A Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega recente vén de rematar os traballos que durante catro anos (a maldita pandemia polo medio) encararou por ver de ser quen de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os páxaros presentes ou citados en Galicia e en España.
Labor léxica imprescindible en calquera lingua que pretenda encarar o seu futuro cuns fundamentos de seu, sólidos e alicerzados, que ofrezan ás novas xeneracións -de xornalistas, estudantes, naturalistas, etc- un referente serio, meditado, comparado e científico (tanto dende un punto de vista lingüístico coma ornitolóxico) que lles permita a utilización dunhas referencias denominativas que as fornezan dunha ferramenta de unidade e cohesión nos eidos léxicos naturalistas, que ao estar estes cada día máis presentes na vida social, fana imprescindible por inevitable; sen que se pretenda eliminar, ben ao contrario, a fabulosa e rica variedade léxica da nosa lingua, tesouro que esta Comisión de Ornitonimia -cónstame- estima e valora como se debe. A ver se me entendes.
Por ver de conquerir os seus obxectivos a Real Academia da Lingua conformou unha comisión na que estivesen presentes tanto eminencias lingüísticas de primeiro orde, Antón Santamarina, Dolores Sánchez Palomino, Manolo González, Marilar Aleixandre, Fernando Álvarez Balbuena, Francisco Fernández Rei e durante un tempo Víctor Fresco Barbeito canto expertos ornitólogos de recoñecida e contrastada experiencia, en plumas e palabras: Xosé Manuel Penas Patiño, Damián Romay Cousido, Serafín González Prieto, Silverio Cerradelo, Suso Taboada Martínez e durante un tempo Miguel Anxo Conde Teira. Mergullado entre tanto sabio este aprendiz e servidor de todos, divulgador naturalista, mantedor do blogue Ao noroeste do Noroeste, que se sinteu e sinte moi honrado por ter sido convidado a formar parte dese ilusionante e laborioso proxecto. Na hora podo dicir que senón outros méritos, si cumplín coa palabra empeñada a Penas Patiño e Manolo González o día que me chamaron: non calar. Que me escusen, prego.
Non tardaremos moito en poder ter nas nosas maos a edición impresa, comentada, explicada e abondosa en excelente información gráfica, desta lista unificada estándar que agora e acó se presenta e se adianta coa aquiescencia, que agradecemos, da Comisión de Ornitonimia. De seguro esta edición impresa da Real Academia Galega vai ser un referente, un antes e despois, na nomenclatura en galego de aves e páxaros.
O naturalismo galego nesta hora do 1º aniversario do Día do Naturalismo ten na consecución e publicación deste listado estándar de nomes galegos de aves e páxaros, un motivo de satisfacción e esperanza. Satisfacción por ver como doutra volta o naturalismo, fai e se fai cultura; e esperanza por saber que Galicia, con voz e palabra propia, contra agoreiros e desesperanzados, camiña e avanza coa fronte alta sabéndose posuída dunha moderna lingua histórica de seu que encara orgullosa e segura de si os porvires futuros.
Viva Galicia!! Viva o Galego!! Morra o Pecado!!
Miñas donas, meus señores, miña ben querida e pouca xente velaí vos vai, porque ben a merecedes e saberedes apreciala, esta lista unificada de aves e páxaros de Galicia e España. Un logro cultural de primeiro orde que a este servidor o fai reverter de ledicia ao podérvola adiantar, dende o noroeste do Noroeste, hoxe 9 de marzo, efeméride do natalicio de Martín Sarmiento, na honra de quen este ano do 2024 celebramos o1º aniversario do Día do Naturalismo Galego.
Que cumpla moitos máis e vostedes os gocen.
Lista unificada e estándar dos nomes galegos para as aves de Galicia e de España
Elaborada pola Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega
(Inclúense as de aparicición ocasional e as asilvestradas procedentes de cativerio)
Nome galego Nome científico Familia
abellaruco europeo |
Merops apiaster |
Meropidae |
abellaruco persa |
Merops persicus |
Meropidae |
abelleiro europeo |
Pernis apivorus |
Accipitridae |
abetouro bruón |
Botaurus stellaris |
Ardeidae |
abetouro norteamericano |
Botaurus lentiginosus |
Ardeidae |
agatuñadeira eurasiática |
Sitta europaea |
Sittidae |
aguia calzada |
Hieraaetus pennatus |
Accipitridae |
aguia esteparia |
Aquila nipalensis |
Accipitridae |
aguia imperial ibérica |
Aquila adalberti |
Accipitridae |
aguia imperial oriental |
Aquila heliaca |
Accipitridae |
aguia manchada |
Clanga clanga |
Accipitridae |
aguia perdigueira |
Aquila fasciata |
Accipitridae |
aguia pescadora |
Pandion haliaetus |
Pandionidae |
aguia pintada |
Terathopius ecaudatus |
Accipitridae |
aguia pomarina |
Clanga pomarina |
Accipitridae |
aguia real |
Aquila chrysaetos |
Accipitridae |
albatros bicopintado atlántico |
Thalassarche chlororhynchos |
Diomedeidae |
albatros olleirudo |
Thalassarche melanophris |
Diomedeidae |
anduriña común |
Hirundo rustica |
Hirundinidae |
anduriña das barreiras |
Riparia riparia |
Hirundinidae |
anduriña dáurica |
Cecropis daurica |
Hirundinidae |
anduriña de cu branco |
Delichon urbicum |
Hirundinidae |
anduriña de testa branca |
Petrochelidon pyrrhonota |
Hirundinidae |
anduriña dos penedos |
Ptyonoprogne rupestris |
Hirundinidae |
Nome galego Nome científico Familia
anduriña fulva |
