É o que teñen as bolboretas: sen que se saiba moi ben porqué, un ano con outro, algunha especie presenta unha importante eclosión de individuos. O ano que pasou tocoulle a Vanessa cardui, de seu un ninfálido pouco abondoso, este ano parece ser o ano da Zigaena filipendulae e da señoriña. Hoxe mesmo mirei, nos marouzós da Frouseira, un número importante de ambas as dúas.

A reprodución da señoriña comporta unha orixinal forma social de colonias de eirugas. A femia pon unha importante cantidade de ovos no envés dalgunha das súas plantas nutridoras: succisa, teucrium, lonicera, etc. Destes ovos nacen unhas larvas negras que rapidamente tecen entre todas un espeso niño sedoso no que pasarán as fases de transformación das eirugas, rodeándose as unhas coas outras, para dárense calor (necesitan 35 graos para poder facer a dixestión). Desta mesta seda só saen para alimentarse, retornando de novo ao niño social a dixerir as plantas consumidas. Abandoan o acobillo comunal tan só para crisalidar e volverse bolboreta. Nestes niños sedosos adoitan pasar invernadas os meses fríos do ano.

E eiquí vai rematando a xogada. Coa espranza de que a fermosa e axedrezada señoriña fose do voso gusto e vos permitise, a canda a ela, voar coa imaxinación por riba dos tóxicos vafos cotiáns, xa sexan os fumes dos bares carcinómicos ou os dos máis velenosos, para a intelixencia, aires informativos da televisiva salita, hei de ir polo de agora deixando xear, quedando con vós coma sempre, miñas e meus, moi agradecido.
A mandare.

Nota marxinal: efectivamente a denominación de senoriña para a Euphydryas aurinia é unha aportación particular. A nomenclatura en galego dos nomes, alí cando o autor non as chimpa, adoita frecuentemente traducir directamente do castelá para o galego. Así anda por aí a denominación de doncela de ondas roxas na que é difícil observar algo diferente a unha castrapada traducida. No canto prefiro arriscar e argallar. Señoriña, paréceme, é un nome ben lindo e cariñoso, no que ao mellor ecoa o francés Damier des succises e para nós, os de Cedeira, é un termo preñado de graciosas lembranzas médicas. Tamén por iso coma unha homenaxe respetuosa ao sen par médico Don Juan vai arrimado este nome. Con afecto.

Ola Rafael!
ResponderEliminarInteresante entrada no teu blog, parabéns!. Sobre os nomes de lepidópteros en galego, engadir que algunha especie ten nome popular, como Iphiclides feisthamelii (galo).
Para Euphydryas aurinia, gústame "señoriña" ;)
Atentamente,
Damián
Como ven dís o ano pasado fói a eclosión da Vanessa e este tocoulle a Señoriña (gustoume o nome) este ano xa le levo feito unhas poucas, ainda onte estaban pousadas na herba chorreadas ca auga da choiva, saúdos
ResponderEliminarObrigado con ambos, meus...alédame que agrade o nome de señoriña...ben sabedes que teño a teima de tentar axudar á rexeneración da lingua galega no ámbeto naturalista...que pesia as crenzas do señor Núñez (no sei porque lle hei de chamar Feijoo) atópase senon na UVI si na UCI e fanlle falla todos os mimos, ñáñaras e agarimos que os galegos de ben lle poidamos dar...dende logo sempre que saiba dalgunha palabra tradicional usareina, así es que, Damián, moi agradecido polo galo, que non coñecía...o que sí sigo e a vosa páxina de herpetoloxía galega que anda infectada, paréceme, do mesmo virus rexenerativo ca esta do noroeste do Noroeste...Apertiñas.
ResponderEliminarPreciosas.
ResponderEliminarhttp://unpaseomanchego.blogspot.com/2010/05/la-doncella-de-ondas-rojas-una-obra-de.html
Espero te gusten.
Saludos.
Xa me dei o paseo manchego... gustáronme as fotos e o bló...moitas gracias polo teu comentario...agradécese que dende a Mancha se mire o noroeste do Noroeste.
ResponderEliminarSaúdos.