Estou preocupado. Moi preocupado. Profundamente preocupado. Deveras.
Chegaron a min de rebote noticias dun plan diabólico que ao parecer estase a piques de escomenzar a poñer en marcha. Polo pouco que oín consiste en:
Levantar e estirar un muro malecón de mais de 80 metros...imaxinades???... desde máis ou menos o remate da ponte nova ata enfrente dos xardíns de Pénjamo... aplastando a plaia, encaixonando o esteiro do río, modificando á ría, o discurrir das augas, destruindo a paisaxe histórica, ese ben cultural de pobos civilizados, e alterando gravemente e de xeito irremediable!!!! a Reserva Mariña da Ría de Cedeira. Ou cegos, ou tolos, ou parvos.
Parece ser que se quere crear unha curva de plaia por enfrente a plaza Roxa, parece ser, polo pouco que oín, que información non circula moita, ou a min non chega. Silenzo administrativo e xordeira institucional.
Non acaban acó as diabólicas ideas, xa se sabe que o demo non dorme, van a desfacer os marouzós!!!!!!! esa patria xeográfica, lingüística... e ata sexual dos de Cedeira...a serio...
...pretenden desfacer os marouzós!!!!... torar todas as árbores, achairar o espazo, poñer o muro de puntais de madeira ao pé da carretera e aparentar un paseo marítimo a pé de plaia, que pretenden rechear con area... traída da Coruña!!!!!!!!! un monumental despropósito naturalista, paisaxístico e histórico que, polo que vou sentindo, forma parte dun lento proxecto inconfesado de eliminación paulatina do legado de Leopoldo Rubido, un alcalde irrepetible.
Parece ser, polo pouco que sei, que é un proxecto vello, que anda circulando dende hai anos polas tagheas administrativo burocráticas desta falsa democracia de mofa e escarnio que padecemos...un proxecto no que ao parecer as motivacións medioambientalistas alegadas polos incitadores eran un copipegado dun proxecto alleo!!!!! Que xa foi alegado e rexeitado en varias ocasións polos pertinentes informes. Non me extraña, con toda a razón e con evidencias de sobra.
Pero parece ser que na última resurrección do despropósito, non se deberon presentar as habituais alegacións, non me digades por que porque non o sei, e a perversidade urbanística, callada de turísticas fragancias, veu o ceo aberto para zouparse, vaise zoupar, derriba de Cedeira e trastornala. Nunca mais será a Cedeira na que nos criamos. Nunca. Se non é que vén Dios e o remedia.
Que timo de Democracia!!! A famosa veciñanza que tantas bocas enche a tantos non pinta nada. Nada de nada. Ren de ren. Votádeme, tragade e calade. Que timo de Democracia. Unha usina de dictaduras cuatrianuais.
Se houbera vergoña e democracia, esixiríamos, de inmediato: a PARALIZACION TEMPORAL DESTE DESATINO mentres nos damos un tempo para o estudo, a reflexión e a decisión.
Cedeira debe esixir UN REFERENDUM POPULAR no que logo de se informar polo miúdo de que se vai facer e sobre todo.....PORQUE se vai facer??
....tanto mal ten o que hai agora???
Canto vai costar a destrución de Cedeira??? Millós de euros, seguro, un bo peto de millós. A que cuenta van ir parar??? Supoño que neste desfalco de democracia é a pregunta máis inmediata que se lle ocurre a calquera. Da resposta depende, claro está, a comprensión das razóns urbanísticas desta desfeita paisaxística, histórica e da memoria, que, todo o dá a sospeitar, escuros contubernios constructeros pretenden impoñernos.
Este despropósito contra Cedeira, (de xente extraña e de momento descoñecida) só o pode parar a cidadanía cedeiresa.
Orgullosa, en pé, digna, firme e segura da razón que a anaga.
PARALIZACION TEMPORAL INMEDIATA.
Jose de Vigo, Pablo de Foz e Xulio de Cribeiro poderian mostrarnos que son Políticos de Cedeira e deter temporalmente este experimento urbanístico.
PERIODO DE INFORMACION E REFLEXION PÚBLICA. Explicado con detalle o proxecto e valorado pola cidadanía, poderíase xa que logo convocar e celebrar unha consulta.
REFERÉNDUM VINCULANTE,
entre a cidadanía cedeiresa para que a democracia por unha vez faga honra do nome e encetemos entre todos a buscar novas maneiras civilizadas de resolver os problemas e conflitos utilizando unha ferramenta vella: o voto individual.
Estou preocupado. Moi preocupado. Profundamente preocupado.
Apurádevos a facer as últimas fotos da Cedeira Bonita.
Se esta tolada non se paraliza de inmediato, quédalle pouco.
O que se vai a perpetrar VAI SER IRREMEDIABLE.
Van parir á Cedeira Adefesia
Merece a pena parar, pensar e decidir.
Nas maos de todos queda. Facer circular a idea canto poidades. Esixir o dereito a votar... e xa veremos o que pasa..... pero por si acaso, adiantádevos a facer as últimas fotos da Cedeira Bonita.
A maquinaria deconstructora vai empezar a roer a ría XA MISMO.
Seguir a ser bos que guapas xa sodes.
Apertiñas a feixes, miña ben querida e pouca xente.
Eu xa falei.
Despós de Data: Non teño certezas, vaia non o creo, que exista unha planificación meditada de Damnatio Memoriae da obra de Leopoldo. Pero será polo tempo que pasa que todo o manda mudar ou polo que, verdade é que sensiblemente, un ano con outro, van desaparecendo e vanse modificando algunhas das súas realizacións, a veces non para peor, a Plaza 18 de decembro antes dos Cabalos, outras manifestamente mellorables, caso da biblioteca López Cortón. E coma estes dous seguro que vós mellor ca min saberedes dalgún máis. Seguro.
