XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

sábado, 23 de febreiro de 2013

IV Ollar de Seoane




Pois mira ti por onde retorna do máis afundido esquecemento o Ollar de Seoane, exactamente o IV Ollar de Seoane, un inocente xogo alcumado así, sen ánimo de ofensa nen apropiación indebida,  na honra do egrexio ferrolán Víctor López de Seoane, devanceiro da actual escola naturalista ferrolana que dende os espazos abertos da sé da Sociedade Galega de Historia Natural nos alustra, cada alborada,  coa luz de ouro do seu saber e nos fornece co aceiro rigoroso da disciplina científica do  seu labor diario.

Este destemido enredo concursal que hoxe retorna do pasado non quere ser outra cousa ca un entretemento risoño, lixeiro e distendido, onde o ollo certeiro, sabio e coñecedor dos amigos do noroeste do Noroeste poderá adiviñar que se esconde detrás da ilustración que se acompaña.



Se esta primeira imaxe non fose dabondo, en días sucesivos irei ampliando o recorte ate chegar a un tamaño suficientemente aclaratorio: pro moito me temo que non haiba ocasión; o máis probable é que  en menos tempo do que canta un galo ha de aparecer o diagnóstico exacto e preciso.

Só ofrecerei un honrado advertimento: a imaxe non está obtida ao noroeste do Noroeste, se non nalgún punto da raia invisible entre Ourense e A Cabreira.


Coma nas outras veces á primeira persoa que adiviñe, (e mande o correspondente comentario ben asinado) que se agacha detrás do santo que vai, será agasallada, se ten a amabilidade de aceptar o humilde galano, cun exemplar, numerado, adicado e asinado da Unidade Didáctica artesanal "Colores Cooperativos" de cuio deseño, idea e elaboración  é responsable un servidor de todos vostedes, con perdón.

Unha oportunidade de facerse cunha rara curiosidade bibliográfica, só comentando acertadamente que é o que acó se ve...


Expresándovos, miñas e meus, o meu agradecemento pola vosa intelixencia cómplice neste sinxelo enredo naturalista, tanto coma no seguemento habitual dos indovindos do noroeste do Noroeste, despídome no punto desexándovos a mellor das venturanzas fronte os incertos desvaríos das horas. Apertiñas.

A mandare.




1ª Realidade aumentada. Domingo día 24 as 10:30 horas. Imos axudar un pouco ampliando o recorte da imaxe, pra ofrecer unha visión máis comprida do asunto. Aclaro que o gañador será quen ofreza unha solución explicativa, que defina "vítima" e "verdugo". E máis claro non podo nen debo ser.


2ª Realidade aumentada. Segunda feira as 00:30. A cousa, sexa o que sexa, vaise aclarando. Recibiuse  xa unha opinión, de Toñito,  que se vai achegando a definir quen é quen. Pro aínda lle falta acertar "vítima" e "verdugo". Imos facer outro alonxamento da ollada pra poder ter unha idea, paradoxicamente, máis aproximada. (Ánimo, Toñito que parece ser que te vas achegando. Agradezo que sigas xogando. Esta primeira opinión de momento queda gardada ate que finalice o enredo, que xa non pode tardar).


3º Realidade aumentada, terceira feira as 8:30, xa innecesaria, pois como supoñíamos no anterior parágrafo, Antonio Martínez Pernas, coñecedor naturalista natural do Barqueiro e mantedor do bló amigo "Cousas do Norte" afinou a súa percepción e acertou de pleno no confuso obxeto de desexo: non unha mazá de maciñeira, senon a chamada "mazá do carballo" na súa fase nova. Un bugallo criado polo Quercus pyrenaica, o carballo rebolo, pra se defender da postura de ovos do himenóptero Biorhiza pallida.





Hoxe,  27 de febreiro, cuarta feira,  e mergullados na paisaxe propia dos marouzós de Esteiro no Barqueiro, tiven a honra de entregarlle o modesto agasallo de recoñecemento da súa certeira ollada ao amigo Toñito, alias Antonio Martínez Pernas que o recibiú con moita ledicia e suceso, que agradecemos,  e tivo, amais, a amabilidade de deixarse facer un par de fotos pra que quedase constancia de tan natural momento.

Velaí elas.



Sen me cansar de agradecer a todos a vosa disposición a participar neste concursiño e excusándome particularmente con aquelas persoas as que o seu comentario non pasou o filtro de blogger, despídome de vez reiterándolle a Toñito os meus agradecementos pola súa participación neste IV Ollar de Seoane que ve así engrandecida a ceifa honorable dos seus premiados.

Obrigado con todas e todos.




Achegos: faise un lazo a unhas poucas fichas biográficas atopadas pola rede adiante, pra quen queira ter unha idea máis cabal, se caibe, de quen foi Víctor López Seoane.

a) Do instituto de Estudios Coruñeses José Cornide.  Premer.
b) Da Galipedia. Entrar.
c) Da páxina Biólogos Españoles.  Ollar

E estoutros pra lembrar os pasados Ollar de Seoane:
1º Ollar de Seoane. Lembrar.
2º Ollar de Seoane. Relembrar
3º Ollar de Seoane. Recordar.




