Mira ti que cousas, agora que veu o inverno pra se quedar, teño eu o corpo pra darmos un paseíño polos cadoiros da bisbarra e algún ca outro de fóra de portas. Aínda haberá quen os mire por vez primeira. Cadoiros escribín e alguén haberá que non saiba por onde é que imos camiñar. Fornézanse de roupas de auga, zocos lixeiros e ánimo aventureiro: ímonos adentrar nos máis húmidos territorios do noroeste do Noroeste; aí onde o aire é vafo de orballo escachoado, o brúo das augas un urro arrolante e a luz un veo verde que a todo o encobre e o embelece.
Cadoiro é o termo galego pra definir aos saltos bruscos que dan as augas dun río ou regato pra salvar un desnivel do terreo. Nen catarata nen cascada. Voz esta última que en galego é sinónimo de mintira e igoalmente os seus parentes: cascar-mintir e cascante-mintireiro. Pro dende logo nen catarata nen cascada, son voces galegas adecuadas pra definir os brincos das augas. Son sinxelamente castelanismos castrapantes. Nen tan sequera son válidas pra denominar á nube ou teíña branca que se pon diante do cristalino do ollo e que en arumeiro galego vello corre cos nomes de: velida mellor ca belida, nalgures tamén avelaíña, e noutrures calixen.
Cadoiro, por antonomasia era o cadoiro do Río Xallas na súa embocadura co mar en Ézaro. Xa Sarmiento advirtira deste termo aplicado ao Xallas: "Este río corre por lo alto de las montañas, y como no se puede meter en el mar horizontalmente hace una prodigiosa catarata al despeñarse en el mar por las faldas del monte Pindo y en frente del cabo de Finisterre. A esa catarata llaman los del país cadoyro, de cado, is. Estuve cerca de ese cadoyro pero no me atreví a arrimarme a verle. Acaso no habrá catarata semejante en toda Europa". "Mete un ruido terrible y levanta una nube que parece humo. He oído el ruido y estuve muy cerca del cadoiro, pero no me atreví a acercarme a verle, porque no tenía quien me guiase. Y por lo mismo, tampoco me atreví a entrar en el Monte Pindo, y registrarle, habiendo oído contar de él muchas maravillas". A voz cadoiro vai ser recollida pola totalidade dos dicionarios da Lingua Galega que seguirían aos estudos do sabio bieito e na hora debe ser considerada un tesouro a salvagardar dándolle de novo, uso e presenza cotián nos nosos escritos, falares e conversas.
A mesma presenza que tiña nos excelentes versos, de música clásica, do poeta galego Manuel Nuñez González (Salayos, Madrid 1895) que cantan así: "O loco barullar d'ese cadoiro/ que s'enfeita co-as pedras d'o recío/ e fai montes d'escuma coma a neve,/ e de limpo cristal, tece con fíos/ feiticeiros encaixes, que s'afondan/ co-as premuras d'o vértigo no abismo,..." Unha das máis fermosas descriciós naturalistas que coñezo.
Cadoiro do Río Xallas na embocadura co mar en Ézaro.

Cadoiro do Belelle, fermosura natural da bisbarra.
A mesma presenza que tiña nos excelentes versos, de música clásica, do poeta galego Manuel Nuñez González (Salayos, Madrid 1895) que cantan así: "O loco barullar d'ese cadoiro/ que s'enfeita co-as pedras d'o recío/ e fai montes d'escuma coma a neve,/ e de limpo cristal, tece con fíos/ feiticeiros encaixes, que s'afondan/ co-as premuras d'o vértigo no abismo,..." Unha das máis fermosas descriciós naturalistas que coñezo.
Fervenza no Rego do Forte, Serra da Capelada.
Fervenza é o termo de máis éxito nos últimos anos pra denominar a estes brincos da auga polos que hoxe andámonos entremetendo. Aínda máis: diría que é o termo único e uniformador que se impón a cotío nas escritas máis populares. Pensemos que fervenza só fai alusión a acción de escumar e ullar das augas coma resultado final da caída do cadoiro dende a correspondente outura. Velaí un dobre recurso literario, unha comparación analóxica coa acción da ferveduría, e unha metonimia, a parte definindo ao todo, que veu pouco á pouco substituíndo ao termo enxebre da caída das augas: cadoiro.
