XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

mércores, 15 de febreiro de 2023

O Consello da Cultura Galega apoia o Día do Naturalismo Galego. ( E algún outro parágrafo inédito do noso padriño)



Día a día a recepción no corazón das xentes e nas institucións  do natalicio de Martín Sarmiento coma  Día do Naturalismo Galego vai aniñando amodo, levedando sen présas, por cousa do tépedo agarimo voso; e ao igoal cá masa do pan medra e folea coa caloriña do fogar, soerguendo o pano que a encobre,  o Día do Naturalismo Galego levantando a maimiña da indiferenza vai espandindo seus arumes, buscando o forno onde algún día será pan e mantenza. 
Entre as novas adhesións que nos van chegando alistamos con orgullo e moita satisfacción ao CONSELLO da CULTURA GALEGA, lar e fogar da cultura nosa; aos Amigos Da Terra asociación ecoloxista; o Excm. Concello de Cedeira, coa unanimidade de todos os grupos; a Federación Ecoloxista Galega, que acolle a moitas; á Sociedade Galega de Ornitoloxía, niño de paxareiros; á Sociedade de Instrucción e Recreo "La Devesana", da parroquia d´Os Devesos, Ortigueira; a Regina Vega, profesora na universidade de Vigo, escritora; Rita Vázquez Domínguez, xubilada do ensino; María Carmen Pérez-Avila Taboada; Alberte García Tobío, letrado da Administración de Xustiza, xubilado; Javier Díaz, músico, mestre maior de acordeonistas; Juan Jesús Permuy, garda rural... e a túa, ben o sabemos, ha chegar en non tardando. Non hai presa.



A este movimento civil, non burocrático, unha brisa de adhesións de vontades libres, que non precisa DNIs, sinaturas, escritos ou permisos, pódeste engadir libremente dende as túas redes sociais, amistades de bar ou paseo, familia ou veciñanza: abonda con que fagas explícita e publicamente -onde, como e cando vexas prudente- o teu apoio ao día 9 de marzo, natalicio de Martín Sarmiento, como xornada ben acaída pra honrar, cun día do Naturalismo Galego, aos centos de anónimos naturalistas que traballan arreo e magníficamente a prol do coñecemento e a conservación da biodiversidade de Galicia; e ao tempo, vindicar con orgullo propio a figura extraordinaria do grande polígrafo e devanceiro en tantos saberes, tamén no naturalista, que foi o Padre Sarmiento, ese galego xenial e extraordinario, a quen adornan todos os louros esixidos pra se asentar coa maxencia debida ao pe da lareira onde luce a chama dese lume que nunca deberíamos ver morto.


De momento a SGHN, HABITAT, ADEGA, VERDEGAIA, AMIGOS DA TERRA, SGO, e FEG, sen dúbida o núcleo histórico do ecoloxismo e naturalismo galego xa ofreceron o seu apoio e soporte ao día 9 de marzo coma o Día do Naturalismo Galego e están dispostos a celebralo e vindicalo como se merece e como entendan oportuno.


Que a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega apoien ao naturalismo e celebren con nos a elección do Padre Sarmiento coma padriño de naturalistas, non pode nada máis que enchernos de satisfacción por que alén de confirmarnos a bondade da elección, sabemos que na Cultura Galega hai ollos atentos e ouvidos prestos aos rosmores dos indovindos inquedos da xente do común, descoñecida, anónima, que agancha días e días os montes buscando vidas que dar a coñecer, que revisa de sol a sol as campeiras tras de flores nunca vistas, que se anaga en pozas e lamas si de noite si de día por amores batracios a ras, sapos e sacabeiras, que esculca marouzós tras marabillosas orquídeas, insectos impensados, lizgairas bolboretas, brillantes escarabellos, saltaretes verdescentes; homes e mulleres que entran en covas escuras, esbaradizas, tenebrosas pra rexistrar a fala morcega; pacentes olláparos que recontan e volven contar un ano con outro centomiles de aves que veñen de lonxe, que pasan, que pousan que chían, rechouchían, e volven marchar pra volver a volver e volvelas contar.


Son esas xentes, homes, mulleres, rapazas, rapaces, vellas e vellos os que  queren non deixar de querer, de amar, de coñecer, de salvar e defender as vidas ceibes, salvaxes, asilvestradas, montesías, bravas e tenras. Son elas as que fixeron familia dos antergos habitantes da Galicia, das súas floras e faunas, as que fixeron obxecto amoroso do seu estudo e desvelo a herbas, felgos, fragas, árbores, canas, areas, pedras, penas e terras pra que Galicia non deixe de ser o paraíso que debe ser.


