


Existen duas subespecies: bernicla bernicla que aniña nas últimas tundras siberiáns, inverna no Báltico e posúe o ventre escuro e bernicla hrota que cría no outo nordés de Groenlandia e nas Illas Spitzberg, inverna no Mar do Norde e posúe o ventre claro. Destas son as que arribaron a Ría de Cedeira. Tres brantas de Groenlandia.
As brantas da cara escura, pesia a ter uhna presencia practicamente anual nas costás cantábricas, son uhna verdadeira rareza. Cítase a súa presencia en varias localidades costeiras do norde, pero sempre con moi poucos exemplares e rareando a súa aparición de leste á vendabal. Guipúzcoa sería o territorio cantábrico onde sería menos rara.


Estes tres exemplares, todos co borrón branco do colo que sinala o seu estado adulto, son uhna novidade para a Praia da Madalena, -non sei si tanto para a Ría de Cedeira, xa que supoño que de cando en ves terán andado de recalada por Vilarrube e Esteiro- e ofrecen uhna oportunidade única de contemplalos amodo e a gusto.
Branta bernicla adoita achegarse as ribeiras das costás para pacer herbas, raiceiras e xebras. Na hora presente andan a darse uhna farta de leitugas mariñas, vindo a pacer de cotío as augas de pouco calado da marea.

Non teñen reparo dos paseantes da plaia e non pasando coidados por cousa deles, seguen mansiñas ao delas, petiscar xebras, sen se amilagrar do paseo mediciñal dos humanos, que ao mellor nonos ven: tan mansas e quedas nadan que parecen ausentes.

Se te ven coa cámara, alí parado, apuntando tal enorme ollo escuro cara a eles, amosan a intelixencia suficiente para separarse, de vagariño iso sí, algúns poucos metros do incordiante humano e do seu artefacto. ¡Qué se aínda nos sacase guapas!

Paguémoslles coa mesma fianza.
Agradecido, miñas e meus.
Deixo este achego: é uhna cousa moi sinxela, pero paréceme un resumo moi axeitado.
Sen dúbida que se trata dunha presenza que anima as mañás na escola. Pola miña parte, e xa levo algún tempo observando aves, é a primeira vez que vexo estas aves. Dende logo, observando o seu comportamento, calquera diría que escaparon dunha granxa (algo imposible), fartas da dieta do granxeiro. Semella que a xebra sábelles moi ben.
ResponderEliminarBoas fotos, Rafa.
Unha aperta.
Dende logo uhna oportunidade única para ver estas fermosas anseriformes... a ver se quedan uhna boa tempada e nos dan moitos intres de lecer...
ResponderEliminarA mandar
Gacias por presentarme a esas fermosas brantas.Elas si que saben escoller un bon recuncho.Un saúdo Rafa.
ResponderEliminar