Petrochelidon fulva |
Hirundinidae |
anduriñón real |
Tachymarptis melba |
Apodidae |
araíño atlántico |
Alle alle |
Alcidae |
arao carolo |
Alca torda |
Alcidae |
arao de ás brancas / arao de alas brancas |
Cepphus grylle |
Alcidae |
arao dos cons |
Uria aalge |
Alcidae |
arao papagaio |
Fratercula arctica |
Alcidae |
aratinga de cabeza negra |
Aratinga nenday |
Psittacidae |
aratinga de testa azul |
Thectocercus acuticaudatus |
Psittacidae |
arcea da fraga |
Scolopax rusticola |
Scolopacidae |
arceúcha das brañas |
Gallinago gallinago |
Scolopacidae |
arceúcha de Wilson |
Gallinago delicata |
Scolopacidae |
arceúcha real |
Gallinago media |
Scolopacidae |
arceúcha xorda |
Lymnocryptes minimus |
Scolopacidae |
asubión americano |
Mareca americana |
Anatidae |
asubión común |
Mareca penelope |
Anatidae |
atobá de pés vermellos |
Sula sula |
Sulidae |
atobá grande |
Sula dactylatra |
Sulidae |
atobá pardo |
Sula leucogaster |
Sulidae |
ave do crocodilo |
Pluvianus aegyptius |
Pluvianidae |
avefría choromica |
Vanellus vanellus |
Charadriidae |
avefría de rabo branco |
Vanellus leucurus |
Charadriidae |
avefría sociable / avefría sociábel |
Vanellus gregarius |
Charadriidae |
avelaiona da fraga |
Strix aluco |
Strigidae |
avetarda grande |
Otis tarda |
Otididae |
avoceta común |
Recurvirostra avosetta |
Recurvirostridae |
azor boreal |
Accipiter gentilis |
Accipitridae |
Nome galego Nome científico Familia
azulenta alpina |
Prunella collaris |
Prunellidae |
azulenta común |
Prunella modularis |
Prunellidae |
bacurau norteamericano |
Chordeiles minor |
Caprimulgidae |
bengalí vermello |
Amandava amandava |
Estrildidae |
bico de lacre de fazulas laranxa |
Estrilda melpoda |
Estrildidae |
bico de lacre de rabo negro |
Estrilda troglodytes |
Estrildidae |
bico de lacre ondulado |
Estrilda astrild |
Estrildidae |
bicogroso europeo |
Coccothraustes coccothraustes |
Fringillidae |
bilurico común |
Tringa totanus |
Scolopacidae |
bilurico das rochas |
Actitis hypoleucos |
Scolopacidae |
bilurico de ás negras / bilurico de alas negras |
Tringa ochropus |
Scolopacidae |
bilurico escuro |
Tringa erythropus |
Scolopacidae |
bilurico fino |
Tringa stagnatillis |
Scolopacidae |
bilurico maculado |
Actitis macularius |
Scolopacidae |
bilurico manchado |
Tringa glareola |
Scolopacidae |
bilurico patiamarelo grande |
Tringa melanoleuca |
Scolopacidae |
bilurico patiamarelo pequeno |
Tringa flavipes |
Scolopacidae |
bilurico pativerde |
Tringa nebularia |
Scolopacidae |
bilurico solitario |
Tringa solitaria |
Scolopacidae |
bispo de coroa amarela |
Euplectes afer |
Estrildidae |
bubela eurasiática |
Upupa epops |
Upupidae |
bufo das neves |
Bubo scandiacus |
Strigidae |
bufo das xunqueiras |
Asio flammeus |
Strigidae |
bufo do deserto |
Bubo ascalaphus |
Strigidae |
bufo mouro |
Asio capensis |
Strigidae |
bufo pequeno |
Asio otus |
Strigidae |
bufo real |
Bubo bubo |
Strigidae |
Nome galego Nome científico Familia
bulbul cafre |
Pycnonotus cafer |
Pycnonotidae |
bulbul común |
Pycnonotus barbatus |
Pycnonotidae |
bulbul de fazulas vermellas |
Pycnonotus jocosus |
Pycnonotidae |
buxato calzado |
Buteo lagopus |
Accipitridae |
buxato común |
Buteo buteo |
Accipitridae |
buxato mouro |
Buteo rufinus |
Accipitridae |
calandra bimaculada |
Melanocorypha bimaculata |
Alaudidae |
calandra cornuda |
Eremophila alpestris |
Alaudidae |
calandra das dunas |
Ammomanes cinctura |
Alaudidae |
calandra de bico curvo |
Alaemon alaudipes |
Alaudidae |
calandra de Dupont |
Chersophilus duponti |
Alaudidae |
calandra real |
Melanocorypha calandra |
Alaudidae |
calandriña dos esteiros |
Alaudala rufescens |
Alaudidae |
calandriña paleártica |
Calandrella brachydactyla |
Alaudidae |
camón americano |
Porphyrio martinicus |
Rallidae |
camón de Allen |
Porphyrio alleni |
Rallidae |
camón mediterráneo |
Porphyrio porphyrio |
Rallidae |
canario |
Serinus canaria |
Fringillidae |
cardeal europeo |
Pyrrhula pyrrhula |
Fringillidae |
carrán ártico |
Sterna paradisaea |
Laridae |
carrán bengalés |
Thalasseus bengalensis |
Laridae |
carrán común |
Sterna hirundo |
Laridae |
carrán cristado |
Thalasseus sandvicensis |
Laridae |
carrán de bico curto |
Gelochelidon nilotica |
Laridae |
carrán de dorso castaño |
Onychoprion anaethetus |
Laridae |
carrán de Forster |
Sterna forsteri |
Laridae |
carrán do Caspio |
Hydroprogne caspia |
Laridae |
carrán elegante |
Thalasseus elegans |
Laridae |
carrán escuro |
Onychoprion fuscatus |
Laridae |
carrán real americano |
Thalasseus maximus |
Laridae |
Nome galego Nome científico Familia
carrán rosado |
Sterna dougallii |
Laridae |
carranciño antillano |
Sternula antillarum |
Laridae |
carranciño común |
Sternula albifrons |
Laridae |
carriza dos xuncos |
Cisticola juncidis |
Cisticolidae |
carriza eurasiática |
Troglodytes troglodytes |
Troglodytidae |
catorra arxentina |
Myiopsitta monachus |
Psittacidae |
catorra de Kramer |
Psittacula krameri |
Psittacidae |
cegoña branca |
Ciconia ciconia |
Ciconiidae |
cegoña negra |
Ciconia nigra |
Ciconiidae |
cegoñela común |
Himantopus himantopus |
Recurvirostridae |
cerceta albela |
Spatula querquedula |
Anatidae |
cerceta americana |
Anas carolinensis |
Anatidae |
cerceta colorada |
Spatula cyanoptera |
