
Comedores de plantas todos eles representan para a agricultura un perigo potencial que os ten no punto de mira dos plaguicidas. Máis coñecidas pola famosa fábula, (que as fai aparecer como prototipo dos cantores folgazáns enfrontadas a laboriosidade das formigas), que por telas visto algunha vez, é frecuente que nen o canto de vrao dos machos sexa identificado con elas.
Tampouco identificamos coas cigarriñas certas escumas pegañentas que vemos por veces nos nosos paseos polo monte e deberíamos de saber que dentro de cada escuma hai uhna larva de cigarriña refacéndosese. Son as chamadas cigarriñas escumadoras. Na miña vida se me ocurreu fozar nunha delas para ver quen andaba a se mudar. Así es que todo o que sei delas é polos libros.
¿ Para qué molestalas?.

A máis abondosa de todas as cigarriñas, é Cicadella viridis, un fermoso e diminuto bichiño de cor azul que aparece, tal unha turquesa mínima, de cotío por case que todos os campeiros e prados do noroeste do Noroeste. Inqueda e brincadora, abonda con moverse un pouco para que ela xa se mova tamén.

Moi fácil de dar con ela xa que por veces é abondosísima. Nos prados de Lamas, en San Sadurniño, ao pé das ribeiras do Río Xubia, vinas a miles, tantas que cada vez que movía o pé saltaban por ducias. Debeu ser unha anada especial, pois tal cousa nunca volvín a ver. Espectáculo natural imposible noutras zonas da península onde vai rareándose según baixamos ao sur e o leste.

Tachycixius venustulus é uhna lindísima e diminutísima cigarrica que a simple vista non deixa ver a beleza dourada que orla as súas ás. Menos mal que nos queda a fotografía dixital. Relativamente abundante, é máis confiada ca outras conxéneres, cando menos pola experiencia que fun tendo con elas.


No xénero aprophora fáiseme imposible diferenciar cada uhna das súas especies. Quedan acó estas dúas individuas que a seguir veñen para que vos fagades uhna idea das mesmas. Ben sabedes que o obxetivo deste bló e dar uhna idea aprosimada da enorme riqueza en biodiversidade da nosa terruca máis que facer un exercicio de determiñación riguroso.


Cercopis é xenero fácil de recoñecer pero non tan fácil de determiñar. Fácil por que adoitan ser negros con puntos ou manchas vermellas. Difícil por que entre os individuos dunha mesma especie as manchas varían dun ao outro. Os exemplares que van a continuación son da especie Cercopis intermedia, recoñecible por ter as articulaciós asemesmo vermellas, característica que os diferencia doutras cercopis, de vulnerata por exemplo. Comúns e abondosas. Coma todas as cigarriñas sofren depredación por parte de arañas e himenópteros.


.jpg)

A búsqueda de datos e información foi inmediata. O aspecto era de auchenorrincha, (vaia era polo que apoñía), e así rebusquei en todas as páxinas de insectos que teño rexistradas en "favoritos" ata que dei con ela e poiden extraer informaciós suficientes para encher a miña curiosidade.


A mandare.



















