luns, 14 de xuño de 2010

3º CONCURSO "OLLAR de SEOANE"

Un novo "OLLAR de SEOANE" ese destemido xogo que de vez en cando tense a ocurrencia de argallar entre os seguidores deste bló vense, pola presente, de convocar.

Coma sempre sen outro obxectivo que buscar un gracioso entretemento entre todos nós, abeirados ás cousas da natureza, e ao tempo, e co debido respeuto, quixera servir de homenaxe e lembranza á figura senlleira do eminente naturalista López de Seoane, científico ferrolán do século XlX, arruallo do noroeste do Noroeste.

As normas de xogo, para quen non coñeza o seu mecanismo, son moi sinxelas: a primeira persoa que descubra a especie que vai oculta no santo que a seguir se editará e teña a deferencia de mandar un comentario, ben identificado, será considerada gañadora. O reloxio de Blogger fará de árbitro obxectivo.

Ben doado, ¿non si?

O agasallo que en lembranza recibirá o gañador será, ao igoal ca nas ediciós anteriores, un exemplar da Unidade Didáctica "COLORES COOPERATIVAS", en edición artesán e numerada, da que é autor un servidor de todos vostedes e que naturalmente se entregará debida e persoalmente adicada.

E sen outro comentario que engadir, aí vai a imaxe: ¿quen anda por eiquí encriptado?



Non darei outra pista que confirmar, e sen que serva de precedente, que a especie animal oculta non se dá ao noroeste do Noroeste e que a imaxe foi obtida o vrao pasado na Plaia de Melide, na Punta de Cabo de Home, na estrema da Península do Morrazo, fronte por fronte das Illas Cíes, precisamente esta:

Desta volta agardo ter feito ben os deberes informáticos e espero que en premendo sobre a imaxe esta se abra a unha maior resolución. Se ao remate do día non houbese ninguén que dese localizado a especie en cripse, irei, día a día, editando a imaxe a unha maior resolución. Pero témome que non haberá caso e que acertaredes á primeira.

Saúde, sorte e moi bó ollar, miñas e meus.

Agradecido.


Nota marxinal: Pois parece ser que non fixen ben os deberes informáticos...a imaxe vai subida a 1400 puntos en Jpg, e o caso e que debería de abrirse sen problemas e así o facía pola mañá no momento da edición pero agora sen que eu saiba nen comprenda a razón non se abre de ningún modo, nen co Explorer, nen co Firefox, nen co Safari, nen nun PC nen nun MAC...misterios dos trasnos de blogger, ( por non pensar nas certeza da miña torpeza).

Xa que logo irei presentando sucesivos recortes da imaxe que vaian centrando a especie a percurar...aí vai o primeiro:


...e este é o segundo...vaise vendo?

¡¡¡XA TEMOS GAÑADOR DO 3º OLLAR DE SEOANE!!! Efectivamente, Cesar de Ashega (Asociación de Herpetoloxia Galega) un experto en reptís descubríu as 7 da mañá, pouco despóis de publicare o segundo recorte, ao xuvenil de Psammodromus algirus que andaba disfrazado de caruma de pino, miradeo :




Noraboa ao César polo seu bó ollo e o seu mellor alborar: e unha honra que che leen o bló a horas tan cedas.

Obrigado con todos por participar e seguir a manter o bló coa vosa lectura.

A mandare.

13 comentarios:

  1. Mmmm...Entendo que "especie" se refire a calquera forma de vida animal (imaxino que exclúes as prantas).

    Logo de pegarlle unha ollada á foto ocórrense-me tres insectos. Ún deles non creo que o sexa, pois é un bicho acuático. Así que me quedan outros dous. E como só podo escoller ún, "voto" por:

    - INSECTO PAU (Clonopsis gallica/Bacillus rossius, ahí si que non me pidas milagros)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Boas, ou eu estou toupeira ou non abre a maior resolucion, e probei co Firefox e o explorer.

