XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

luns, 5 de decembro de 2022

Nos páramos da lúa...


 ...aí onde hoxe habita o corazón de Sóñora, naturalista, científico, orgullo de Ferrol,  amigo dun amigo a quen no noroeste do Noroeste gústanos ter presente... aí aos páramos da Lúa onde resiste a súa lembranza acudimos as xentiñas do meu  pequeno mundo cando nos sentimos abandoados das  caridades dos días e queremos vivir a certeza do renacer no primor de centaureas e culcitas... aí nos páramos da Lúa onde vagamunda a ánima de Xabier as pequenas e miúdas xentes do meu pouco mundo asistimos caladas a misa maior, acomodadas, suspendidas no fío do alento dun poeta e escoitamos o rumor dos poemas de Antón, de Antón Cortizas,  que a brisa do mar  e o aire de leste gustan de rosmorearnos polo baixiño entre palabras de amistad natural, herba orballada ao nacer do día e raiolas quentiñas do serán que se confunden no prado, coas uveiras e as margaridas, entremedias das que, a voz de Antón, de Antón Cortizas, brota en cada verso de amor a un amigo recendendo a rosa, menta, limón, fiuncho e flor de esvedro... 

ROMANCE    PEDINDO    SILENCIO

Areais de mar aberto

culcitas da Capelada

malloeiras de Pantín

montes rasos mestas fragas

lobos do Courel e Ancares

cimbras de neves bañadas

peneireiros caranguexos

veados das madrugadas

miñocas ras caracois

moscas de calquera raza...

calade todas as bocas

 e non barulledes nada

Chascas merlos paporroibos

cunchas de sal e de nácara

ventos do mar do Prioiro

himenófilos arañas

coellos do monte ratos

denociñas londras martas

bolboretas lavandeiras

Chioglosas lusitanicas

cotovías dos camiños

curuxas de noites máxicas

calade todas as bocas

e non barulledes nada.

Marusías da Frouseira

corredoiras sen distancia

fragas do Eume e Monfero

lagoas regos pucharcas

escuridade das lúas

chirlosmirlos treboadas

baleas de norte e sur

peixes de océano e algas

camariñas das marmeas

silvamares espadainas

Calade todas as bocas 

e non barulledes nada

Calade todas as bocas 

e non barulledes nada

que Xabier está durmindo 

un soño de circunstancia

nos altos cumes do vento

nun mar de flores moi brancas








ROMANCE PEDINDO SILENCIO

culcitas da Capelada

malloeiras de Pantín

montes rasos mestas fragas

lobos do Courel e Ancares

cimbras de neves bañadas

peneireiros caranguexos

veados das madrugadas

miñocas ras caracois

moscas de calquera raza...

calade todas as bocas

 e non barulledes nada

Chascas merlos paporroibos

cunchas de sal e de nácara

ventos do mar do Prioiro

himenófilos arañas

coellos do monte ratos

denociñas londras martas

bolboretas lavandeiras

Chioglosas lusitanicas

cotovías dos camiños

curuxas de noites máxicas

calade todas as bocas

e non barulledes nada

Marusías da Frouseira

corredoiras sen distancia

fragas do Eume e Monfero

lagoas regos pucharcas

escuridade das lúas

chirlosmirlos treboadas

baleas de norte e sur

peixes de océano e algas

camariñas das marmeas

silvamares espadainas

Calade todas as bocas 

e non barulledes nada

Calade todas as bocas 

e non barulledes nada

que Xabier está durmindo 

un soño de circunstancia

nos altos cumes do vento

nun mar de flores moi brancas


Miñas ben queridas xentes, sede bos que guapas xa sodes


PAZ   E  PALABRAS

(Ben poidéstedes ver que algunha ca outra imaxe non cadra moi ao xustiño coas verbas que a seguen. A bubela nen pouco nen moito coas curuxas; un polpo coas baleas menos se coubera; as mexonas coas xebras menos ca menos; as alentías non son da Frouseira, pero casi; as pozas da beiramar, cos chirlosmirlos pouco e coas treboadas nada; a laberca non é cotovía, pero amitar si que se amita; e tampouco o raposo é lobo; é o que hai, ben sabedes que eu por saber pouco sei e se sei algo será nada. Escusas, prego. A mandare).

18 comentarios:

  1. Preciosa e emotiva entrada Rafael. Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí Paco...xente do noroeste do Noroeste...dos que deixaron memoria. Unha aperta.

      Eliminar
    2. Alédame que sexa do seu gusto. Agradecido. Rafael.

      Eliminar
  2. Preciosa homenaxe a un grande home de dous grandes poetas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Canta razón tes meu amigo...Antón e Cortizas son dous grandes poetas. Vémonos no Condado. Unha aperta. Rafael.

      Eliminar
  3. Miguel Ángel Fernández5 de decembro de 2022, 19:26

    Preciosas imaxes e floridas verbas, amigo Calel. Case me fas chorar. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Meu Miguel... moi agradecido, pero ti ben sabes que si contas coas palabras dun poeta como Antón navegas con vento a favor. Dálle e non desmaies. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Precioso poema. Un pracer leelo. Interesantes cambios nos personaxes do poema, da pé a pensar que un pode estar trabucado na identificación e da que pensar, algo que siempre convén.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Reconforta ver que seguen vivas as sensibilidades receptivas á poesía. Reconforta e dá azos, abofé. Agradecido por visitar ao noroeste do Noroeste. Moito. Rafael

      Eliminar
    2. Grazas, Loli, por achegar. Da xenio ler a Calel. Sempre.

      Eliminar
    3. Ortigueirña bonita na miña alma vas escrita...tes un caldeiro na mao, vas vertendo auga bendita...(esta pequena frase vai en mi dende hai moitos anos e de cada volta que vou ao Condado enchoupo de bendicións, por iso vou tanto, claro)

      Eliminar
    4. Simplemente perfecto

      Eliminar
    5. Sinxelamente agradecido.

      Eliminar
  5. Rafael, gracias a Xan Silvar, que me compartillou o enlace, entereime desta sentida e, para mín, emocionante lembranza que fas de Xabier. E qué mellor que facelo agarimado coas túas fermosas fotografías e cos delicados poemas que Antón adicoulle ó seu amigo. Rafael, cando a emoción desborda as palabras un quédase mudo/a. Así me sinto. Só podo agradecerche, de corazón, este recordo. Sabemos que Xabier marchou hai tempo, pero non de todo. Recibe unha enorme aparte de parte da familia de Sóñora.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti María. Por poñer ese acento familiar que lle faltaba a esta entrada. Quedo obrigado contigo. Con Sóñora estámolo Ao noroeste do Noroeste. ao completo. (Os meus bichiños insisten en que cho diga) Vaia de volta esta aperta pra toda a vosa familia. Honra miña as túas palabras. A mandare.

      Eliminar
  6. Cando hay sensibilidades,as verbas saen solas.Bravo Profesor

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradecido... e moito. Pero boa verdade é que a sensibilidade sen o labor diario non acude a un, nen se deixa expresar. Apertiñas. Rafael.

      Eliminar