Estou sorprendido da molestia que supuxo en algúns amigos, o calificativo de irrepetible. Houbo quen o entendeu coma un eloxio, cando en realidade é unha vulgaridade de nivel premium. Irrepetibles somos todos. Son acaso o único rariño afeccionado a ler dicionarios? Non me extrañaría, abofé.
En todo caso, se houbo alguén que se sinteu molesto, doído ou até é posible ofendido, ofrézolles, e agradecería que aceptasen, as miñas escusas. Gratia plena.
Unha última: os comentarios só se publican cando servidor acepta que se publiquen. Para iso antes debe lelos e entender que non hai nada ofensivo, insultante ou delictivo no que se escribe. Este non é un espazo público é un espazo privado aberto en público. Xa se advirte na testeira. Máis se caibe, por que os meus comentaristas non adoitan ter a fineza de asinar as súas opinións. Será por prudencia, este es un país libre pero que no te vean, cantaba Ketama, será por timidez, será por despiste ou saberá o demo por que, pero aos meus comentaristas, defender coa sinatura a súa opinión cóstalles caro.
A mandare, miña xente.
Despós de Data: Mea Culpa. Recibín un correo de Pablo Moreda, o señor que neste momento está de alcalde, decepcionado e un punto molesto, por chamalo Pablo de Foz. Mea culpa. Ofrézolle, e agradaríame que aceptase as miñas escusas públicas, no mesmo medio onde esa expresión sigue escrita, se se senteu ofendido ou doído de calquer modo ou maneira. Lonxe de min pretender ferilo do modo que fora. Se así foi, ben que o lamento. Escribín tal por que concordase con Jose de Vigo, a quen, se por un raro acaso, se sente tamén disgustado, pídolle, fervorosamente por ser un amigo a quen estimo deveras, que me perdoe. E xa postos non quero facer de menos a meu primo Xulio, que se se sinteu molesto, non o creo pero razóns hainas, por dicir que é de Cribeiro, tamén, e de corazón, lle pido que me escuse.
Graciñas aos tres pola comprensión e liberalidade.
E ben sabedes que con alma, corazón e vida, vos daría as gracias se parádeses este lamentable proxecto. Nin que dicir ten. Non é verdade que agora xa non se poda facer nada. Mentres non empece, ou non vaia moi adiantado, sempre se pode parar.
Graciñas. A mandare.
Iso pode ser TERRIBLE. Hai que paralo
ResponderEliminar¿Incompetencia? ¿Ignorancia? No, sencillamente fascismo. ¡Ya está bien!
ResponderEliminarLeopoldo , un alcalde irrepetible?
ResponderEliminarSería porque daquela sacávase área da Praia cada día a esgallo?
Pola " bula " que tiñan certos constructores?
Pola persecución para fascista de calquera oposición?
E non sigo...
Pois sí que me deixas preocupado Rafa, moitísimo. Tanto detalle quere dicir que está nalgures "negro sobre blanco", e que é algo máis que falar na barra do bar.
ResponderEliminarTéñolle case máis medo ao Pobo que aos políticos. Lembra que o Pobo ceibou a Barrabás...
Apertas meu...
Paco Girón
Vaia ANIMALADA !! ¿están tolos ou que?
ResponderEliminarMuro, desfacer os marouzós, praia ata a carretera, coma Benidorm ... e despois chegará a marea ata á Área, todo Piñeiro baixo anegado cando veñán as marejadas. Estamos cheos de ver como o mar reclama o seu sitio, pobos "turisticos" e chiringuitos arrasados pola marea, cada inverno. Non aprendemos nada.
Xa logo parece unha idea do mesmísimimo Donald Trump
ResponderEliminarHay que paralo como sexa !!
A verdade é que vos sorprende agora esta decisión, así, tan de repente? Houbo moito tempo de alegacións, isto non se aprobou ás escondidas, non recoraderedes porque a xente nunca é consciente do que pasa ata que pasa. Teñen vido expertos a falar sobre o rema (por non dicir que o proxecto realizáronno expertos ollando polo ben do pobo, non polo ben da carteira como pensades moitos), sacouse por tódolos lados, aprobouse no BOE para que se puidera alegar todo o que acabas de poñer aquí e que pasou? Silencio do pobo, silencio rotundo. Cando se fixo público ninguén dixo nada porque a xente fai coma que non quere ver mais o cando se asoma a realidade comezan os choros e as plegarias. Houbo tempo para alegar agora non nos podemos queixar.
ResponderEliminarCon todo isto non estou apoiando nin ao goberno actual, nin ao PP que estivo durante anos (considérome apolítico) pero fixéronse ben as cousas desta vez e agora non se pode chorar tanto, fórades conscientes do que pasaba no pobo. Non por non saber o que sucede sodes mais inocentes e menos culoábles. A ignoracia e o maior perigo de Cedeira
Esperemos que se pueda paralizar semejante barbaridad a tiempo
ResponderEliminarEsperemos que se pueda paralizar semejante barbaridad a tiempo
ResponderEliminarTamén stou preocupado, primeiro polo muro de 80 metros.. e sobre todo polo que dis de destruír os marauzós, disto último é a primeira noticia que teño, sería terrible, como actuar para parar a tolemia?
ResponderEliminarPero que tolería é esa? Non se pode consentir. O mar rematará collendo o que é seu. A natureza é poderosa, non a podemos gobernar deste xeito! Quen necesita ese paseo? Non é algo necesario!
ResponderEliminar