Anatidae |
cerceta de ás azuis / cerceta de alas azuis |
Spatula discors |
Anatidae |
cerceta eurasiática |
Anas crecca |
Anatidae |
cerceta fermosa |
Sibirionetta formosa |
Anatidae |
cerceta pedresa |
Marmaronetta angustirostris |
Anatidae |
cetia das ribeiras |
Cettia cetti |
Cettiidae |
charrela cinsenta / charrela cincenta |
Perdix perdix |
Phasianidae |
chasco canario |
Saxicola dacotiae |
Muscicapidae |
chasco do norte |
Saxicola rubetra |
Muscicapidae |
chasco europeo |
Saxicola rubicola |
Muscicapidae |
chasco siberiano |
Saxicola maurus |
Muscicapidae |
chincharraíz |
Emberiza calandra |
Emberizidae |
choia de bico amarelo |
Pyrrhocorax graculus |
Corvidae |
choia de bico vermello |
Pyrrhocorax pyrrhocorax |
Corvidae |
cirrio cafre |
Apus caffer |
Apodidae |
cirrio das chemineas |
Chaetura pelagica |
Apodidae |
cirrio eurasiático |
Apus apus |
Apodidae |
Nome galego Nome científico Familia
cirrio pálido |
Apus pallidus |
Apodidae |
cirrio pequeno |
Apus affinis |
Apodidae |
cirrio unicolor |
Apus unicolor |
Apodidae |
cisne bravo |
Cygnus cygnus |
Anatidae |
cisne mudo |
Cygnus olor |
Anatidae |
cisne negro |
Cygnus atratus |
Anatidae |
cisne pequeno |
Cygnus columbianus |
Anatidae |
cobreira europea |
Circaetus gallicus |
Accipitride |
combatente |
Calidris pugnax |
Scolopacidae |
corredor sahariano |
Cursorius cursor |
Glareolidae |
corrupión de Baltimore |
Icterus galbula |
Icteridae |
corvo carnazal |
Corvus corax |
Corvidae |
corvo cinsento / corvo cincento |
Corvus cornix |
Corvidae |
corvo do deserto |
Corvus ruficollis |
Corvidae |
corvo pego |
Corvus albus |
Corvidae |
corvo viaraz |
Corvus corone |
Corvidae |
corvo mariño africano |
Microcarbo africanus |
Phalacrocoracidae |
corvo mariño cristado |
Gulosus aristotelis |
Phalacrocoracidae |
corvo mariño de orellas |
Nannopterum auritum |
Phalacrocoracidae |
corvo mariño grande |
Phalacrocorax carbo |
Phalacrocoracidae |
corvo mariño pequeno |
Microcarbo pygmaeus |
Phalacrocoracidae |
cotovía cristada |
Galerida cristata |
Alaudidae |
cotovía escura |
Galerida theklae |
Alaudidae |
cotovía pequena |
Lullula arborea |
Alaudidae |
cruzabico boreal |
Loxia curvirostra |
Fringillidae |
cuco cinsento / cuco cincento |
Cuculus canorus |
Cuculidae |
cuco grallo |
Clamator glandarius |
Cuculidae |
cullereiro africano |
Platalea alba |
Threskiornithidae |
cullereiro común |
Platalea leucorodia |
Threskiornithidae |
Nome galego Nome científico Familia
cullerete boreal |
Spatula clypeata |
Anatidae |
curuxa común |
Tyto alba |
Tytonidae |
éider común |
Somateria mollissima |
Anatidae |
éider real |
Somateria spectabilis |
Anatidae |
escribidor amarelo |
Emberiza citrinella |
Emberizidae |
escribidor aureolado |
Emberiza aureola |
Emberizidae |
escribidor da Laponia |
Calcarius lapponicus |
Calcariidae |
escribidor das canaveiras |
Emberiza schoeniclus |
Emberizidae |
escribidor das hortas |
Emberiza hortulana |
Emberizidae |
escribidor das neves |
Plectrophenax nivalis |
Calcariidae |
escribidor de Brandt |
Emberiza cioides |
Emberizidae |
escribidor de cabeza negra |
Emberiza melanocephala |
Emberizidae |
escribidor de cabeza rubia |
Emberiza bruniceps |
Emberizidae |
escribidor de capuz |
Emberiza caesia |
Emberizidae |
escribidor de coroa branca |
Emberiza leucocephalos |
Emberizidae |
escribidor de papo negro |
Emberiza cirlus |
Emberizidae |
escribidor mascarado |
Emberiza spodocephala |
Emberizidae |
escribidor pequeno |
Emberiza pusilla |
Emberizidae |
escribidor riscado |
Emberiza cia |
Emberizidae |
escribidor rústico |
Emberiza rustica |
Emberizidae |
escribidor sahariano |
Emberiza sahari |
Emberizidae |
esmerillón |
Falco columbarius |
Falconidae |
estorniño negro |
Sturnus unicolor |
Sturnidae |
estorniño pinto |
Sturnus vulgaris |
Sturnidae |
estorniño rosado |
Pastor roseus |
Sturnidae |
estreliña dos piñeiros |
Regulus regulus |
Regulidae |
estreliña riscada |
Regulus ignicapilla |
Regulidae |
faisán de colar |
Phasianus colchicus |
Phasianidae |
Nome galego Nome científico Familia
falaropo de bico fino |
Phalaropus lobatus |
Scolopacidae |
falaropo de bico groso |
Phalaropus fulicarius |
Scolopacidae |
falaropo de Wilson |
Phalaropus tricolor |
Scolopacidae |
falcón borní |
Falco biarmicus |
Falconidae |
falcón de Eleonora |
Falco eleonorae |
Falconidae |
falcón do Amur |
Falco amurensis |
Falconidae |
falcón pequeno |
Falco subbuteo |
Falconidae |
falcón peregrino |
Falco peregrinus |
Falconidae |
falcón sacre |
Falco cherrug |
Falconidae |
falcón vespertino |
Falco vespertinus |
Falconidae |
falcón xerifalte |
Falco rusticolus |
Falconidae |
ferreiriño africano |
Cyanistes teneriffae |
Paridae |
ferreiriño azul |
Cyanistes caeruleus |
Paridae |
ferreiriño cristado |
Lophophanes cristatus |
Paridae |
ferreiriño dos piñeiros |
Periparus ater |
Paridae |
ferreiriño palustre |
Poecile palustris |
Paridae |
ferreiro real |
Parus major |
Paridae |
flamengo pequeno |
Phoeniconaias minor |
Phoenicopteridae |
flamengo rosado |
Phoenicopterus roseus |
Phoenicopteridae |
folosa acuática |
Acrocephalus paludicola |
Acrocephalidae |
folosa agrícola |
Acrocephalus agricola |
Acrocephalidae |
folosa bérber |
Iduna opaca |
Acrocephalidae |
folosa calzada |
Iduna caligata |
