Doutra volta a toxicidade plástica dos refugallos comerciais que suministran aos negocios capitalistas dos grandes portos de Hamburgo, Londres, Roterdam, Le Havre...etc, ven de gomitar o seu noxo sintético fronte as costás da Galicia, ese país marxinal, apartado, esquecido, tal vez inexistente, sen poder político de seu nen concencia de si; ribeiras ás que, xa sen dolo de mintira poderemos, deberemos, chamar a Costá dos Refugallos, o verquedoiro de todas as merdentas miserias europeas. Un ano será o chapapote, outro a bolechada de plástico outro a misteriosa carga do Casón e o ano que vén... Deus saberá o que será. Pero ser, ha ser.
A miserable Unión Europea, esa maldita alianza do poder central franco alemán, ese contubernio de financieiros e logreiros negociantes con sucursais en todas as megaurbes - si, en Madrid e Barcelona tamén- ese poder asentado en Bruxelas que nos arruinou a pesca, o agro, a gandeiría e o pequeno comercio e nos inzou, vía planificación continental, de eucolitos, parques eólicos, macro centros comerciais e substancias contaminantes, non pensou nunca que nos debe indemnizar por danos e perxuizos. Xa non polo esbandalle do tecido social e produtivo, que si debería, senón pola destrución ecolóxica permanente que o trafego incesante de mercadorías que alimenta e engorda a súa economia, ningunha delas inocua e moitas delas perigosas, provoca nas costás de Galicia un ano sí e outro tamén.
Dende o día que nacín e dende miles de anos antes, son sen remedio europeo. Pero non me sinto parte da Unión Europea, ese clube de logreiros negociantes egoístas que quixera que creésemos que el é Europa. Quen lle dera!!
E contra tanto noxo forasteiro que se expresa en idiomas incomprensibles a beleza en lingua galega da nosa vida resiliente: unha pinga de fermosura mínimal do meu pequeno mundo.
Velaí vén hoxe, á vangarda das que virán, unha sesión de fotos cun macho de Saites barbipes, unha lindísima e pequerrechiña araña de ollos esmeraldas que vive e resiste á nosa beira sen que nosoutros saibamos dela.
Pra compensar tanto disgusto polímero que estes días nos desacouga aí vos queda, nesta fría e escura hora de xaneiro, o galano vivo deste gustazo efímero.
Até acó chegou este enrabechado discorrer de hoxe, ogallá as gracias de forma e cor deste araño diminuto poideran compensar as agres voces coas que encetei este andar. Escusas, prego.
Apertiñas. miña xente, seguir a ser bos que guapas xa sodes.
Ola Rafa, lembra os áridos asfálticos que viñeron de Rotterdam ao porto exterior de Ferrol, para derramarse por toda a contorna.
ResponderEliminarUnha aperta.
A verdade é que só tiña na cabeza desastres mariños. Pero ese caso ao mellor foi máis grave ca un accidente: foi un negocio a vista de autoridades. GRaciñas por lembrar. Non perdas as mañas.
EliminarE que facemos coa aculturación ( consentida degradación da tradición) das fogueiras do San Xoán e a moda dos botellóns e concertos nas praias (?)
ResponderEliminarMe temo que seguirán subsidiándoios, apoiándoios e estimulándoios mentres aporten, ou non resten, votos ao furneiro.O GRAN FRACASO DA DEMOCRACIA Ë A EDUCACIÖN; Expresouno moi ben Ferlosio: "Estoy desolado, solo veo diversión y ocio". Dixo máis ou menos.."Lo importante es pasarlo bien": velaí o mantra repetitivo da democracia feliz dos tempos . Masas acríticas embobadas, estupefactas, senón estúpidas, por tanto estupefaciente : drogas a saco, alcool, fútbolerismo, rexoubeo de sobremesa...etc . Isto digoio eu. Benvido aos comentaristas do blogue meu querido amigo. Esta porta ártabra sempre estará aberta pra ti.
EliminarEspectacular
ResponderEliminarMoi agradecido. Abofé que esa simple palabra é moi curativa. Unha aperta.
EliminarVerdades como puños.,e que araña tan bonita
ResponderEliminarNon sei se é verdade adecuada á realidade, pero verdade é que responde aos meus pensamentos. A araña e este servidor agradecemos as chufas. A serio que si. Saúdos cordiais.
Eliminar