domingo, 4 de novembro de 2012

Videorrebumbio

Pasen e preman. 

O videorrebumbio vai principiar.

Unha mesturanza de videomínimos, que andaban a durmir no limbo dos esquecidos nalgunha inestable memoria dixital, agarda polos vosos cliques pra se deixare ver. Non terán máis orde ca un seguro desconcerto nacido de ir arrimando as peliculiñas asegún anden arquivadas. Nen aseguran outra fidelidade ca o tremor e a emoción habituais. Algúns terían que ir engadidos na entrada correspondente, pro por unhas cousas ou outras, non poideron ser  despachados na súa hora. Deámoslles agora luz e vía, que saian dese limbo in albis antes algún trasno cibernético os mande a ser torrados ao terrible purgatorio, se non inferno, dos discos duros queimados.

Dio-lo faga por mellor.



VIDEOSMÍNIMOSDONOROESTE  TV
VIDEORREBUMBIO





ESTRIPEIRAS NA ENCIÑA DA LASTRA
video
Debería ter sido engadido ao remate da entrada Memoria da luz pro blogger, saberá o demo por que, non me deixaba arrimar vídeos. Vaia logo hoxe. E que sexa en boa hora.
(Certo:  está amorcedendo; tería que ter estado: adormecendo. As cousas da dislexia)
















CHÍSCALAS NA PEDRA EN VIVEIRO
video
Unha insinificancia. A presenza dalgúns exemplares de Phalacrocorax carbo en plumaxe nupcial é o motivo central e único deste videomínimo. Unha insinificancia.
















MAZARICO POR SAN CLAUDIO
video
Penso non sei se será este o primeiro videomínimo que editei. Aínda me parece lembrar que non vai asinado co recurrente ...en Fin.















BILURICO NO ESTEIRO DO CONDOMIÑAS
video
Do bilurico penso que no vídeo podo andar trabucado e no canto de sere un Tringa tottanus, sexa un erythropusSaía da escola, levaba a cámara e alí estaba.
















BRINCADEIRA DE PULGAS NA PRAIA DE SARTAÑA
video
Pra os cativos da Cedeira dalgún tempo a ferveduría brincadeira de centos ou miles de pulgas da praia era unha delicia lúdica natural; non por máis cotián menos marabillosa.












HYMENOPHYLLUM TUBRIGENSE,  ARUMES DE  HUMIDADE MACARONÉSICA
video
Das Terras do Monte do Forgoselo















RA DAS QUENTURAS NAS BEIRAS DO SIL, MONTEFURADO
video
Certo que esta estroza podería sere dalgures do noroeste do Noroeste. Pro certo é que é de Montefurado, e  aproveito, daquela,  pra mandarlles un bico a  Reyes e  a Pico, amigos. 
De Montefurado












Agardo de todo corazón que esta entrada de pouca parola e moito argallo, fose de grado seu. Outramente  alivounos a todos, a min ao que máis,  das ortopedias da miña prosa.

Escusas prego por se a abundancia de colorín ferise a sensibilidade de alguén. Non sería de estrañar.

Mil gracias mil, miñas donas e meus señores.

Saúde e sorte.

A mandare.


Ningún comentario:

Publicar un comentario