Acrocephalidae |
folosa das canaveiras |
Acrocephalus scirpaceus |
Acrocephalidae |
folosa de Blyth |
Acrocephalus dumetorum |
Acrocephalidae |
folosa dos xuncos |
Acrocephalus schoenobaenus |
Acrocephalidae |
folosa grande |
Acrocephalus arundinaceus |
Acrocephalidae |
folosa icterina |
Hippolais icterina |
Acrocephalidae |
folosa manchada |
Locustella naevia |
Locustellidae |
folosa pálida |
Iduna pallida |
Acrocephalidae |
Nome galego Nome científico Familia
folosa palustre |
Acrocephalus palustris |
Acrocephalidae |
folosa políglota |
Hippolais polyglota |
Acrocephalidae |
folosa real |
Acrocephalus melanopogon |
Acrocephalidae |
folosa rubia |
Locustella luscinioides |
Locustellidae |
freira antillana |
Pterodroma hasitata |
Procellaridae |
freira da Madeira |
Pterodroma madeira |
Procellaridae |
freira da Trindade |
Pterodroma arminjoniana |
Procellaridae |
freira das Desertas |
Pterodroma deserta |
Procellaridae |
freira de ás grandes / freira de alas grandes |
Pterodroma macroptera |
Procellaridae |
freira gon-gon |
Pterodroma feae |
Procellaridae |
fulmar boreal |
Fulmarus glacialis |
Procellariidae |
furabuchos atlántico |
Puffinus puffinus |
Procellaridae |
furabuchos balear |
Puffinus mauretanicus |
Procellaridae |
furabuchos caboverdiano |
Puffinus boydi |
Procellaridae |
furabuchos macaronesio |
Puffinus baroli |
Procellaridae |
furabuchos mediterráneo |
Puffinus yelkouan |
Procellaridae |
fuselo de rabo negro |
Limosa limosa |
Scolopacidae |
fuselo de rabo pinto |
Limosa lapponica |
Scolopacidae |
gabeador vermello |
Tichodroma muraria |
Tichodromidae |
gabián eurasiático |
Accipiter nisus |
Accipitridae |
gabián tesoira |
Elanoides forficatus |
Accipitridae |
gaio eurasiático |
Garrulus glandarius |
Corvidae |
gaivina de ás brancas / gaivina de alas brancas |
Chlidonias leucopterus |
Laridae |
gaivina de cara branca |
Chlidonias hybrida |
Laridae |
gaivina negra |
Chlidonias niger |
Laridae |
Nome galego Nome científico Familia
gaivota alegre |
Leucophaeus atricilla |
Laridae |
gaivota arxéntea americana |
Larus smithsonianus |
Laridae |
gaivota arxéntea europea |
Larus argentatus |
Laridae |
gaivota cana |
Larus canus |
Laridae |
gaivota chorona |
Chroicocephalus ridibundus |
Laridae |
gaivota das pradarías |
Leucophaeus pipixcan |
Laridae |
gaivota de Audouin |
Ichthyaetus audouinii |
Laridae |
gaivota de Bering |
Larus glaucescens |
Laridae |
gaivota de bico fino |
Chroicocephalus genei |
Laridae |
gaivota de bico riscado |
Larus delawarensis |
Laridae |
gaivota de Bonaparte |
Chroicocephalus philadelphia |
Laridae |
gaivota de cabeza cinsenta / gaivota de cabeza cincenta |
Chroicocephalus cirrocephalus |
Laridae |
gaivota de cabeza negra |
Ichthyaetus melanocephalus |
Laridae |
gaivota de Sabine |
Xema sabini |
Laridae |
gaivota do Caspio |
Larus cachinnans |
Laridae |
gaivota dominicana |
Larus dominicanus |
Laridae |
gaivota escura |
Larus fuscus |
Laridae |
gaivota patiamarela |
Larus michahellis |
Laridae |
gaivota pequena |
Hydrocoloeus minutus |
Laridae |
gaivota polar |
Larus glaucoides |
Laridae |
gaivota rosada |
Rhodostethia rosea |
Laridae |
gaivotón atlántico |
Larus marinus |
Laridae |
gaivotón de cabeza negra |
Ichthyaetus ichthyaetus |
Laridae |
gaivotón hiperbóreo |
Larus hyperboreus |
Laridae |
galguiñeira común |
Ixobrychus minutus |
Ardeidae |
galguiñeira de Sturm |
Ixobrychus sturmi |
Ardeidae |
galiña das abeleiras |
Bonasa bonasia (=Tetrastes bonasia) |
Phasianidae |
galiña de auga común |
Gallinula chloropus |
Rallidae |
galiña de auga miúda |
Paragallinula angulata |
Rallidae |
Nome galego Nome científico Familia
galo de auga americano |
Fulica americana |
Rallidae |
galo de auga común |
Fulica atra |
Rallidae |
galo de auga cristado |
Fulica cristata |
Rallidae |
ganga das estepas |
Syrrhaptes paradoxus |
Pteroclidae |
ganga de barriga branca |
Pterocles alchata |
Pteroclidae |
ganga de barriga negra |
Pterocles orientalis |
Pteroclidae |
ganso bravo |
Anser anser |
Anatidae |
ganso campestre |
Anser fabalis |
Anatidae |
ganso da tundra |
Anser serrirostris |
Anatidae |
ganso das neves |
Anser caerulescens |
Anatidae |
ganso de bico curto |
Anser brachyrhynchus |
Anatidae |
ganso de cabeza listada |
Anser indicus |
Anatidae |
ganso de cara branca |
Branta leucopsis |
Anatidae |
ganso de cara negra |
Branta bernicla |
Anatidae |
ganso de Exipto |
Alopochen aegyptiaca |
Anatidae |
ganso de Hutchins |
Branta hutchinsii |
Anatidae |
ganso de papo rubio |
Branta ruficollis |
Anatidae |
ganso de testa branca |
Anser albifrons |
Anatidae |
ganso do Canadá |
Branta canadensis |
Anatidae |
ganso pequeno |
Anser erythropus |
Anatidae |
garza azulada |
Ardea herodias |
Ardeidae |
garza boieira occidental |
Bubulcus ibis |
A rdeidae |
garza branca grande |
Ardea alba |
Ardeidae |
garza branca pequena |
Egretta garzetta |
Ardeidae |
garza caranguexeira / garza cangrexeira |
Ardeola ralloides |
Ardeidae |
garza dos arrecifes |
Egretta gularis |
Ardeidae |
garza noiteira común |
Nycticorax nycticorax |
Ardeidae |
Nome galego Nome científico Familia
garza real |
Ardea cinerea |
Ardeidae |
garza tricolor |
Egretta tricolor |
Ardeidae |
garza vermella |
Ardea purpurea |
Ardeidae |
gatafornela |
