XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

martes, 23 de decembro de 2008

Serra da Capelada: a Macaronesia perdida.



Auga, flora e fauna da Serra da Capelada, a Macaronesia perdida

A palabra Macaronesia ( do grego makáron=felicidade, nesoi= illas) designa en Botánica e Bioxeografía a rexión é o conxunto das illas atlánticas Azores, Madeira, Illas Salvaxes, Canarias, e Cabo Verde. Con un pasado xeolóxico similar, de orixe e de actividade volcánica, recoñécese entre elas un mesmo ou moi parecido universo vexetal, ben que con notables diferencias debido as extraordinarias distancias de latitude e lonxitude.






Cabo Verde, ao sur e ao pè da costá africana, representa a Macaronesia seca e subdesértica; as Azores, ao norte e no medio do mar, a Macaronesia verde e vizosa. Acèptase dentro da rexión a unha ampla liña de territorios costeiros continentales que comparten un mesmo espacio botánico: Da Serra Da Grazalema, no suroeste peninsular ibérico, pasando polo Cabo Guir, a 30 Km. de Agadir e chegando mesmo a costa de Senegal. Pero non se adoita incluir entre os territorios costeiros da Macaronesia á Serra da Capelada. E deberían.






Nos últimos dez anos publicáronse algúns traballos científicos sobre da Serra da Capelada que así o dan a entender. Sobranceiramnete o estudo sobre os felgos (pteridoflora) que os profesores da Universidade de Santiago Luis G. Quintanilla, Javier Amigo, Emilia Pando e Santiago Pajarón publicaron no Nº 23 da na revista Lazaroa no ano 2002, e titulado " Analisis biogeográfico de la pteridoflora de la sierra de la Capelada".



Nel, os autores advirten da importancia da Serra da Capelada xa dende o resumo de cabeceira "A las excepcionales características biogeográficas de esta sierra se une la relevancia de algunas de sus poblaciones, como la única ibérica de Hymenophyllum wilsonii o las más septentrionales en la distribución mundial de Culcita macrocarpa, Cystopteris diaphana, Davallia canariensis, Dryopteris guanchica, Stegnogramma pozoi y Woodwardia radicans."




Destacando máis adiante: "De la sierra de la Capelada proceden las últimas novedades para la pteridoflora gallega, Hymenophyllum wilsonii y Stegnogramma pozoi, y otras citas de pteridófitos que no son nuevos para la región pero sí muy escasos en ella, como Culcita macrocarpa, Huperzia selago subsp. selago, Hymenophyllum tunbrigense, Trichomanes speciosum y Thelypteris palustris. Muchos de estos pteridófitos de la Capelada están amenazados a escala mundial por su carácter relicto."



Culcita macrocarpa: esporanxios, frondes e plano xeral; ao pé do rego Forte, amenazada pola presencia prósima de eucalitos...en canto os tumben...



Riqueza felgosa da Capelada en calidade e cantidade:"La sierra de la Capelada reúne 34 especies y subespecies de pteridófitos, cifra que representa la mayor pteridoflora documentada en Galicia, superando a la sierra de los Ancares (Lugo-León, 33 especies y subespecies según SILVA PANDO, 1994) y a las Fragas do Eume (A Coruña, 28 según QUINTANILLA & AMIGO, 1999)".





Para encadrar a rexión bioxeográfica correspondente, estudian "...la similitud entre la pteridoflora de la sierra de la Capelada y las de las regiones Mediterránea, Macaronésica y Eurosiberiana." ...encontrando sen nengún xénero de dudas que " La máxima afinidad se da con la región Macaronésica lo cual, de los territorios estudiados en el entorno ibérico, sólo se repite en el macizo marroquí del Gurugú".





Wooodwardia radicans, relicto subtropical terciario.


Por que nin tan siquiera o resto da Cornisa cantábrica, de clara adscripción mediterránea, posúe esta personalidade, xa incuestionablemente macaronésica"Este resultado convierte la sierra de la Capelada en un territorio peculiar dentro de la unidad Cornisa Cantábrica donde la máxima similitud se da con la región mediterránea".




