Déronme os Reis na mañá de Vilarrube. Fora alá para remirar o ciño que hai xa tempo mudou o moi concurrido e cada día máis atafegado Lago de Lanzós polos recunchos máis amplos e abrigosos do esteiro do Río das Mestas, pero non perdín a ocasión de repasar a liña da marea para ver se tiña a sorte de dar con algún carabello. Déronme os Reis na mañá de Vilarrube: ¡ 11 carabellos, 11 ! A cifra máis alta que nunca contara.
Unha cantidade moi estimable e un raio de espranza. Vilarrube amósase así, unha outra vez, coma un espacio natural de valor extraordinario. Que hai que recoñecer. Que hai que coñecer. Que hai que respetar.
Déixovos cos retratos deses once exemplares. Ao mellor divirtídesvos pescudando se algún deles ten o mesmo "código de barras" que algún dos outros editados na entrada anterior. Entretido niso ando eu.
Velaí van eles.
Casualmente nesta última imaxe un Talitrus saltator, arriba un pouco á esquerda, acompaña a Eurynebria complanata. Ambos repousaban debaixo da mesma madeira.
E así queda a cousa por hoxe.
Con once espranzas máis ca ontes.
Saúde e sorte.
Nota marxinal: Para encartar adecuadamente esta entrada compre entendela coma un epílogo da inmediatamente anterior, de data 27 de decembro, Eurynebria complanata (I). Digoio para os que chegueran a esta sen saber da outra. Excusádeme. Obrigado.
Despós de data: Pablo Carballo, da sección de entomoloxía do grupo naturalista Hábitat, citado no artigo, ven de observar nun amable e conocedor comentario, que as fotos 2ª e 4ª son do mesmo exemplar. Certamente ten razon e, pedindovos escusas e agradecendo a Pablo, encarecidamente, o interés con que mirou as fotos e a precisión da súa corrección, deixo o artigo, tal cual se editou, para que conste o erro, que ao mellor divirte, e entendendo amáis que con esta aclaración ao pé non hai lugar á confusión.
Hola Rafael:
ResponderEliminarComa sempre gracias por ilustrarme no mundo dos bichos pequenos, no que so teño coñecementos sobre os que poden ser parásitos daqueles que escollemos para acompañarnos ou darnos de comer.
Por certo, hai "no forno" un video dese cisne grabado esta fría mañá desde O Puntal.
Un saúdo
Boas Juanma...o ciño eu penso que é o mesmo que xa teño fotografado e publicado en agosto no Lago de Valdoviño... de feito andou por Valdoviño meses e marchou hai xa un tempo, coincidindo co baleirado da lagoa, para o Puntal.
ResponderEliminarXa andamos axados por ver ese video.
Eu teño fotos del de lonxe. Non valen moito.
Saúde e sorte
Xa está publicado o video no meu blog. A ver que che parece.
ResponderEliminarGracias a Jose Ramón polo seu comentario e disculpas por non aparecer publicado...non entendo as razós...premei en publicar pero apareceu o de TOjeiro, que non sei se tiña intencións de sere publicado...en fin gracias a ambos por seguir este bló...
ResponderEliminarSaúde e sorte.
A segunda foto e a cuarta parecen do mesmo individuo. Once paréceme un número normal tirando a baixo para as características da praia e a época. Levamos un proxecto sobre esa especie bastante avanzado, se queres contactar con nós, ponte en contacto co correo do grupo.
ResponderEliminarPablo Carballo (S. de Entomoloxía do G.N. Hábitat)
Gratia plena Pablo, polo interés e o tempo tomado na observación das fotos...tes razón a 2º e a 4ª son do mesmo individuo...colouseme... o feito de que lle fixera dúas fotos, a segunda sen a palla por retratalo mellor, levoume a confusión...gracias de novo pola corrección...así es que en realidade son dez e non once espranzas...
ResponderEliminar(certamente podería ter sido un bó pasatempo para o concurso do Ollar de Seoane).
Falamos.
Saúdos,obrigado.
Bonitas fotos pero o teu galego parece o español de Chiquito de la Calzada
ResponderEliminar