Andando ao pé das persistentes e meritorias asociacións eco-naturalistas e das petruciais institucións da Galicia vemos camiñar  unha riola animosa, un feixe cumprido de asociacións culturais, sociais, de veciñanza, que anda pe con pe, paso con paso, con científicos, cadeirádegos, artistas, xente anónima de común, almas de a diario que van todas xuntas, sen estorbos, cara adiante, andando por ese mesmo carreiro que ven de lonxe e vai máis lonxe. Ben se ve que é Galicia quen por el marcha. Ben se ve que es ti quen fai o camiño que nos leva ao Día do Naturalismo Galego. Este blogue perdido ao noroeste do Noroeste só é a causa do teu camiñar, un primeiro paso que vai adiante, adiante sempre. Adiante.


Sarmiento e o mel
Parágrafos inéditos

    Da preocupación social que movía os estudos e traballos de Sarmiento, pode dar boa conta o proxecto, plan ou idea que deseñou pra conquerir en moi pouco espazo de terra, nun escrúpulo romano di Frei Martiño, un azoso xardín botánico mediciñal onde aínda os máis pobres poideran fornecerse dunha ampla variedade de plantas menciñeiras, (propón 36), que lles permitise sandarse dun moi bó número de maladías sen ter que  ir a botica a gastar os cartos que malamente terían ou non terían de ningún modo. 

    
Non era moi boa a imaxe que Sarmiento tiña dos boticarios e médicos da época e non son poucas, son realmente abondosas, as ocasións en que os pon de volta e media e os critica abertamente, por iñorantes, cobizosos ou a veces... envenenadores. Maldecía dos carísimos produtos botánicos, de prezo especulativo, chegados de terras exóticas que como denunciou tantas veces ao chegar de tan lonxe aos estantes das boticas xa estaban ou podres ou resesos ou coa virtude perdida.

    
Martín Sarmiento escribiu os dous pregos do que el chama Jardín Medicinal para Pobres, como un epílogo final ao seu grande tratado, arestora inédito, sobre a seixebra ou teucrio. Este Jardín Medicinal para Pobres, (todo un primordial e  pequeno  tratado de menciña natural, tamén nesta tendencia moderna un devanceiro) pesia a non ser moi longo pra unha impresión libreira, tan só dous pregos ou por aí, non me parece moi axeitado pra engadir completo neste o voso blogue. 

   
 Pero non deixaremos de ofrecervos nesta ocasión uns poucos parágrafos dese mesmo traballo, concretamente os que refiren ao mel, produto subsidiario que se obtería  nas colmeas que mirando a sur, propoñía colocar no borde dese Jardín Medicinal para Pobres que non ocupando máis ca un   escrúpulo romano daba cabida a nove alcoubes con catro plantas menciñais e aromáticas en cada un.


Escoitade a voz de Sarmiento:


749…. Así como los españoles aldeanos continuan con su antiquísima cocina usando de las hierbas para el condimento, continúan por la gracia de Dios y a beneficio de la santa pobreza, usando de la medicina de sus antepasados reduciendo sus medicamentos a solos vegetables del país sin acordarme de medicamentos orientales y exóticos, que envidiosas de que sus paisanas las especias hagan tanto daño a los sanos y robustos, se esmeran a las sombras de una ciega manipulación pharmaceutica a hacer mucho mayor daño a los enfermos.


 


750….  Es bien notorio que en todos los guisados de la cocina romana entraba la miel porque aún no se había descubierto el azúcar. También es cierto que la miel tiene mil virtudes. Así es la miel suavísimo alimento y aún benigno medicamento para muchas enfermedades. Omito el uso que tiene para tener los niños siempre contentos. Omito también la disputa sobre la preferencia entre la miel y azúcar. Yo prefiero la miel con el conocimiento de que el azúcar solo es una especie de sal dulce y toda sal me dice ¿enefue? que huya A omnia genera salix. Para esa sal dulce o azúcar precede el fuego y artificio humano. No así para la miel; ni precede artificio, ni fuego: con una natural fermentación, a imitación del modo, de los licores que las abejas juntan? de todo género de flores está hecha la miel.



