Gosto de ir por Aguiño e Corrubedo. Do seu evocador recendo, tan prósimo pra un cedeirés, a percebe e xebra mariña. Das súas dornas encarnadas durmindo ao sol. Das súas costás baixas e amplas, escumantes e roncadoiras. Do paseo polo Carreiro. Da esculca polos seus modarrós. De perderme entre reais mundos fantásticos pola Punta de Couso, ese espazo de formaciós graíñas extraordinarias que nunca debeu esbandallarse co asentamento de tanto horror fabril: e aínda falla a depuradora de Ribeira, que aí vén.
Fronte a Praia do Vilar deixo írense ás horas sentado nas pedras ollando Corrubedo; escoitando o rumor da marea e o rosmar da xunqueira; respirando salseiros azuis de mar e de ceo; índose o meu maxín lonxe coas gueivotas que mo levan mar adiante, alén da miseria dos días roubados. Alí sen agardar a nada nen a ninguén, eu acougo, mentres ti resolves misterios calizos nas curvaduras das cunchas. Nada espero: sei que acó todo chega.
As espantosas marabillas que amilagran, tamén.
No mes de xaneiro de 2010, Xermán García Romai e Antonio Parada, dous amigos fotógrafos e naturalistas, regresan dunha xornada coma tantas outras adicada a retratar as aves da marea polo Parque Natural de Corrubedo. Pouco antes de chegar ao coche, unha penca de cor entre as herbas desverdecidas do modarrón chama a súa atención.
Así o relata o propio Xermán no seu bló Natureza dixital: "Foi como unha fugaz e lene visión dunha espiga de flores rosadas, asociada no ollar inconsciente do naturalista, ó común satirión corpudo (Dactylorhiza elata), pero na que tamén, o propio inconsciente detectou un erro e fíxose unha pregunta: “un satirión corpudo florido en xaneiro?”
Achéganse a onde estaba o alumbre floral e ven o talo en flor dunha orquídea de gran tamaño. Que orquídea é esta?, inquírese Xermán gromando xa nel a sospeita de estare diante dunha especie extraodinaria: esa mouta basal de follas anchas e amplas, ese outo e groso talo floral, esa floración densa... unha Barlia robertiana ?
Só será no repouso do fogar, coa pantalla do ordenador a todo encher e as consultas pertinentes de Flora Ibérica cando Xermán confirmará estar diante dunha Barlia robertiana, a grande orquídea da invernía. Imaxino a súa emoción.
Comunica á sociedade científica galega o seu descubrimento e Elvira Sahuquillo (Guía das orquídeas de Corrubedo, Guía das orquídeas de Galicia) e Íñigo Pulgar (coautor das Guías de Plantas do Parque Natural de Corrubedo) confirman o seu achádego, asegurando sere a primeira cita validada da Barlia robertiana pra Galicia. Primeira e ate o momento única. Seica o Padre Merino a citara xa no vilar de Noceda (O Caurel) co nome de Orchis longebracteata, pro ao se perder o correspondente prego botánico a cita do eminente P. Merino hoxendía non se pode confirmar.
Xermán e Antonio, convenientemente asesorados, han publicar o seu extraordinairo achádego no volume 19 da Nova Acta Científica Compostelana do ano 2011. O seu descubrimento adquirirá así o valor de permanencia indiscutible e confirmará o grande labor de rebusca de biodiversidade que unha recén forneada xeración de seriosos afeccionados ao naturalismo anda a desenvolver polos cimbros, fragas, areeiros e campeiras do pais, aligada ás autoridades científicas académicas e ás celeridades comunicativas da internete, conformando unha nova paisaxe de intercambio de información e coñecementos do Medio Natural Galego que abren á espranza cancelas antes choídas.
Hai que salientar que non só é a primeira cita da orquídea xeganta na Galicia, senón que pra máis, non hai colonia: é un exemplar único. Unha gloria dos moderrós do Barbanza. Os máis prósimos no mesmo hábitat areoso, cítanse en Asturias na Praia de Xago e na Beira Litoral en Portugal. Outras citas dos arredores danse nas outitudes de Trás-os-Montes e nas Asturias, case que sempre en terreos de calías, razón esta que explicaría as posibilidades dos areeiros galegos, co seu aporte de cunchas, pra criaren outros exemplares de Barlia robertiana: esta aparición do especimen de Aguiño, xustifica as espranzas de poder dar con outros en calquera das grandes areas galegas. Ollo as flores de xaneiro nos marouzós.