Circus cyaneus |
Accipitridae |
gralla calva |
Corvus frugilegus |
Corvidae |
gralla pequena |
Corvus monedula |
Corvidae |
grou americano |
Antigone canadensis |
Gruidae |
grou eurasiático |
Grus grus |
Gruidae |
grou pequeno |
Anthropoides virgo |
Gruidae |
havelda |
Clangula hyemalis |
Anatidae |
hubara moura |
Chlamydotis undulata |
Otididae |
ibis eremita |
Geronticus eremita |
Threskiornithidae |
ibis mouro |
Plegadis falcinellus |
Threskiornithidae |
ibis sagrado |
Threskiornis aethiopicus |
Threskiornithidae |
ireré caneleiro |
Dendrocygna bicolor |
Anatidae |
ireré viúvo |
Dendrocygna viduata |
Anatidae |
lagarteiro das torres |
Falco naumanni |
Falconidae |
lagarteiro eurasiático |
Falco tinnunculus |
Falconidae |
lagópodo cinsento lagópodo cincento |
Lagopus muta |
Phasianidae |
lampareiro canario (extinto) |
Haematopus meadewaldoi |
Haematopodidae |
lampareiro eurasiático |
Haematopus ostralegus |
Haematopodidae |
lavanco escuro |
Anas rubripes |
Anatidae |
lavanco real |
Anas platyrhynchos |
Anatidae |
lavandeira amarela |
Motacilla flava |
Motacillidae |
lavandeira branca |
Motacilla alba |
Motacillidae |
lavandeira citrina |
Motacilla citreola |
Motacillidae |
lavandeira de Bering |
Motacilla tschutschensis |
Motacillidae |
Nome galego Nome científio Familia
lavandeira real |
Motacilla cinerea |
Motacillidae |
laverca dos campos |
Alauda arvensis |
Alaudidae |
leiótrix de bico vermello |
Leiothrix lutea |
Leothrichidae |
liñaceiro alpino |
Acanthis cabaret (=Acanthis flammea cabaret) |
Fringillidae |
liñaceiro de bico amarelo |
Linaria flavirostris |
Fringillidae |
liñaceiro de bico escuro |
Linaria cannabina |
Fringillidae |
liñaceiro de gorxa negra |
Acanthis flammea |
Fringillidae |
marabú africano |
Leptoptilos crumenifer |
Ciconiidae |
mariquiña boreal |
Parkesia noveboracensis |
Parulidae |
mariquiña coroada |
Setophaga coronata |
Parulidae |
mascato boreal |
Morus bassanus |
Sulidae |
mazarico chiador |
Numenius phaeopus |
Scolopacidae |
mazarico cinsento / mazarico cincento |
Limnodromus griseus |
Scolopacidae |
mazarico de bico fino |
Numenius tenuirostris |
Scolopacidae |
mazarico do campo |
Bartramia longicauda |
Scolopacidae |
mazarico escolopáceo |
Limnodromus scolopaceus |
Scolopacidae |
mazarico real |
Numenius arquata |
Scolopacidae |
mazarico subela |
Xenus cinereus |
Scolopacidae |
meloufa |
Neophron percnopterus |
Accipitridae |
mergo capuchino |
Lophodytes cucullatus |
Anatidae |
mergo cristado |
Mergus serrator |
Anatidae |
mergo grande |
Mergus merganser |
Anatidae |
mergo pequeno |
Mergellus albellus |
Anatidae |
mergullete común |
Tachybaptus ruficollis |
Podicipedidae |
mergullete de bico groso |
Podilymbus podiceps |
Podicipedidae |
mergullón cinsento mergullón cincento |
Podiceps grisegena |
Podicipedidae |
mergullón cristado |
Podiceps cristatus |
Podicipedidae |
mergullón de pescozo negro |
Podiceps nigricollis |
Podicipedidae |
mergullón real |
Podiceps auritus |
Podicipedidae |
Nome galego Nome científico Familia
merlo de colar |
Turdus torquatus |
Turdidae |
merlo negro |
Turdus merula |
Turdidae |
merlo rieiro europeo |
Cinclus cinclus |
Cinclidae |
miador cinsento / miador cincento |
Dumetella carolinensis |
Mimidae |
mimo do norte |
Mimus polyglottos |
Mimidae |
merlo de colar |
Turdus torquatus |
Turdidae |
miñato de bico amarelo |
Milvus aegyptius |
Accipitridae |
miñato negro |
Milvus migrans |
Accipitridae |
miñato real |
Milvus milvus |
Accipitridae |
mobella ártica |
Gavia arctica |
Gaviidae |
mobella do Pacífico |
Gavia pacifica |
Gaviidae |
mobella grande |
Gavia immer |
Gaviidae |
mobella pequena |
Gavia stellata |
Gaviidae |
mouchiño eurasiático |
Glaucidium passerinum |
Strigidae |
moucho boreal |
Aegolius funereus |
Strigidae |
moucho de orellas europeo |
Otus scops |
Strigidae |
moucho paleártico |
Athene noctua |
Strigidae |
moucho rabilongo |
Surnia ulula |
Strigidae |
mourelo careto |
Melanitta perspicillata |
Anatidae |
mourelo de bico amarelo |
Melanitta americana |
Anatidae |
mourelo siberiano |
Melanitta stejnegeri |
Anatidae |
mourelo eurasiático |
Melanitta nigra |
Anatidae |
mourelo fusco |
Melanitta fusca |
Anatidae |
noiteboa cinsenta / noiteboa cincenta |
Caprimulgus europaeus |
Caprimulgidae |
noiteboa do deserto |
Caprimulgus aegyptius |
Caprimulgidae |
noiteboa rubia |
Caprimulgus ruficollis |
Caprimulgidae |
ouriolo europeo |
Oriolus oriolus |
Oriolidae |
Nome galego Nome científico Familia
paíño calcamar |
Pelagodroma marina |
Oceanitidae |
paíño da Madeira |
Hydrobates castro |
Hydrobatidae |
paíño de barriga negra |
Fregetta tropica |
Oceanitidae |
paíño de rabo gallado |
Hydrobates leucorhous |
Hydrobatidae |
paíño de Swinhoe |
Hydrobates monorhis |
Hydrobatidae |
paíño de Wilson |
Oceanites oceanicus |
Hydrobatidae |
paíño europeo |
Hydrobates pelagicus |
Hydrobatidae |
palleira de MacCormick |
Stercorarius maccormicki |
Stercorariidae |
palleira grande |
Stercorarius skua |
Stercorariidae |
palleira parasita |
Stercorarius parasiticus |
Stercorariidae |
palleira pomarina |
Stercorarius pomarinus |
Stercorariidae |
palleira rabilonga |
Stercorarius longicaudus |
Stercorariidae |
papaeirugas de ás vermellas / papaeirugas de alas vermellas |
