... neste mencer
miña felepa, vai con ela
vaite indo onde ela
onde ela vaia, voa
voa a onde ela estea...
... no brancor das túas azas
a seus soños dalles niño
técelle na noite estrelas
con risos de fíos, con luz os vimbios
dese berce, aquela cuna
onde abanean seus ollos...
... onde ela durme, voa
miña felepa, onde ela vaia
vai
vai con ela
(ti sabes quen é a miña felepa, eu sei quen é a túa snow)
...pra ti, que ben sabes o que sei,
pouca cousa, casi nada...
... neste mencer
miña felepa, vai con ela
voa a onde ela estea
vaite indo onda ela
onda ela vaia, voa...
...co brancor das túas azas
a seus soños dalles niño
técelle na noite estrelas
con risos de fíos, con luz os vimbios
dese berce, aquela cuna
onde abanean seus ollos...
...onde ela durme, voa
miña felepa, onde ela vaia
vai
vai con ela...
Miña ben querida xente, sede bós que guapas xa sodes
A mandare.
PAZ E PALABRAS
(A proba do 9 de que non teño idea de fotografía foi querer rexistrar a esta pequena garciña branca cun macro de 90 mm... a distancia de 90 metros...ou algo un algo menos)
Pues son bien bonitas estas fotos.Le das a todo Profesor.,y le das pero que muy bien.
ResponderEliminarTambién me gustan las palabras que escribes.Apertas
ResponderEliminarMoi agradecido por esas verbas. Alédame moito que che gusten. Máis se é verdade como presinto que nos debimos coñecer noutro tampo académico. Non perdas as mañas. Sigue vindo de visita polo noroeste do Noroeste: bos paisaxes, boas imaxes e palabras das que non tes queixa. Unha aperta.Rafael.
EliminarErguerme pola mañà e gozar da natureza e da palabra non é un soño, é realidade. Beleza profunda.
ResponderEliminarMoito me presta saber o ben que sabe este blogue remolladiño en menceres de acordar. Quedo en débeda. Saúdos cordiais. A mandare. Rafael.
Eliminar