XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

domingo, 22 de agosto de 2010

Un lobo morto na Faladoira

Un bó amigo e lector habitual do bló ven de ter a amabilidade de nos ofrecer o testimonio gráfico dun lobo morto, presumiblemente por atropello pero deixa a ver, ao pé dunha das pistas da Serra Faladoira, que para serventía das andarabillas eólicas teñen entrellado todos os cotos da bisbarra.


O lugar chámase, non sei se será casualidade, Pena Lobeira e atópase non lonxe da estrada xeral que polo alto da Serra Faladoira vai dende As Pontes ate Ortigueira, a altura do paralelo de Ambosores. penso que xa dentro dos lindes do Concello de Mañón.
As fotos foron feitas o día 12 de agosto deste ano as dez menos cuarto da mañá o que da a entender que a morte debeu ser pola noite ou na alborada. Dúas horas máis tarde o corpo movérano fora da pista e alguén o deixou arrimado ao pé dun piñeiro tumbado.

Dalí a unhas horas o corpo desapareceu. Hai quen supón que ao mellor levado por Medio Ambiente, pois veuse a un todoterreo da Xunta circular por esas pistas. Sería mi conveniente dende logo terlle feito a autopsia para precisar as causas da morte. Se o levaron os servicios de Medio Ambiente agardamos que tal fixeran e poidase saber algún día as causas do falecimento deste exemplar.

Unha mágoa, unha perda sen reparación posible.

Especie totémica, histórica e mítica o lobo tivo de sempre presencia histórica ao noroeste do Noroeste. Existiu en Cedeira o cargo de Sarxento Maior de Lobos, encargado de cazar e dar morte a todo canto lupus andase polo monte. Arestora está desaparecido da Serra da Capelada. Testimonios de ataques este ano de lobos ao gado confirmáronse seren de cans non exactamente asilvestrados.

Agardemos que a poboación de lobos que de vez en cando se deixa ver pola Serra Faladoira, mesmo polo Forgoselo, poda seguir oubeando dende o alto dos cotos nas noites da invernía. Será santo e seña de que non todo aínda está perdido.

Moitas mercedes.

A mandare.

Nota marxinal: sinto ter que retomar o bló con esta triste nova necrolóxica, pero non sendo moito os testimonios que se poden recoller da certeza da presencia do lobo na bisbarra, este pareceume do maior interés. Gracias moi especiais aos amigos do bló e da Natureza que tiraron as fotos e as puxeron a nosa dispoción. Con lectores coma estes a existencia do bló vai máis que xustificada e demostran que un bló e máis dos visitantes ca do escribidor. De novo mil gracias mil, amigos.

5 comentarios:

  1. Ola Rafael,
    A información oficial, é que se trataba dun macho arredor dos 4 anos. Aínda non se lle realizou a necropsia, e existen dúbidas sobre se a causa da morte foi por atropelo ou disparos.

    unha mágoa en calquera caso
    saúdos

    ResponderEliminar
  2. Moi boas MIguel, moi obrigado polo teu comentario...parece sorprendente que aínda no se lle fixera a necropsia...se os meus datos son correctos faleceu da noite do 11 ao 12, e xa quentou sol dende aquela...se hai dúbidas sobre se a morte foi por disparos quero imaxinar que un exame visual moi coidadoso non se lle fixo...parece xa que logo que deberá de estar conxelado nalgunha morgue a espera de que remate agosto e regrese das vacacións o experto dictaminador de turno..este pais, xa se sabe, en agosto pasa ao estado de stand by.
    Unha aperta e moi agradecido por estar aí.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Hola, onte estiven na zona da Serra da Capelada, baixando hacia os Acantilados do Cadro. No google maps vese a cresta deste espolón rocoso, e chegando a zona final do acantilado, por debaixo da cresta, vese un pequeno pinar cun claro de herba , non abaixo de todo, pero moi abaixo, e alí, nese sitio, topei con osos dunha res, penso que todos dun mesmo exemplar. A cabeza, o maxilar roto, os osos das patas. Non sei o tempo que podían levar alí, estaban algo desperdigados. Como comentas que nesa
    zona xa non hai lobos... eu foi o primeiro que pensei. Que pensas que pode ser?
    non son un experto, pero non parecían moi vellos. O lugar é aislado, a cresta é rocosa, e ali onde che digo
    había unhas pedras que facían coma covas naturais. A verdade que mirei nelas en non topei nin resto
    de nada.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Meu amigo...restos de gado morto hainas dende sempre por toda a serra. Os animais morren por causas naturais ou accidentes coma calquera ser vivo e aínda mais nunha gandeiría extensiva deixada ao seu propio discurrir polo monte. Vacas, bestas e cabuxas tenhen un porcentaxe de falecimentos anuais. Os voutres que nos visitan polo vrao sábeno ben.
      Saúdos.

      Eliminar
  4. por certo, a foto que tes na portada onde é? parece a barca de san andrés, o illote ese, un saudo

    ResponderEliminar