Coccyzus americanus |
Cuculidae |
papamoscas de colar |
Ficedula albicollis |
Muscicapidae |
papamoscas de medio colar |
Ficedula semitorquata |
Muscicapidae |
papamoscas negro |
Ficedula hypoleuca |
Muscicapidae |
papamoscas real |
Ficedula parva |
Muscicapidae |
papavermes azul siberiano |
Larvivora cyane |
Muscicapidae |
papoazul |
Cyanecula svecica (=Luscinia svecica) |
Muscicapidae |
paporrubio |
Erithacus rubecula |
Muscicapidae |
papuxa anana |
Curruca nana |
Sylviidae |
papuxa carrasqueira |
Curruca iberiae |
Sylviidae |
papuxa balear |
Curruca balearica |
Sylviidae |
papuxa cinsenta / papuxa cincenta |
Curruca curruca |
Sylviidae |
papuxa común |
Curruca communis |
Sylviidae |
papuxa das amoras |
Sylvia atricapilla |
Sylviidae |
papuxa das figueiras |
Sylvia borin |
Sylviidae |
papuxa de cabeza negra |
Curruca melanocephala |
Sylviidae |
papuxa de Moltoni |
Curruca subalpina |
Sylviidae |
Nome galego Nome científico Familia
papuxa de Rüppell |
Curruca ruppeli |
Sylviidae |
papuxa do Atlas |
Curruca deserticola |
Sylviidae |
papuxa do deserto |
Curruca deserti |
Sylviidae |
papuxa do mato |
Curruca undata |
Sylviidae |
papuxa gabián |
Curruca nisoria |
Sylviidae |
papuxa real |
Curruca hortensis |
Sylviidae |
papuxa sarda |
Curruca sarda |
Sylviidae |
papuxa tomiñeira |
Curruca conspicillata |
Sylviidae |
pardal alpino |
Montifringilla nivalis |
Passeridae |
pardal común |
Passer domesticus |
Passeridae |
pardal das rochas |
Petronia petronia |
Passeridae |
pardal dourado |
Passer luteus |
Passeridae |
pardal italiano |
Passer italiae |
Passeridae |
pardal montés |
Passer montanus |
Passeridae |
pardal mouro |
Passer hispaniolensis |
Passeridae |
pardela caboverdiana |
Calonectris edwardsii |
Procellariidae |
pardela cinsenta atlántica / pardela cincenta atlántica |
Calonectris borealis (=Calonectris diomedea borealis) |
Procellariidae |
pardela cinsenta mediterránea / pardela cincenta mediterránea |
Calonectris diomedea (=Calonectris diomedea diomedea) |
Procellariidae |
pardela de Bulwer |
Bulweria bulwerii |
Procellariidae |
pardela encapuchada |
Ardenna gravis |
Procellariidae |
pardela escura |
Ardenna grisea |
Procellariidae |
parrulo bóla |
Aythya affinis |
Anatidae |
parrulo boreal |
Aythya marila |
Anatidae |
parrulo castaño |
Aythya nyroca |
Anatidae |
parrulo cristado |
Aythya fuligula |
Anatidae |
parrulo de colar |
Aythya collaris |
Anatidae |
parrulo de ollos dourados |
Bucephala clangula |
Anatidae |
parrulo de touca |
Bucephala albeola |
Anatidae |
Nome galego Nome científico Familia
parrulo eurasiático |
Aythya ferina |
Anatidae |
parrulo islandés |
Bucephala islandica |
Anatidae |
parrulo rubio |
Netta rufina |
Anatidae |
paspallás migrador |
Coturnix coturnix |
Phasianidae |
pato carolino |
Aix sponsa |
Anatidae |
pato cinsento / pato cincento |
Mareca strepera |
Anatidae |
pato falcado |
Mareca falcata |
Anatidae |
pato mandarín |
Aix galericulata |
Anatidae |
pato mudo |
Cairina moschata |
Anatidae |
pato rabilongo |
Anas acuta |
Anatidae |
pedreiro cinsento / pedreiro cincento |
Oenanthe oenanthe |
Muscicapidae |
pedreiro de barrete branco |
Oenanthe leucopyga |
Muscicapidae |
pedreiro do Atlas |
Oenanthe seebohmi |
Muscicapidae |
pedreiro do deserto |
Oenanthe deserti |
Muscicapidae |
pedreiro do levante |
Oenanthe melanoleuca |
Muscicapidae |
pedreiro isabelino |
Oenanthe isabellina |
Muscicapidae |
pedreiro negro |
Oenanthe leucura |
Muscicapidae |
pedreiro rubio |
Oenanthe hispanica |
Muscicapidae |
pega azul ibérica |
Cyanopica cooki |
Corvidae |
pega mourisca |
Pica mauritanica |
Corvidae |
pega rabilonga |
Pica pica |
Corvidae |
pelicano branco grande |
Pelecanus onocrotalus |
Pelicanidae |
pelicano crespo |
Pelecanus crispus |
Pelicanidae |
pelicano rosado |
Pelecanus rufescens |
Pelicanidae |
pendureiro europeo |
Remiz pendulinus |
Remizidae |
peneireiro cinsento / peneireiro cincento |
Elanus caeruleus |
Accipitridae |
perdiz mourisca |
Alectoris barbara |
Phasianidae |
perdiz rubia |
Alectoris rufa |
Phasianidae |
Nome galego Nome científico Familia
perdiz mariña de ás negras / perdiz mariña de alas negras |
Glareola nordmanni |
Glareolidae |
perdiz mariña mediterránea |
Glareola pratincola |
Glareolidae |
pernileiro correbois |
Burhinus oedicnemus |
Burhinidae |
peto mourisco |
Picus vaillantii |
Picidae |
peto negro |
Dryocopus martius |
Picidae |
peto verdeal ibérico |
Picus sharpei |
Picidae |
periquitón de cabeza vermella |
Psittacara erythrogenys |
Psittacidae |
periquitón mitrado |
Psittacara mitratus |
Psittacidae |
petrel pintado |
Daption capense |
Procellariidae |
piacobra boreal |
Geothlypis trichas |
Parulidae |
pica alpina |
Anthus spinoletta |
Motacillidae |
pica campestre |
Anthus campestris |
Motacillidae |
pica correcamiños |
Anthus berthelotii |
Motacillidae |
pica costeira |
Anthus petrosus |
Motacillidae |
pica das árbores |
Anthus trivialis |
Motacillidae |
pica de Blyth |
Anthus godlewskii |
Motacillidae |
pica de gorxa rubia |
Anthus cervinus |
Motacillidae |
pica de Hodgson |
Anthus hodgsoni |
Motacillidae |
pica de Richard |
Anthus richardi |
Motacillidae |
pica dos prados |
Anthus pratensis |
Motacillidae |
pica fouveira |
Anthus rubescens |
Motacillidae |