Davallia canariensis, detalle da fronda.

... "en la sierra de la Capelada predominan las especies terciarias (64%) sobre las cuaternarias (36%). Entre las primeras destacan las heterocóricas, es decir, las de amplia distribución por todo el mundo, y las relictas macaronésicas, restos de la flora tropical que cubría tierras perimediterráneas en el Terciario actualmente relegados a Macaronesia, litoral atlántico europeo y algunas localidades mediterráneas". Velaí o noso pasado tropical presente en algunhas especies de felgos que dende hai millós de anos viven entre nós. Esta presencia botánica subtropical, viva ao día de hoxe, confirenos unha personalidade botánica orixinalísima e única que debemos coñecer e da que podemos presumir.



Davallia canariensis sobre un ameneiro, na illa do Río Mera.


Rematamos neste punto entresacando esta outra cita: "En la sierra de la Capelada están las poblaciones más septentrionales del área global de Culcita macrocarpa, Cystopteris diaphana, Davallia canariensis, Dryopteris guanchica, Stegnogramma pozoi y Woodwardia radicans, todos ellos relictos macaronésicos, excepto S. pozoi, de tipo subtropical".



Davallia canariensis, na Illa do Río Mera: xa non existe foi segada no desbroce anual da illa..



Entendo eu: os felgos da Capelada son de adscripción macaronésica, xa que logo os felgos macaronésicos teñen o seu límite norte mundial na Serra da Capelada onde aínda hoxe sobrevive a presencia dunha flora subtropical da Era Terciaria: a Macaronesia perdida .
Compre urxentemente gardala. A Vida Salvaxe pasa arestora días escuros e moi incertos. Logo de resistiren durante millós de anos o decurso de glaciacións e cataclismos están agora pendientes dun fío: o da fouce.
O caso da sega da Davallia canariensis na Illa do Río Mera, unha perda irreparable, é a proba do que está a pasar: segada, seguramente sen querer, por non saber. A inocente e perigosa iñorancia.


Montaxe dixital, " Xente no Rego Forte"
ENLACES

Para saber máis da Macaronesia, un artigo sinxelo e moi asequible
http://elguanche.net/macaronesiav2003.htm


Para ler o texto orixinal e completo de Quintanilla, Amigo, Pangua e Pajarón

http://www.google.es/search?hl=gl&q=sierra+de+la+capelada+macaronesia&meta=

6 comentarios:

  1. Non sabes como che agradezo que me mostres esas maravillas da Capelada.As serpentinas mesmo semellan sair da túa cabeciña sempre tan creativa.Non poido crer que non soupera delas.
    ¡Estou encantada! GRACIÑAS.
    Loli.

    ResponderEliminar
  2. Loliña, un placer conocer que andas de paseo polo Noroeste do Noroeste...por saber ninguén sabe nada...coma moito imos suprimindo iñorancias...paréceme.
    ... ¡ qué sorriso esas graciñas maiúsculas!
    Saúde e sorte.

    ResponderEliminar
  3. hola calel parece ser que a serra da capelada está proposta para lugar de interés xeolóxico(geosites-lig) pola unesco¿ti sabes se hai algunha normativa de protección?

    ResponderEliminar
  4. A zona de costa considerase Reserva Integral, a Serra da Capelada e LIC ( Lugar de Interés Comunitario), pero estamos fartos de ver agresións medioambientais en territorios protexidos...moitas veces auspiciados polas mesmas autoridades...a Pista do Limo un exemplo.

    ResponderEliminar
  5. Moi interesante, gracias pola excelente entrada. Saúde.
    Xisbe

    ResponderEliminar
  6. Obrigado a tí por andar polo Noroeste e polas túas verbas... a título informativo: esta entrada é a máis visitada e a máis valorada polos visitantes, neste ultimo mes tivo máis lecturas ca as novas que fun publicando...
    Saúdos.

    ResponderEliminar