Cachoeira, é termo moi difundido e empregado no Brasil pra chamar a estas caídas das augas. Pro este termo, de indubidable matriz galega aínda que criado no Brasil, está derivado da palabra cachón (máis usada como locución, a cachón) que o Dicionario da Academia de 1913 define: "A borbotones. Se dice de los líquidos cuando se hallan en su mayor grado de ebullición" e que tamén "alude a los borbollones de espuma que hace el río al dar el golpe; y por esa razón se llama un lugar junto a San Esteban de Ribas del Sil, San Juan del Cachòn, porque allí hace cachones el río Sil" deixou escrito Sarmiento. E daí saiu a voz galega cachón pra definir a eses tramos escumantes dos ríos que baixan a brincos sucesivos; tamén, e igoalmente por metonimia, cachón pasará a ser considerado sinónimo de cadoiro e ao emigrar a palabra ao Brasil, criará o termo cachoeira, perfectamente utilizable no galego actual, pra chamar á caída das augas. Lembraremos que as palabras galegas cachoar, escachoar e escachar, todas dun mesmo dominio semántico, emparentan directamente con cachón. E aínda ferver a cachón é expresión de uso corrente, o mesmo que andar chovendo a cachón. Hai pra máis unha Fonte do Cachón no Barqueiro, nunha apretada ruela; e non morren aqueles versos de Rosalía: "Pasiño a paso traballada xente/ dós campos as aldeas se volvía/ mentres no lar o pote sarpullente/ c'as ricas berzas a cachón fervía"; nen aqueles outros de Curros: "Mais xa de Bras n´a cocina/ roxe o rixón n´a sartén,/ ferben a cachón os potes/ e cheir´aurego e prixel". Outras acepciós desta voz (arrota que rompe contra o barco ou praia; escuma dos ríos...) serán tiradas do seu siñificado orixinal, e asimesmo chámaselle cachón a aquel porco bravo que anda quente: "Verraco en celo, por la espuma que le sale por la boca". O Eladio dixit.
Freixa é voz que veu denominando asimesmo ás augas caídas. Na opinión de Sarmiento é en orixe un adxectivo aplicable ás penas ou rochas dende as que se precipitan os ríos. "El lunes 20 por la tarde fui a ver las feixas da roca que están casi media legua de la casa del cura en el río Caldelas. Primero se ve el " Castillo da Roca
" y es un peñasco como mitra o tiara altísimo y escarpadisímo y como
tajado a navaja, el cual hace margen al dicho río. No es castillo
artificial sino natural. A vista de Pontevedra se oye la feixa o freixa del río de Marcón y del de Borela . La voz feixa o freixa
se aplica no al río, ni al agua ni a la caída del agua, sino al peñasco
o roca, que sirve al despeñadero. Es la razón porque a las puntas o
ganchos de los montes altos llaman indiferentemente rocas, pinizas, feixas". "Es adjetivo de roca o peña. Acaso de fissa o de fixa. Por similitud se aplica a la catarata o cascata que hace un río precipitado de unas rocas, v. g.: las freixas del río Caldelas, que vi, o de frango, is".
Xa que logo, freixa ou feixa, tamén por metonimia, pasa a denominar á mesma caída das augas e con este senso vai ser recollida pola totalidade dos dicionarios posteriores, dende o de Francisco Javier Rodríguez (1863) ata o Constantino García de 1985.
Compréndese que co étimo freixa en galego (lingua que fai o que quere co xénero gramatical) póidase chamar as árbores do xénero Fraginus, os freixos de toda a vida. Así o recolleron E. Losada, J. Castro e E. Niño na "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega" de 1992.
Podíamos pensar, finalmente, que arrimado a este étimo se atope fencha, denominación que se aplica á moi coñecida Fencha da Corga do Xurés en Lobios, longo cadoiro de augas bravísimas que acompaña a quen achegue á Portela do Home, na máis parva das parvas raias fronteirizas: a que separou á Galicia do Portugal do Norde.
Freixas de Segade, Río Umia, Concello de Caldas. Pontevedra.
Compréndese que co étimo freixa en galego (lingua que fai o que quere co xénero gramatical) póidase chamar as árbores do xénero Fraginus, os freixos de toda a vida. Así o recolleron E. Losada, J. Castro e E. Niño na "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega" de 1992.
Podíamos pensar, finalmente, que arrimado a este étimo se atope fencha, denominación que se aplica á moi coñecida Fencha da Corga do Xurés en Lobios, longo cadoiro de augas bravísimas que acompaña a quen achegue á Portela do Home, na máis parva das parvas raias fronteirizas: a que separou á Galicia do Portugal do Norde.
Breixa do Río Toxa, Concello de Bandeira, Pontevedra.
