XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

sábado, 1 de xaneiro de 2022

Barbantesa, rézalle a Santa Teresa


 Rafael, dilles que eu tamén son de Deus, que eu tamén son filla da 
terra, que me deixen vivir na paz dos días e na gloria das horas.

  
Barbantesa, por dicirllo non ha ser...pero ti pensas que algún caso han facer?


Deixa a ver, ti dillo, ho, ti dillo.


Parraguesa,  mellor che fora rezarlle a Santa Teresa.









      Perdidas as espranzas de que algún día poidamos volver a ser quen fumos, non quixera outra cousa que algún día chegaramos a ser o que nunca fumos: xente de xentes. Non sei se me entendes. Non sei se me explico. Se hai caso será mal. 

    Apertiñas miña pouca xente, sede bos que guapas xa sodes.

    A mandare.





PAZ  E  PALABRAS




 (Coidádevos do ano que nace, non parece moi diferente dos pais que o pariron)

2 comentarios:

  1. Ese macro teu bórdao. Non sei se tés ti algo que ver, ha, ha,... Unha aperta e mellor ano.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E cousa do macro, en serio que si, e do sensor que me deixa recortar; e tamén que fago caso do que vos escoito aos que sabedes. Eu poño pacencia e afección, e, por aforrar peso e andar lixeiro, nen tan sequera poño un trespés. Unha aperta, mestre. Que esta anada sexa farturenta en saúdes e amores, que, senón ricos, saborosos xa somos.

      Eliminar