O verde verme estaba na acera.
Subino a unha parra que había ao pé,
tireille clicliclís por aquí e por aló,
recortei as fotos cun fotoxó,
axusteinas senmodo cun retocador,
diminuinas ao xusto co fotopen,
mandeillas a bloguer co insertar,
premín sen medo en publicar...
...e velaí van e velaí van.
(Fandango bló do verme da folla verde)
Sinto non ter pista segura sobre quen poida ser o verme verde da folla verde. Agradécese por diante calisquer endereito que me leve a certo: pro máis se agradece saber que a vosa amistosa ollada de seguro saberá disculpar a saída de tono deste deslaimado chiste verde.
E se non, como me habería de atrevere?
Mil gracias mil, miñas e meus; apertiñas.
A mandare.
Sempre me chamou a atención a rechamante cor do "verme verde da folla verde" , pero vexo que outros hasta lle fan un fandanjo...
ResponderEliminar- Achejámonos o luns a Frouxeira para ver os cisnes y a jornada foi perfecta; aproveitamos para ollalos e para dar un fermoso paseo pola veiriña da lagoa, rindo xogando e discutindo (Jesús empeñouse en que alí tiña que haber moitos mais cisnes e xa via morea deles por todas as esquiñas)
- ¿ conclusión? ¡Qué afortunados somos¡
Jesus e Mariví
Olá familia...moi benvidos á nómina de comentaristas do bló...como me aleda que fórades mirar os ciños, non son moitas as oportunidades de ver por acó a esta especie tan fermosa...
ResponderEliminarO do "fanfanjo" foi unha pequena coña pra darlle saída a esa media ducia de fotos que tiña listas buscando unha ocasión.
E concordo: somos afortunados. A Frouseira é un espazo fermosísimo que deberíamos saber coidar e gardar, pra que Jesús poida levar alí a seus netos e contarlles batallitas de cando el de neno ía coa bisavoa a rir, xogar e discutir polas ribeiras do Lago.
Nesas andamos: en mirar do noso, de nós.
Apertiñas.