Rafael, dilles que eu tamén son de Deus, que eu tamén son filla da
terra, que me deixen vivir na paz dos días e na gloria das horas.
Barbantesa, por dicirllo non ha ser...pero ti pensas que algún caso han facer?
Deixa a ver, ti dillo, ho, ti dillo.
Parraguesa, mellor che fora rezarlle a Santa Teresa.
Perdidas as espranzas de que algún día poidamos volver a ser quen fumos, non quixera outra cousa que algún día chegaramos a ser o que nunca fumos: xente de xentes. Non sei se me entendes. Non sei se me explico. Se hai caso será mal.
Apertiñas miña pouca xente, sede bos que guapas xa sodes.
A mandare.
PAZ E PALABRAS
(Coidádevos do ano que nace, non parece moi diferente dos pais que o pariron)