavermes azul siberiano

 Larvivora cyane

 Muscicapidae

papoazul

 Cyanecula svecica

(=Luscinia svecica)

 Muscicapidae

paporrubio

 Erithacus rubecula

 Muscicapidae

papuxa anana

 Curruca nana

 Sylviidae

papuxa carrasqueira

 Curruca iberiae

 Sylviidae

papuxa balear

 Curruca balearica

 Sylviidae

papuxa cinsenta / 

papuxa cincenta

 Curruca curruca

 Sylviidae

papuxa común

 Curruca communis

 Sylviidae

papuxa das amoras

 Sylvia atricapilla

 Sylviidae

papuxa das figueiras

 Sylvia borin

 Sylviidae

papuxa de cabeza negra

 Curruca melanocephala

 Sylviidae

papuxa de Moltoni

 Curruca subalpina

 Sylviidae




Nome galego          Nome científico        Familia


papuxa de Rüppell

 Curruca ruppeli

 Sylviidae

papuxa do Atlas

 Curruca deserticola

 Sylviidae

papuxa do deserto

 Curruca deserti

 Sylviidae

papuxa do mato

 Curruca undata

 Sylviidae

papuxa gabián

 Curruca nisoria

 Sylviidae

papuxa real

 Curruca hortensis

 Sylviidae

papuxa sarda

 Curruca sarda

 Sylviidae

papuxa tomiñeira

 Curruca conspicillata

 Sylviidae

pardal alpino