VIDEOSMÍNIMOSDONOROESTE TV

Charadrius alexandrinus en Vilarrube.





¡¡¡ Quen non está indignado, está corrupto !!!
Por hixiene democrática: a corrupción á ducha da prisión. 
Por unha Constitución, federal, social, laica, republicana e dixital:
¡¡¡ CORTES  CONSTITUINTES !!!


14 comentarios:

  1. Boas..........
    A min pareceme un pésigo
    Por favor no os riais mucho de mi si estoi denasiado errado.
    Un abrazo Rafa
    Luismi

    ResponderEliminar
  2. Obrigado pola participación, pro desgraciadamente (xa me gustaría que acertaras!)non é un pexego. Amitar, si que se amita.

    Unha aperta, Luismi...reparte algo con María José.

    ResponderEliminar
  3. De mín tampouco rias!! Será unha flor ou unha mazá...
    Apertas, Dulce.

    ResponderEliminar
  4. Bueno pois teremos que arriscar ou...non sei se temos máis dun intento.
    Pode ser un bugallo(Pontania sp?)sobre un salix?

    Unha aperta Rafa

    ResponderEliminar
  5. Boas Rafa vai Outro intento, Bugallo-mazá(Biorhiza pallida) do carballo?
    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. ¡¡¡Parabéns, Toñito!!! XA me parecía amin que en afinando un nada a percepción do bugallo, non outra cousa era ese "froito" haberías de atinar coa inconfundible "mazá do carballo". Non sei se a cousa era ou non difícil, (pra quen non a coñecera debería de confundir dabondo) pro agardo que sirvese pra difundir unha curiosidade naturalista notable, ao mellor no moi coñecida por estas bisbarras, onde os carballos, rebolos e outros andan fuxindo do eucalito.

    Pois iso que nos poñemos dacordo en vernos pra che facer entrega da Unidade Didáctica en lembraza da túa xenerosa participación neste enredo-adiviña, que se entretivo a alguén e anosou algo novo a outro alguén, ca se dá por contenta.

    Unha aperta e reitero os meus parabéns.

    A mandare.

    ResponderEliminar
  7. Olá Rafa, eiquí Miguel.

    Aínda que cheguei un pouco tarde ao teu concurso bloguístico, recoñezo que non tería adiviñado nunca o tipo de árbore. Xa cheiraba que se trataba dalgún tipo de bugallo, pero de aí a adiviñar árbore e insecto causante vai un mundo. A min máis se me amitaba a unha froiteira, en verdade.

    Unha aperta e parabéns polas túas iniciativas.

    ResponderEliminar
  8. Pois diso se trata meu: de pasar uns intres divertidos, e se se pode ir aprendendo algo...este bugallo por acó non é moi coñecido, pro pola Cabreira e Enciña da Lastra déixase ver máis.

    Eu a primeira vez que o mirei espantei moito: Unhas mazás nun carballo?...pero, si xa non visito a Eufemiano Fuentes!

    Afortunadamente, existe Deus Gugle, que todo cho sabe, e liberoume das pesadélicas dúbidas que me facían ver un carballo ourensá criando mazás...nin o Demo Baltar podería tanto!

    Apertiñas, meu; saúdame as túas: ás tres.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ...diso se trata meu, de pasar polo aro da risa á crise...

      Cabrearannos, pro non poderán vencernos de tristura.

      Non nos recortarán a ledicia

      Venceremos guarnidos de gargalladas libertarias.

      A por eles: mexémoslles de risa.

      Eliminar
  9. Alégrame moito ter ecertado Rafa!! agora poderei chufar polo Barqueiro ter 1 Ollar de Seoane, todo un honor, moitas gracias por entreternos a vez que nos enseñas, todo un luxo.
    Unha aperta Rafa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradecido e honrado queda este bló con ceareiros tan cabais e escrarecidos, e a honra sentímola nós ao poder contar co humor cómplice da vosa intelixencia liberal e xenerosa; de non ser así como nos atreveríamos a argallar tan lilainos enredos?

      Mirámonos; unha aperta.

      Eliminar

  10. Pareceumo dende o principio que era un bugallo; pero xa conllín o xogo empezado... ¡Mecachis¡
    Por su puesto non tiña nin idea de que tipo de bugallo era, nin siquiera sabía que os houbera diferentes, polo que non tiña posibilidade algunha de jañar o premio ;)
    Estos días camiñando polo monte, atopei algún, pero todos de cor marron escura.
    Saludos Rafa.
    Mvi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Mvi...Mágoa non chegaras dende o principio, sempre poderías facer o que fixen eu que foi buscar pola rede, pra intentar saber que era que.

      Bugallos hai moitos, moitísimos...coñécense 15.000...se era marrón, esférico, liso e cunha especie de coroa de protuberancias agudas e andaba nun carballo, seguramente sería un carrabouxo, tamén chamado cóco ou bailarete..., provocado por un representante himenópetro da familia Cynipidae, probablemente o Cynips quercusfolii.(

      Se era en calquera outra planta...vaite ti a saber!

      Unha aperta.

      Eliminar