" O Picapeixe", a asociación de Mais e Pais do Colexio Público Nicolás del Río, participa este ano no Programa Voz Natura, co proxecto "Auga sinxela", que pretende, aparte dar a coñecer a comunidade educativa participante os valores medio ambientais do Río Condomiñas, limpar as súas beiras e canle da morea inxente de barredura que ten acumulada, mor da desidia e a nula educación medioambiental imperante.
Ambiciosamente, como se non, queren mes a mes ir retirando os residuos acumulados ate chegar mesmo as fontes de nacimento do río, no corazón da Serra da Capelada. Así paso a paso, queren coñecer e dar a coñecer aos seus fillos e fillas a realidade en directo da xeografía do noroeste do Noroeste, tan maltratada polas xeraciós que somos e coa esperanza dun mellor aprezo polas que han vir.Velaí van os santos. Desfrutádeos.
Estou seguro que a sensibilidade natural dos lectores deste bló saberan apreciar e agradecer o esforzo que dende a comunidade educativa regalan estes heroes exemplares, anónimos e silandeiros. Para que o seu traballo leve, na medida do posible, o relanzo que lle poida dar esta páxina é para o que os traigo ate acó: para agradecerlles publicamente o seu exemplo e traballo e confesarlles que así, gracias a eles, hai días que vexo aos humanos, humanos.
A todos vos, meus queridos amigos, un servidor e o Río Condomiñas, danvos de gracias, mil de mil, un millón.
Saudiñas miñas e meus.
A mandare.

Ola,
ResponderEliminarXa no teu bló tivemos ocasión de ver o espléndido traballo da A.N.P.A. O Picapeixe na eliminación do carpobrotus da praia de Cedeira.
Agora, de novo, un grupo de persoas adultas comparten coas súas fillas e fillos a tarefa de coidar e limpar a terra na que medran.
Aplausos e admiración merecen.
Saúdos.
Obrigado no nome de todos eles.
ResponderEliminarParece ser que ao igoal que o ano pasado está callando o exemplo: xa TRAGSA vai detrás facendo o mesmo.
É o que ten ir devanceiro, que logo os demáis van derradeiros.
Saudiñas, non perdas as mañas.