XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

domingo, 5 de febreiro de 2023

Un fenómeno natural espantoso.

Con  satisfacción grata e plena podo comunicar que ADEGA vén de adherirse a considerar a data natalicia de Martín Sarmiento, día 9 de marzo ben acaída pra celebrarmos o Día do Naturalismo Galego. A canda ADEGA, recibimos encantados as adhesións de Guadi Galego, cantautora, artista plena; Marisa Castro, eminente micóloga, escritora, divulgadora; Manuel Cabada Castro, filósofo e teólogo; Nés Vilela, Cámara de TvA3media; Ramsés Pérez, educador ambiental; A Horta de Chema e María Ibarra, agricultura natural en Couzadoiro; Curra Figueroa, escritora, activista; Marga Rubido Bará, bióloga; Luis González, Cadeirádego de Fisioloxía Vexetal na Universidade de Vigo; David García, comercial nos EEUU; Juan Andrés López, meu fillo; Iria García Moreiras,  que outra cousa de si non dixo e Carlos Abal, fotógrafo, cámara da TVG... pouco a pouco, imos estando todos. Ti ben sabemos que has de estar a non tardar moito. Non hai présa.

UN FENÓMENO NATURAL ESPANTOSO

O anecdotismo na obra de Sarmiento ten sido a partes disímiles rexeitado e admirado. Anoxado polos máis deles por consideraren que rebaixa o nivel intelectual, a gravidade, a seriosidade que deberían posuir as obras de grande alcance académico. Loubado por aqueles outros, menos, que ven nesa característica a pegada da vida miúda, o rexistro de acontecidos dos que nunca quedaría memoria por non pareceren trascendentes ou interesantes ao aprezo dos doctorados cadeirádegos; o que, finalmente, ofrécelle a súa obra unha orixinalidade inusual no século XVIII por dar de viva voz, vida propia as xentes humildes, populares, as velliñas, maragatos, cativos, criadas, arrocheiros, amas de cría, tratantes..."rústicos" no castelán da època. 

Servidor, que sabe moi limitado onde as chimpa, incardínase con gusto e azoso acomodo na segunda corrente: adoro o anecdotismo da obra de Sarmiento. Por cousa del vexo aparecer diante dos meus ollos xentes e esceas que nunca miraría, a rapaces guerreando ás pedradas, a mouriscada de barcos de Pontevedra no século XVII;  as espadanas que en Sanandrés chaman aborta cadelas; ao navío  El Eolo, que os ferroláns chamaban oeleolo ( asombrosa voz carolla máis vella ca calquer filispín); a aqueles portugueses que ían as Islas de Bayona a coller ouricelas; a aquel rei que ordeara tirar a platina recén descuberta pra que con ela non se rebaixara o ouro... ou escoitar que nas Rías Baixas, popularmente, á carne do mixilón chamábanlle cona, voz que el escribe por non dar escándalo, con letras gregas e... etc, etc, etc... e tantos outros de miles de etcéteras.

Con moito gusto, miña querida e pouca xente vou expoñer a vosa sabia consideración, un destes anécdotos, tanto por exemplificar o que estou a dicir, canto por solicitar dos vosos coñecementos, en moito superiores aos meus, unha explicación racional, científica e ilustrada, dese asombroso sucedido que o mellor calificativo que lle acae é o de espantoso. 

Pra mellor enmarcar todo, dous antecedentes: Sarmiento fora  encargado pola Coroa de facer o proxecto decorativo do Palacio Real de Madrid que naqueles anos se estaba a edificar. Dentro do esquema decorativo propoñía o tallado dun grande León, representando ao Reino de León sucesor do terceiro convento gallaecico o de Asturica Augusta. O escultor encargado pra levar adiante o labrado da figura foi, como de case todo o proxecto,  Felipe de Castro, gran amigo de Sarmiento, natural de Noia, galego grande e daquela director da Real Academia de San Fernando nas súas tres artes: pintura, escultura e arquitectura. Outra eminencia galega.

Felipe de Castro no seu estudo, traballando no busto de Sarmiento

Imos ler o que Martín Sarmiento nos deixou escrito e a vosa consideración deixo a interpretación científica:

(2538) Tomó pues al cargo de su insigne habilidad el dicho don Felipe de Castro, español  y escultor del primero orden el esculpir por si mismo y con un honroso afán ese león encastillado, ya en la majestuosa simetría como al invencible y coronado rey de los animales, ya como aparte príncipe del blasón de España en la disposición de los dos mundos que su monarca gobierna, ya como símbolo del signo celeste del León -en donde el sol tiene su casa, domicilio, o palacio en la distribución de luceros y estrellas fijas que componen esa constelación del zodíaco del firmamento. A este fin se mandó traer a casa del escultor la piedra correspondiente pero ya escuadrada. Trájose esa piedra de las canteras de la villa de San Agustín (no lejos de esta corte) y era un mármol rojo (correspondiente al color de la piel de un león) y se comenzó a desbastar y trabajar en el taller de ldicho escultor.           