751…. A la miel le sucede lo mismo que a otros simples patricios de España. Es cosa vergonzosa e interesado título de comercio, se haya metido a querer alterar la naturaleza de los simples graduando su mérito, no por lo que Dios les ha comunicado, sino por la inmensa distancia de donde se traen y por el exorbitante precio a que se venden. Los ingenios de azúcar fuera de España, son mayorazgos fundados sobre la infelicidad de centenares de negros, que cada día claman a su dueño es tu infornutis nostris es feliz. Los ingenios de la miel, que son las colmenas, son más nobles por todos los casos, más naturales, más baratos, útiles y más provechosos para alimentos y medicamentos. No hay labrador que no pueda tener a poca costa muchos ingenios de miel. Y aquí digo del más pobre que puede tener alguno a vista (de su) jardincito particular.



752…. La calidad de la miel sube o baja en bondad a proporción de la mayor o menor bondad de las flores. Lo mismo digo de la leche y de las carnes a proporción de la mayor o menor bondad de los pastos. El jugo que las abejas chupan en las flores de vegetables venenosos no puede menos de salir venenoso y por consiguiente la miel. Tanthum que pabullum refert, dice Plinio (libro 21, cap. 13) ut mella quoque venenara fiant. Señala las flores del Nerion y del agolethron . Este según Deleschampio es el evónimo que conozco mucho y es venenoso. Pero como es arbusto que vi en Galicia y Plinio que hierba, Gaspar Bahuino la reduce a ranúnunculo y en especial al lanceolato que en Galicia es al bugallón lanzoa que mata a todo género de ganado. conozco mucho el Nerión y le vi en el Real Jardín Botánico, Nerión Oleander, Rhodedndron y Rododaphae son cuatro nombres de los libros; en Andalucía llaman balandre y en castellano puro, adelfa.



753….  Por no poner cuidado en la elección de los pastos, cuyo descuido procede de la ignorancia de los vegetables, hay en algunos parages mala miel, mala leche, malas carnes, aunque en otros tiempos tuviesen estimación. Entre los proverbios que eran triviales en España el año de 883 había estos: Triticum de Campis Gothis; scanda de Asturias, mel de Galicia etc véase el Chronicon Emilianense en el tomo 2 del P. Berganza, pag. 549 y 550. ninguno ponderara hoy la miel de Galicia ¿y porqué?. ¿No hay las mismas abejas, no hay los mismo vegatables que en el año 883? Si, pero no hay el mismo cuidado. El año de 883 aun los gallegos conservaban el gusto  de los romanos para la agricultura y sabían cuanto Virgilio, Columela y Plinio habían escrito del cuidado de las abejas.



754…. No dije que el año de 883 estudiaran los gallegos por aquellos autores; digo si, que entonces conservaban por tradición de padres a hijos, o mejor de madres a hijas, lo que sus antepasados habían ejecutado como romanos puros derivados de la muy remota antiguedad: Retrocediendo 500 años al tiempo de Claudiano era Galicia el v.g. de un país muy florido. Así en las alabanzas de Serena dijo: Gallaecia riviz floribus Siendo pues Galicia el  país máis florido pro famosiori ¿quien duda que entonces sería su miel muy exquisita? Y como eso no se podía conseguir sin especial cuidado de las abejas y sin un un singular conocimiento de las flores para su pasto, se infiere por el proverbio  de Gallecia que aún en el año de 883 conservaban los gallegos aquel conocimiento y cuidado.



755…. De lo dicho se infiere que siendo los gallegos y en especial rústicas las gallegas tan tenaces de su lengua, usos y costumbres, a eso se debe atribuir el que un solo vegetable tenga tantos nombres vulgares gallegos y que allí hayga (sic) tantas medicinas caseras que no saben los médicos, ni boticarios. Por lo mismo se levantaran las gallegas con el nombre que allí les dan vulgarmente de mecyñeyras, esto es de medicineras. Sería muy útil que algunos gallegos curiosos se dedicasen a recoger esos nombres vulgares y medicinas caseras. Lo mismo digo de los curiosos de Asturias, de la montaña de León y de otras provincias de España. no comenzando por aquí, pues así comenzó Dioscórides para su país, lo demás es andar por hojas de libros no por hojas de vegetables.



Ata acó fumos chegando por hoxe. 
Sede bos que guapas xa sodes.  


Sabes quen veu?


Veu o Antroido e máis a muller.
Pois iso.


PAZ   E   PALABRAS


4 comentarios:

  1. Si de algo sirve mi apoyo al Dia do Naturismo Galego....ahi va

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sirve Luismi, sirve...e non vai servir...servimos todos o mismo. Unha aperta. Rafa.

      Eliminar
  2. Menos mal,ya era hora.Enhorabuena Rafa

    ResponderEliminar