picafollas asubiador |
Phylloscopus sibilatrix |
Phylloscopidae |
picafollas bilistado |
Phylloscopus inornatus |
Phylloscopidae |
picafollas boreal |
Phylloscopus borealis |
Phylloscopidae |
picafollas canario |
Phylloscopus canariensis |
Phylloscopidae |
picafollas de Hume |
Phylloscopus humei |
Phylloscopidae |
picafollas de Pallas |
Phylloscopus proregulus |
Phylloscopidae |
picafollas de papo branco |
Phylloscopus bonelli |
Phylloscopidae |
picafollas de Radde |
Phylloscopus schwarzi |
Phylloscopidae |
picafollas europeo |
Phylloscopus collybita |
Phylloscopidae |
picafollas fusco |
Phylloscopus fuscatus |
Phylloscopidae |
Nome galego Nome científico Familia
picafollas ibérico |
Phylloscopus ibericus |
Phylloscopidae |
picafollas musical |
Phylloscopus trochilus |
Phylloscopidae |
picafollas verdoso |
Phylloscopus trochiloides |
Phylloscopidae |
picanzo asubiador |
Tchagra senegalus |
Malaconotidae |
picanzo castaño |
Lanius cristatus |
Laniidae |
picanzo de cabeza rubia |
Lanius senator |
Laniidae |
picanzo do norte |
Lanius excubitor |
Laniidae |
picanzo isabelino |
Lanius isabellinus |
Laniidae |
picanzo nubio |
Lanius nubicus |
Laniidae |
picanzo pequeno |
Lanius minor |
Laniidae |
picanzo real |
Lanius meridionalis |
Laniidae |
picanzo vermello |
Lanius collurio |
Laniidae |
picapau de dorso branco |
Dendrocopos leucotos |
Picidae |
picapau grande |
Dendrocopos major |
Picidae |
picapau mediano |
Dendrocoptes medius |
Picidae |
picapau pequeno |
Dryobates minor |
Picidae |
picapeixe cintado |
Megaceryle alcyon |
Alcedinidae |
picapeixe común |
Alcedo atthis |
Alcedinidae |
picoteiro boreal |
Bombycilla garrulus |
Bombycillidae |
pigargo europeo |
Haliaeetus albicilla |
Accipitridae |
píldora cinsenta / píldora cincenta |
Pluvialis squatarola |
Charadriidae |
píldora dourada americana |
Pluvialis dominica |
Charadriidae |
píldora dourada europea |
Pluvialis apricaria |
Charadriidae |
píldora dourada siberiana |
Pluvialis fulva |
Charadriidae |
píllara das dunas |
Charadrius alexandrinus |
Charadriidae |
píllara de dobre colar |
Charadrius vociferus |
Charadriidae |
píllara de Leschenault |
Charadrius leschenaultii |
Charadriidae |
píllara do gando |
Charadrius pecuarius |
Charadriidae |
píllara mongol |
Charadrius mongolus |
Charadriidae |
píllara pequena |
Charadrius dubius |
Charadriidae |
Nome galego Nome científico Familia
píllara real |
Charadrius hiaticula |
Charadriidae |
píllara rubia |
Eudromias morinellus (=Charadrius morinellus) |
Charadriidae |
píllara semipalmada |
Charadrius semipalmatus |
Charadriidae |
pilro acuminado |
Calidris acuminata |
Scolopacidae |
pilro anano |
Calidris minutilla |
Scolopacidae |
pilro canela |
Calidris subruficollis |
Scolopacidae |
pilro común |
Calidris alpina |
Scolopacidae |
pilro de Baird |
Calidris bairdii |
Scolopacidae |
pilro de bico groso |
Calidris falcinellus |
Scolopacidae |
pilro de colete |
Calidris melanotos |
Scolopacidae |
pilro de cu branco |
Calidris fuscicollis |
Scolopacidae |
pilro de Maur |
Calidris mauri |
Scolopacidae |
pilro de pescozo rubio |
Calidris ruficollis |
Scolopacidae |
pilro de Temminck |
Calidris temminckii |
Scolopacidae |
pilro escuro |
Calidris maritima |
Scolopacidae |
pilro ferruxento |
Calidris ferruginea |
Scolopacidae |
pilro grande |
Calidris tenuirostris |
Scolopacidae |
pilro groso |
Calidris canutus |
Scolopacidae |
pilro pequeno |
Calidris minuta |
Scolopacidae |
pilro pernilongo |
Calidris himantopus |
Scolopacidae |
pilro semipalmado |
Calidris pusilla |
Scolopacidae |
pilro tridáctilo |
Calidris alba |
Scolopacidae |
pimpín azul de Gran Canaria |
Fringilla polatzeki |
Fringillidae |
pimpín azul de Tenerife |
Fringilla teydea |
Fringillidae |
pimpín común |
Fringilla coelebs |
Fringillidae |
pimpín do norte |
Fringilla montifringilla |
Fringillidae |
pintada da Guinea |
Numida meleagris |
Numididae |
Nome galego Nome científico Familia
pintarroxo carmín |
Carpodacus erythrinus |
Fringillidae |
pintarroxo caseiro |
Haemorhous mexicanus |
Fringillidae |
pintarroxo do deserto |
Rhodospiza obsoleta |
Fringillidae |
pita do monte |
Tetrao urogallus |
Phasianidae |
poliña americana |
Porzana carolina |
Rallidae |
poliña anana |
Zapornia pusilla |
Rallidae |
poliña miúda |
Zapornia parva |
Rallidae |
poliña pinta |
Porzana porzana |
Rallidae |
poliña raiada |
Amaurornis marginalis |
Rallidae |
pomba dos penedos |
Columba livia |
Columbidae |
pomba seixa |
Columba oenas |
Columbidae |
pombo rabil |
Columba junoniae |
Columbidae |
pombo torcaz |
Columba palumbus |
Columbidae |
pombo turqué |
Columba bollii |
Columbidae |
quebranoces eurasiático |
Nucifraga caryocatactes |
Corvidae |
quebraósos |
Gypaetus barbatus |
Accipitridae |
rabiazul de flancos rubios |
Tarsiger cyanurus. | |
rabiforcado magnífico |
Fregata magnificens |
Fregatidae |
rabilongo das canaveiras |
Panurus biarmicus |
Panuridae |
rabirrubio de testa branca |
Phoenicurus phoenicurus |
Muscicapidae |
rabirrubio mourisco |
Phoenicurus moussieri |
Muscicapidae |
rabirrubio tizón |
Phoenicurus ochruros |
Muscicapidae |
rabiteso rubio |
Cercotrichas galactotes |
Muscicapidae |
rabixunco de bico vermello |
Phaethon aethereus |
Phaethontidae |
raboalzado americano |
Oxyura jamaicensis |
