O verde verme estaba na acera.
Subino a unha parra que había ao pé,
tireille clicliclís por aquí e por aló,
recortei as fotos cun fotoxó,
axusteinas senmodo cun retocador,
diminuinas ao xusto co fotopen,
mandeillas a bloguer co insertar,
premín sen medo en publicar...
...e velaí van e velaí van.
(Fandango bló do verme da folla verde)
Sinto non ter pista segura sobre quen poida ser o verme verde da folla verde. Agradécese por diante calisquer endereito que me leve a certo: pro máis se agradece saber que a vosa amistosa ollada de seguro saberá disculpar a saída de tono deste deslaimado chiste verde.
E se non, como me habería de atrevere?
Mil gracias mil, miñas e meus; apertiñas.
A mandare.