(2539) Ahora entra el fenómeno: al llegar con el cincel a la profundidad de pie y medio de la superficie del mármol, notó don Felipe de Castro que hacia allí había un hueco. Prosiguió cincelando y, habiendo descubierto el agujero, advirtió que por el quería salir fuera un gusano que sacaba la cabecita, pero que al punto se retiraba para esconderse. Tuvo la precaución don Felipe, porque el gusano no se escapase ni acaso muriese a un golpe de cincel, de aislar aquella superficie de mármol para trabajarle y anduvo con tanto tiento que logró manifestar todo el hueco y coger vivo el gusano, que colocó en una cajita de lata para enseñarle a todos.

(2540) Viéronlo y admiráronlo en la corte y le vieron cuantos ha nquerido. También vino a parar a mis manos la cajita y en ella vi al gusano vivo y que tenía movimiento progresivo como el que tienen todas las orugas (que el francés llama chenilles). Lo más prodigioso es que vivió fuera del mármol casi tres meses y, al fin por inadvertencia, se escapó y no ha aparecido más. Todo lo dicho sucedió hacia el año de 1752. El gusano era verdadera oruga y toda de color rojo, toda peluda o pilosa, con una cabeza lisa pero dura, con muchísimas piernas; estendida toda tenía la longitus de dos dedos y medio, y  lo largo del agujero seis dedos. En la Historia de los insectos de monsieur Goedart hay bastantes orugas semejantes.

(2541) Por ser tan raro este fenómeno, mandó don Joseph Carvajal, ministro entonces de Estado, que se dibujase a lo vivo el dicho gusano, ya mirado con la vista natural, ya con esta ayudada del microscopio. Hízolo así don Felipe. Se abrió lámina y se esparcieron copias por varias partes y de la que se remitió a París vino después noticia en un librito. Esta es la historieta de la oruga o gusano que se halló vivo en el centro del mármol rojo, del cual se fabricó el león heráldico-simbólico que está en lo alto de la fachada principal del Nuevo Real Palacio de Madrid.

(2542) Dirá alguno que para poner esa noticia no se necesitaba escribir tantos párrafos. No conozco a ese alguno sino para servirle. Y es muy cierto que con decir yo que, a imitación del gusano vivo que se halló en el centro de un pedazo de succino, se halló otro gusano vivo en el centro de una grande piedra mármol, estaba dicho todo. ¿ Y a quién persuadirá ese alguno que sabía toda la historia  como yo la pongo? Apostaré que es de la clase de aquel que siendo profesor de una de las tres facultades de pane lucrando, viendo en lo más alto de la esquina del Real Palacio que mira al céfiro la representación de bulto de los tres geriones de España, preguntó con un crítico escarnio de idiotas: ¿ Y a que viene allí al caso la Santísima Trinidad? Sé esto de uno que estuvo presente.

Aí queda o fenómeno natural espantoso. Realmente increíble, dende logo, e de non ser pola desmiuzado do conto, e polos persoaxes verdadeiros e serios, -don Joseph Carvajal ministro de Estado, hoxe diríamos Presidente do Goberno, Don Felipe de Castro e o mesmo Martín Sarmiento- que viviron esta historia nunca lle habería de dar crédito e así non habería necesitar unha explicación racional. 

    As mesmas preguntas  vosas, nacidas no espanto do asombro, son as miñas dúbidas. 


Além do exposto, anotar como no parágrafo 2542 Sarmiento, logo de citar o caso da conservación doutro verme dentro dun anaco de ámbar, succino, fai unha defensa dos valores do anecdotismo e remata cunha nova mostra do seu humor irónico, contra os chistosetes e grazosiños idiotas de cada día que incapaces de crear nada diferente a burlas gratuitas, practican  con paixón a súa habilidade pra o escarnio diante dun sandio público de corifeos estúpidos que rin, con ou sen ganas, as súas necias maldades. Todos coñecemos algún. Peste de a diario.

Van aparecendo entre as fotos dos vermes e eirugas do meu pequeno mundo unhas cantas ilustracións da xenial María Sibilla Merian, nacida en Franfurt 1647 (trinta e oito anos antes de Sarmiento, cento sesenta e dous antes de Charles Darwin) e finada en Amsterdam en 1717, cando Sarmiento contaba con 22 anos. Investigadora e artista; grande e exemplar. Orgullo do xénero humano.

    Lor ao talento, ao valor e á valentía científica. 

    Ao valer.

Os seus libros de láminas a toda cor, carísimos e selectísimos, non nos consta que formaran parte da biblioteca de Sarmiento, pero parece que si, a obra do Abate Pluche Espectáculo de la Naturaleza que fora vertida ao castelán polo amigo de Sarmiento o Padre Terreros. Obra onde se citan os traballos de Maria Sybilla sobre a metamorfose, ilustrados co gravado en gris que pegamos; debuxado a partir dunha plana do libro de Sibilla Merian. 