Anatidae |
raboalzado de cabeza branca |
Oxyura leucocephala |
Anatidae |
ralo africano |
Crecopsis egregia |
Rallidae |
rei dos paspallás |
Crex crex |
Rallidae |
riscadiña |
Mniotilta varia |
Parulidae |
Nome galego Nome científico Familia
rola brava rula brava |
Streptopelia turtur |
Columbidae |
rola carpideira rula carpideira |
Zenaida macroura |
Columbidae |
rola das palmeiras rula das palmeiras |
Streptopelia senegalensis |
Columbidae |
rola oriental rula oriental |
Streptopelia orientalis |
Columbidae |
rola turca rula turca |
Streptopelia decaocto |
Columbidae |
roliña rabilonga/ ruliña rabilonga |
Oena capensis |
Columbidae |
rolieiro abisinio |
Coracias abyssinicus |
Coraciidae |
rolieiro europeo |
Coracias garrulus |
Coraciidae |
roqueiro azul |
Monticola solitarius |
Muscicapidae |
roqueiro rubio |
Monticola saxatilis |
Muscicapidae |
rousinol común |
Luscinia megarhynchos |
Muscicapidae |
sisón |
Tetrax tetrax |
Otididae |
socociño verdoso |
Butorides virescens |
Ardeidae |
subeliño común |
Aegithalos caudatus |
Aegithalidae |
subidor común |
Certhia brachydactyla |
Certhiidae |
subidor do norte |
Certhia familiaris |
Certhiidae |
tadorna branca |
Tadorna tadorna |
Anatidae |
tadorna ferruxenta |
Tadorna ferruginea |
Anatidae |
tántalo africano |
Mycteria ibis |
Ciconiidae |
tartaraña cinsenta tartaraña cincenta |
Circus pygargus |
Accipitridae |
tartaraña das xunqueiras |
Circus aeruginosus |
Accipitridae |
tartaraña de peito branco |
Circus macrourus |
Accipitridae |
Nome galego Nome científico Familia
tecelán de cabeza negra |
Ploceus melanocephalus |
Ploceidae |
ticotico de papo branco |
Zonotrichia albicollis |
Passerellidae |
ticotico musical |
Melospiza melodia |
Passerellidae |
tordiño de Swainson |
Catharus ustulatus |
Turdidae |
tordo americano |
Turdus migratorius |
Turdidae |
tordo de cabeza cinsenta / tordo de cabeza cincenta |
Turdus obscurus |
Turdidae |
tordo de Naumann |
Turdus naumanni |
Turdidae |
tordo dourado |
Zoothera aurea |
Turdidae |
tordo músico |
Turdus philomelos |
Turdidae |
tordo real |
Turdus pilaris |
Turdidae |
tordo rubio |
Turdus iliacus |
Turdidae |
tordo visgueiro |
Turdus viscivorus |
Turdidae |
tourón do mato |
Turnix sylvaticus |
Turnicidae |
trallón cinsento / trallón cincento |
Muscicapa striata |
Muscicapidae |
tristepía |
Dolichonyx oryzivorus |
Icteridae |
trompeteiro mourisco |
Bucanetes githagineus |
Fringillidae |
úbalo eurasiático |
Spinus spinus |
Fringillidae |
verderolo da serra |
Carduelis citrinella |
Fringillidae |
verderolo europeo |
Chloris chloris |
Fringillidae |
virapedras común |
Arenaria interpres |
Scolopacidae |
virapescozo europeo |
Jynx torquilla |
Picidae |
voitre africano |
Gyps africanus |
Accipitridae |
voitre de capuz |
Necrosyrtes monachus |
Accipitridae |
voitre de Rüppell |
Gyps rueppelli |
Accipitridae |
voitre eurasiático |
Gyps fulvus |
Accipitridae |
voitre negro |
Aegypius monachus |
Accipitridae |
Nome galego Nome científico Familia
xílgaro europeo |
Carduelis carduelis |
Fringillidae |
xirín europeo |
Serinus serinus |
Fringillidae |
xuruviara de ollos vermellos |
Vireo olivaceus |
Vireonidae |
zurrasca eurasiática |
Rallus aquaticus |
Rallidae |
PAZ E PALABRAS
Guau! Gracias Rafa!! Inmenso sempre!
ResponderEliminarAgradecido hai que estar a comisión enteira que anda traballando nela, eu só fago un adianto provisional. A mandare.
EliminarGrandísima boa noticia. Agora, o máis entretido: aprendela.
ResponderEliminarUnha aperta.
Opa Álvaro...pois si...agora a esperar a edición definitiva e oficial, que non tardará. De feito habería de editarse hoxe...pero os trasnos das imprentas non o permitiron. Unha aperta.
EliminarPois unha boa nova neste "noso día". Con respeito á listaxen de nomes, desde o máximo respeito para os seus autores, só terá sentido se TODOS a empregamos cando usemos o galego na literatura naturalista, sexa de tipo científica ou sexa do tipo divulgativa; tal como se fai en España coa lista española (ninguén lle chama outra cousa a un "camachuelo"). Algúns vímolo facendo desde hai moitos anos, por convicións na potenciación da lingua no eido naturalista. Outros parece que íades na dirección contraria á normativización do idioma na ornitoloxía obviando canta lista houbese por parecervos "académicas" e "artificiais" (temos discutido moito sobre isto). Entendo logo que houbo un cambio de parecer pola tua parte. A ver se é certo e a partires dagora todos os naturalistas damos uso a esa nova listaxe. Doutra maneira todo ese esforzo quedará en palabras que levará o vento.
ResponderEliminarApertas.
Opa Xabi!! Perde coidado, respetarei o listado sen deixar de utilizar os étimos existentes na miña bisbarra, iso sí, coma sempre poñendo o nome científico ao seu pé pra nos entender. Non teño intención de que a riqueza léxica do galego, extraordinaria, esmoreza por falta de uso. Normativización non é sinónimo de uniformización. Os uniformes nos oficos onde sexan necesarios. Na lingua chega a norma ortográfica, a que procuro usar sempre: a galega da Academia. Non a portuguesa, a medio portuguesa ou a algo portuguesa. Pero este debate, mellor nunha mesa, con moito tempo por diante e algo que tomarlle por medio. A mandare.
Eliminar