Xermán G. Romai editará con data de 2 de decembro de 2011 no seu recomendable bló Natureza Dixital (o achego vai abaixo) o relato do descubremento e posterior confirmación da existencia na Galicia da primeira cita de Barlia robertiana.

Servidor, lector habitual do bló de Xermán leu con ledicia, e o seu aquel de envexa, o coñecedor relato e aproveitou tres oportunidades continuadas que tivo entre os meses de xaneiro e febreiro do ano 2012 de achegarse por Corrubedo pra intentar apreciar a rara beleza da grande orquídea de xaneiro. Pesia a ter bastante ben delimitado a zona por onde podería alumbrar non fomos quen de dar con ela. Imposible: Barlia robertiana, ao mellor polo extraordinario gasto que lle supón tan poderosa floración, en tarreos tan coreños, adoita asomarse con regularidade bianual. E non tocaba no inverno do 2012.
Tocaba no xaneiro do 2013. A xenerosidade de Xermán e Antonio e as precisas confabulaciós telúricas que urden a casualidade dos encontros nas bisagras do ano, concedéronnos o pracer de regalar o ollo coa maxencia contida do primeiro florear do varal da Barlia robertiana, a única, grande e ceive, raiña das saraibas de xaneiro.
Acubillada ao abeiro das longas e mestas herbas do areeiro pouco chamaba pola nosa ollada: non era máis ca un gromo poderoso e verdecido, case que sen cor algunha, non sendo unha ilusión malvarrosa por algures. Así e todo xa eisalaba poderío.
Sete días despois volveríamos a mirala. Protexida pola calma anticiclónica, levantaba xa o varal con confianza, e deixaba encender a cor dalgunhas flores, prometéndonos unha outa e fermosa piñoca floreada sobranceando a súa prestanza por riba das verdegrises campeiras do areeiro na invernía. Raíña nun reino de friaxes.
Unha ledicia das horas. Cambiáramos unha estanza na luz certa das sequeiras zamoranas polas molladuras probables dunha costá galega en alerta laranxa, só crendo na posibilidade do milagre de tropezarmos coa festividade floral dunha poderosa orquídea invernal aledando a paisaxe de areas, graíños e ouricelas, co aturuxo lanzal do seu ergueito varal de flores. Tíñamoslle fe os milagres do Barbanza. Espranza polo coñecemento do Parque Natural de Corrubedo. Xermán e Antonio dispuxeron a xenerosidade caritativa. E a Barlia robertiana, señora das areas xeadas, a súa presenza espantosa.
Non botamos de menos as sequeiras zamoranas.
Fica no intre esta entrada. Aos habituais agradecementos inescusables pra con vós, miñas e meus, que gosto de expresar a cotío, permitídeme que deixe acó confesado un obrigamento especial pra Xermán e Antonio, cos que quedo en débeda permanente e aos que nunca poderei agasallar suficientemente por tan cumprida xenerosidade coma tiveron connosco ao nos endereitar ao mesmo pé da Barlia robertiana, e permitirnos encher a artesa das lembranzas, por fin, con recordos imborrables desa misteriosa orquídea invernal do modarrón, raíña entre areas e saraibas, que mellora o mundo que coñecíamos.
Apertiñas, totus meus.
A mandare.

Fe de verbas: Teño as miñas dúbidas sobre a correcta escrita de modarrón. Verdade é que na páxina do facebook "Leyendas de Aguiño" do amigo Antonio Parada, escríbese modarrón pro a min paréceme ter sentido por Aguiño chamarlles "moderrós" aos areeiros consolidados con cabedelos outos e recubertos de herbas ou brións e que practicamente non evolucionan. Teño as miñas dúbidas, xa digo. Paréceme posible que esa (e) se pechase de máis e dese lugar a modarrón. Velaí porqué neste mesmo artigo escribise moderrón e modarrón, concepto que por certo é mi prósimo aos morouzos orteganos e aos marouzós cedeireses, verba que tamén se emprega no artigo coma sinónimo da totalidade do areeiro e que en Cedeira utilizamos xeralmente en plural: os marouzós. Imos ver se alguén de Aguiño, Corrubedo, Olveira, Carreira, Vilar, da Graña, ou doutrures, me libera de dúbidas. Anticipo agradecementos.