Esta grandísima naturalista e extraordinaria artista, describidora e ilustradora da metaformose completa dos lepidópteros, devanceira da entomoloxía -pra moitos a primeira ecoloxista- é unha figura relevante da cultura naturalista europea e xa que logo mundial, a que hoxe neste perdido blogue do noroeste do Noroeste de Galicia, queremos na hora facer unha pequena homenaxe de lembranza, exemplificador da realidade contra a que clamaría Sarmiento: a enorme distancia que existía entre os estudos de Historia Natural en  Europa, interesada no estudo científico do mundo, e España, que ausente de interés por saber vivía iñorante e apartada das ciencias físicas e naturais. Actitude política e social que con contundencia afincada denunciara Sarmiento  tantas veces como tantas outras non  lle fixeron caso.

    "Lo que yo quisiera saber es en que Universidad de España, Colegio, Escuela o Academia se enseña la Botánica o Historia Natural despues de estudiar Medicina. Se que en las Naciones hay cátedras dotadas para enseñar esas facultades. Solo España tiene el privilegio de no haber pensado jamás en en obras y cátedras tan útiles. Créanme los españoles que a esas cátedras de Botánica y Historia Natural deben los extranjeros el adelantamiento de su agricultura, de la multiplicidad de sus frutos y géneros para su comercio tan lucrativo a costa de nuestra desidia". 

    Velaí unha elegante, irónica e intelixente defensa dos valores do I+D en palabras de Martín Sarmiento.

Miña pouca e ben querida xente, remate acolá a exposición coa voz e a pena de Sarmiento, desta curiosidade natural espantosa que estaba oculta nun niño inverosímil, imposible e increible, existente no adentro dunha enorme pedra de labra  a quen daría forma de león don Felipe de Castro, de Noia, non digo máis, pra presidir a portada do Palacio Real  de Madrid. 

    Aí debe estar aínda o león que foi matriz de rocha vermella dunha eiruga monstrosa, unha desas peludas que nestas arredadas terras do noroeste do Noroeste chamamos por mal nome rapapixos.

Non me pedir a min explicación.

Son eu quen por favor vos pide unha luz que me libere das moitas noites, incrédulas e escuras, que non durmín descifrando como diaños poido entrar, vivir e medrar esa eiruga dentro da pedra. 

Xa son anos co roerroe desta dúbida por dentro.

Libraime dela!!

Por tal mercede expreso por adiantado o meu agradecemento.

Sede bos que guapas xa sodes.

A mandare.

O prósimo martes, día 7 de febreiro, as 20:30 e en streaming aberto ao mundo co grupo naturalista HABITAT de A Coruña, ofreceremos o parladoiro que estamos a dar, alá por onde nos queren oir, que intitulado Martín Sarmiento, o primeiro naturalista? pretende amosar o argumentario que nos avala pra considerar sen ofensa da intelixencia ao natalicio de Sarmiento, día 9 de marzo, coma ben axeitado e acaído pra considerármolo DÍA DO NATURALISMO GALEGO, pois como teño expresado, ao nacer Perucho dalgún modo naceu o naturalismo galego. 

PAZ  e  PALABRAS

(Como xa seguramente sospeitaríades, e acertando, os parágrafos numerados están copiados á letra da edición de Henrique Monteagudo da Obra de 660 pregos de Frei Martiño que recén ven de rematar a súa edición completa por parte do CSIC e o Consello da Cultura Galega; sáibase).



14 comentarios:

  1. Vaia! Sinto non poder contribuir ao alivio do teu roeroe; pode ser máis ben que o enigma dese "fenómeno espantoso" me teña cavilando nel, obsesivamente, durante un tempo.
    Que acaída a túa foto da eiruga ou verme peludo amoldado a ghusto á rocha vermella!!

    E a túa homenaxe á naturalista, ilustradora e talvez primeira ecoloxista María Sibila Merian é moi de agradecer. Ou sexa: grazas, grazas e grazas!

    A túa amiga
    Rosalía

    ResponderEliminar
  2. Pois de nada, miña amiga; pracer meu falar de María Sibylla e saber que andas de visita polo noroeste do Noroeste. Non perdas as mañas. Apertiñas: reparte. Rafael.

    ResponderEliminar
  3. Cando o Carbonato de Calcio Cristalizado é bourado con continuidade pode rematar na aparición de reghañas, picaduras ou furados e dese xeito púidose facer a casiña da eiruga.
    Bicos
    Cuxa

    ResponderEliminar
  4. Moi agradecido pola suxerencia non é que me resolva todas as dúbidas…pero unha regaña nelas si que abre, si…unha aperta…benvido aos comentaristas do blogue. Rafael.

    ResponderEliminar
  5. Coma sempre, fantástico.

    ResponderEliminar
  6. Ola, quixera adherirme á proposta. Son Rexina Vega, profesora da Universidade de Vigo e escritora en lingua galega. Un saúdo e parabéns pola iniciativa!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Opa Rexina!! Pois xa estás adherida!! Pra a prósima entrada has de aparecer entre as novas persoas e institucións que se apunten. Gratia plena!!! Rafael.

      Eliminar
  7. Rita Vázquez Domínguez. Xubilada do ensino

    ResponderEliminar
  8. Ola Rita!! Estarás alistada na próxima entrada. Con moito gusto deste xubilado do ensino.

    ResponderEliminar
  9. Alberte García Tobío, letrado da Administración de Xustiza xubilado

    ResponderEliminar