Breixa, outra das palabras pra chamarmos ás augas caídas. Esta palabra entra por primeira vez nos dicionarios en 1863 da mao de Francisco Javier Rodríguez que nos regala esta ampla descrición: "En la provincia de Pontevedra hay una parroquia con este nombre, que creo venga del francés priser ó del lat. breiare, que significa romper con furia, quebrar, etc. ó de frangere, mudando la f en b, como suele, como lo hace la cascada del rio da Toxa, que pasa rozándose con dicha parroquia. Esta cascada, freixa ó breixa es de las más grandes de Galicia, se llama tambien golpe d'agua, y está casi en la reunion con el rio Deza". No dicionario Cuveiro Piñol (1876) aparece esta sinxela definición:"Sitio donde rompen con fuerza las aguas" e advirte de sere un sinónimo de freixa. No dicionario de Porto Rey (1900) escríbese: "El lugar de la costa en que las aguas rompen con fuerza, o el sitio en que hay una cascada". E os dicionarios que seguirán ofrecen sinonimia con todas as acepciós que levamos recollidas nesta entrada e tamén con abanqueiro.
Abanqueiro do Camiño Novo, Río Casón, Serra da Capelada.
Abanqueiro, nome de seu dunha pequena vila veciñeira de Cabo de Cruz, aparece nos dicionarios históricos da Lingua Galega coma sinónimo de todas as outras voces que reollamos nesta entradiña. Sobranceiramente no da Real Academia Galega (1913-1928) que explicita: "Cascada. Despeñadero de agua. Lo mismo que breixa, cadoiro, fervenza e freixa". Velaí un resumo conciso. A vila de Abanqueiro, apousada nunha chaira costeira das Rías Baixas, malamente debeu de ter a súa orixe toponímica nun "despeñadero de agua" e seascaso poderíamos pensar nel coma un lugar onde o mar batese e escumase moito.
A tradición popular local asegura que o nome deriva da existencia dun grande banco de ostras en tempos perdidos. O profesor Juan José Moralejo argumenta a posibilidade de ser abanqueiro un antigo termo pre-latino, un fitotopónimo equivalente ao lugar en onde hai moitos vimbios. Un vimbieiral, en galego latino; un abanqueiro en galego céltico. O profesor Moralejo lembra a existencia na Crónica Albeldense do topónimo costeiro Mancario: "Debo a R. Baltar la sugerencia de que Abanqueiro pudiera ser el Mancario de que habla la Crónica Albeldense VII al citar las ostrea de Mancario entre las causas celebres ex Spania" Velaí onde a tradición ten un fundamento documental posible. Si Mancario é Abanqueiro, é normal que na bisbarra non podan esquecer que xa no século IX o seu marisco chufábase entre as "causa celebres ex Spania".

Velaí van ficando, pois, unha boa xeira de termos: cadoiro, cachoeira, freixa, breixa, fervenza, abanqueiro e... seimeira (aportación posterior, linda e xenerosa, de Martiño Cabana que se amplía nos comentarios) ás que lle poderíamos arrimar estas outras: augas caídas, augas levadas, golpe d´agua e todas cantas outras as vosas mercedes coñezan, pro á catarata e á cascada déixennas tranquilas na paz do páramo.
De seguro, miñas e meus, a mercede xenerosa da súa vontade, saberá disculpar este delirio de dicionario que afectou profundamente a sustancia da materia do discurso previsto, modificando gravemente as promesas do autor de ofrecer aos seus lectores un paseíño ventureiro e grato por un mundo de verdes humidades atlánticas e trasladándoios, erradamente, a un monótono e árido país de aburridas citas librescas e desagradables poeiras de sirocos de biblioteca. Escusas, prego.
Mil gracias mil, por tanto, miñas e meus.
Seimeiras a cachón, Rego do Forte, Serra da Capelada.
De seguro, miñas e meus, a mercede xenerosa da súa vontade, saberá disculpar este delirio de dicionario que afectou profundamente a sustancia da materia do discurso previsto, modificando gravemente as promesas do autor de ofrecer aos seus lectores un paseíño ventureiro e grato por un mundo de verdes humidades atlánticas e trasladándoios, erradamente, a un monótono e árido país de aburridas citas librescas e desagradables poeiras de sirocos de biblioteca. Escusas, prego.
Vostedes sigan ben.
A mandare.
Cadoiro de Calabanda, Cedeira, Serra da Capelada.
Despós de data: Aportou Martiño Cabana, en comentario que se agradece, a voz seimeira coma outro sinónimo de auga caída. Cita de moito interese que se amplía nos comentarios. Gratia plena, meu.
Achegos:
a) Da palabra "catarata" no Dicionario de Dicionarios. Abrir.
b) Da voz "freixa" no Dicionario de Dicionarios.Entrar.
c) Do termo "cadoiro" no Dicionairo de Diconarios. Premer.
d) Da denominación "breixa" no Dicionario de Dicionarios.Acó.
e) O artigo do cadeirádego Juan José Moralejo "Topónimos célticos en Galicia" nos que se estuda entre outros moitos, abanqueiro. Recomendable.