VIDEOSMÍNIMOSDONOROESTE TV
A Grande Dama da Area
Achegos:
a) A paxina de Xermán García Romai, Natureza Dixital, onde relata o achédego da Barlia robertiana. Entrar.
b) Fotofestival, todas as imaxes de Google. Premer.
c) Asturnatura, de primeira mao sobre as barlias asturiáns, esas veciñas. Acó.
d) Wikipedia, un inevitable.Entrar.
e) Flora Ibérica, un clásico coas fermosas ilustraciós clásicas.Ler.
Góstame ese perpiaño durminte, ca faciana xeitosa e feliz, un xigante dócil; coma un mouro que baixo del asconde agasallos castrexos...
ResponderEliminarBreves saúdos
Deica...logo
Boas meu....halle aledar sabelo a Antonio, que mo ensinou e o cristianou, chámalle o Home De Graña. Certamente suxire lendas de fadas, mouros e tesouros agachados. Certamente.
EliminarUnha aperta. Deica.
parabéns a ti Rafael polos teus artigos, botádelle un ollo a esas costas da Capelada, que nunca se sabe...
ResponderEliminarMoi agradecido, Xermán...xa lles botamos un ollo, xa, ogallá alumbrasen outras. Agardo que a non tardar lles botemos un ollo en común.
EliminarMirámonos no monte.
Unha aperta.
Foi un verdadeiro pracer estar contigo e a túa dona no parque Rafael. Parabéns pola túa interesante páxina.
ResponderEliminarO pracer foi noso, Antonio. Un pracer que se repite sempre que andamos polo Parque e que se multiplica cando damos con xente xenerosa e cabal, coma foi o caso. Moi agradecidos por todo.
EliminarMirámonos polo Parque, (ou por Aguiño tomándolle unha).
Volveremos, (se todo vai ben).
Unha aperta.
preciosa imagenes..
ResponderEliminarMoi agradecido...mirei as súas fotos en google +...moi cuquiñas e cunha luz moi limpa...interesáronme especialmente a coleción de orquídeas, xa que por Galicia esas especies concretas son imposibles (O.Apífera, non, claro).
EliminarSaúdos.
simplemente ¡admirable!
ResponderEliminar...sinxelamente, agradecido.
EliminarNa miña opinión, excelentes imaxes (a luz é perfecta) e textos moi axeitados. Este blog é dos que paga a pena visitar para abror unha fiestra á natureza. Noraboa.
ResponderEliminarCarallo, máis boas imaxes e máis textos axeitados, nun galego tan sinxelo como culto (cousa que non é doada).
ResponderEliminarEste blogue é un "vicio", entras un día e voltas outro, outro...
Noraboa e grazas.
..carallo, Félix, fai vostede que se me alcenda a cara de roibor...moi agradecido por tan agradables verbas, que aledan, e dan azos pra seguir armando artigos que poidan achegar aos demáis os coñecementos que eu vou aprendendo sobor da Natureza na Galicia...
Eliminar...non perda as mañas e siga dándose unhas voltas polo noroeste do Noroeste, procuraremos non defraudalo...
...pola nosa banda Im-pulso é blogue de lectura continuada do que tiramos moito proveito informativo e formativo e que andamos a recomendar as nosas amistades...
Saúdos.
Grazas a vós.
EliminarEu fun quen de descubrín a Barlia este fin de semana. Estiven procurándoa o ano pasado, sen éxito. Lin na páxina de Xermán que este ano florecera, e alí fun buscala. Levei unha alegria ó atopala.
ResponderEliminarMoi bo o teu blog, tamén. Lelo/velo é un verdadeiro pracer. Recuncarei.
Carlos Boullón
Benvido polo noroeste do Noroeste, Carlos...alédame que lle poideses botar un ollo, imaxínoa ben ergueita e rechamante...mágoa non poder achegarme esta última fin de semá coma tiña pensado...imos ver se resiste aos temporais.
Eliminar...moi agradecido por as túas amables palabras...dan azos.
Saúdos.
Un pracer leerte Rafa e unhas fermosas fotos.
ResponderEliminarApertas e bon ano
Moi agradecido.
EliminarOs mesmos desexos e as mesmas garimosas apertas van de volta.