Que o Consello da Cultura Galega, celebre este ano o Día do Naturalismo Galego e que en palabras da súa presidenta dona Rosario Álvarez, esta data "está xa firme no noso calendario" non pode menos que encher de orgullo aos naturalistas.
Que o máximo órgano institucional, sen partidismo político, da Cultura Galega asuma o naturalismo como un elemento cultural de primeiro orde que convén estimular, apoiar e defender non pode menos que encher de orgullo aos naturalistas e aínda aos aprendices de naturalista coma un servidor.
Que para máis o CCG, Consello da Cultura Galega, e o CSIC, Consello Superior de Investigacións Científicas, colaboren xuntos na exaltación do natalicio do padriño Martín Sarmiento e da efemérede do Día do Naturalismo Galego en constatación irrefutable de que o naturalismo é ciencia e é cultura, non pode senon aledar os ánimos dos moitos investigadores que traballan arreo no campo, con sol, choiva, xeada, vento ou friaxes, percurando coñecer, por saber pra poder defender, a rica biodiversidade do país que proxectos industriais de escrúpulos mínimos, que se pretenden de progreso, ameazan de continuo.
Ambas institucións veñen de orgaizar e convocar un Obradoiro de ilustración da natureza actividade propia de naturalistas clásicos, que dirixida pola artista e bióloga Clara Cerviño, vai ser levado adiante o mesmo día 9 de marzo nas instalacións que a Misión Biolóxica de Galicia posúe no Pazo de Salcedo, Pontevedra.
Clara Cerviño, copiamos da páxina do CCG, "...é bióloga, ilustradora científica e docente da Academia Ilustraciencia. Tras licenciarse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e realizar dous másters en bioloxía mariña na Universitat de Barcelona, formouse en ilustración científica na Universidade de Aveiro. Dende 2013 traballa divulgando o valor e a importancia da natureza a través das súas ilustracións en proxectos de divulgación científica. Colabora con centros de investigación do CSIC, musos e universidades. É autora e coordinadorado Manual de iliustración científica de Ilustraciencia, editado en 2022 por GeoPlaneta; ademais de ilustradora de varios títulos en galego para a divul gación da natureza entre o público infantil, como Os nosos bosques e Os nosos mares, editados por Miudiño ou Canto cosmos, recentemente editado por Edicións Embora".
Á parte, Clara Cerviño foi dos primeiros artistas e científicos en amosar o seu apoio ao Día do Naturalismo Galego. Ao noroeste do Noroeste, non o esquecemos.
O obradoiro por outra banda é gratuito e dispón de 20 plazas que se han de adxudicar por riguroso orde de inscripción que se abrirá o vindeiro e xa próximo luns día 26 de febreiro as 10:00 horas. Pra unha máis ampla e precisa información e pra poder inscribirse, premer acó.
E hoxe pouco máis. Servidor e os bichiños e planticas, non todos do meu pequeno mundo que hoxe me acompañan neste discorrer informativo, desexámosvos un moi feliz e vindicativo Dia do Naturalismo, poñéndonos á vosa disposición pra todo aquelo que nas nosas maos estivera, un supoñer: informar das actividades que teñades pensadas orgaizar arredor do 9 de marzo e que queirades dar a coñecer dende este o voso blogue.
A mandare.
Apertiñas, miña ben querida e pouca xente. Facédeme un favor se podedes: concelebrar dende as vosas redes sociais, reunións familiares, farradas de amistade ou na soidade dos vosos pensamentos o Día do Naturalismo Galego, até chegarmos a conquerir que todos os días do ano sexan días de vida e natureza plena.
Seguir a ser bós que guapas xa sodes.
Enhorabuena Don Rafael 🫂
ResponderEliminarMoi agradecido!!!!
EliminarEspectaculares fotos, Rafael. Unha gozada.
ResponderEliminarAlédame que lle gustaran. Graciñas. Non perda as mañas.
ResponderEliminarVaia fotazas!!
ResponderEliminarCos careixóns sei que tiveche unha epifania.
Si no te lembras , eu sí.
Así que Sarmiento e careixóns...
van aledarnos
os....
Moi agradecido, meu ou miña anónima memoria de epifanías. Sega vostede con tan boa arca das lembranzas e non deixe de pasear polo noroeste do Noroeste.A mandare.
EliminarTodo un éxito teu. Grazas por iso! Aperta grande de Rosalía
ResponderEliminarFun o xermolo, é verdade, pero a realidad conformouse con moitos e moitas, ti unha delas. E eu seino, que o lin nun libro que o dí. Bico.
Eliminar