    Saudos,

    Cesar

    ResponderEliminar
  3. Desculpas a todos e todas...sen que de entendido que pasa recoñezo que o que anda coa berza ten que ser un servidor...o caso é que á mañá abríanse perfectamente...
    Subin a unha maior resolución a ver se así se abre...
    Se que chegou o teu comentario Xabi pero andaba por Vilarrube, acabo de chegar..tes razón debería ter explicado mellor: especie animal... xa o corrixo na entrada... e non é Clonopsis gallica, esta dase ben ao noroeste do Noroeste... a especie animal obxeto do xogo non se ten citado por estes lares

    Gracias a todo por entrar no xogo e mil desculpas... a ver se desta volta.

    ResponderEliminar
  4. Boas Rafael, a verdade e que alomenos a min non me abre, ibache a preguntar como fixeras para facer o mesmo e evitar que me rouben as fotos do blog, pero vexo que foi inconsciente. ¿Non sera algun tema de deseño?.
    Sin ver, arriscarei con Eurynebria complanata

    ResponderEliminar
  5. Boas Cesar...sintoo ben pero Eurinebria complanata tampouco é...para que as fotos non se abran é non anden por aí usandose eu habitualmente suboas con moi baixa resolución 50K máis ou menos, pro para este xogo suboas a 750K aprox, e 1200 ountos de lado pero nen de coña se abren, outras veces só con 600puntos xa se abren sen problemas...en fin
    O de Eurinebria ten a súa lóxica claro polo da area, pero anda frío, frío

    por certo estes días en Morouzos Ortigueira atopei unha morea de Eurinebrias, unhas 40 tal ves, ou máis, todas xuntiñas baixo un madeiro... non me deixaron facerlles un bó rexistro...fuxiron a unha velocidade pasmosa( no inverno sempre andan máis acomodadas e mesmo paradas, extrañoume moito tal cantidade, unha cousa para min nunca vista dende logo) e aínda que moitas volveron ao mesmo madeiro xa non lles quixen dar máis a lata...a uneca foto que lles tirei está toda movida, pero o moreón delas ben se advirte...en fin apertas e mañá subirei outro recorte.

    ResponderEliminar
  6. Agora si (segue sin abrir), penso que un xuvenil de Psamodromus algirus.
    Penso que as fotos deben abrirse noutra xanela independentemente da resolucion,sairan mais ou menos grandes, por iso comentaba o de temas de deseño de blogger, que seica cambiaron algo.

    Saudos,

    Cesar

    ResponderEliminar
  7. Noraboa César...efectivamente é un xuvenil de P. algirus...pois sí que alborexamos cedo...ben sabía eu que como a foto se abrise non tardaríades nada en dar coa lagartiña...sí sei que andan en cambeos no deseño...mandame un tlf de contacto ou mail ou enderezo, que naturalmente non publicarei, para poderche facer chegar a Unidade Didáctica que ogallá sexa do teu agrado.

    Moitas gracias por atender a este enredo a ti e a todos cantos tuvestedes o bó humor de participar...non perder as mañas que pola miña banda mirarei de melloralas, que falla me fai.
    Apertiñas para todas e todos.

    ResponderEliminar
  8. Ostiá, pois sí que estaba camuflada a coleguiña! Ao ver a foto aumentada si que se aprecia moi ben.

    (Pensar que a miña seguinte opción ía ser unha cobra, buff)

    ResponderEliminar
  9. Realmente Xabi sen que se poidese abrir a cousa era imposible e un pouco había que calcular por deducción...así as cousas o mellor endereito era o non ser especie citada ao noroeste do Noroeste.
    Saúde e sorte, moi agradecido e honrado pola túa participación.

    ResponderEliminar
  10. HOLA RAFA SOY NOA ESTOY EN PINTO (MADRID) ACABO DE LLEGAR DE LA WARNER ESTOY EN EL HOTEL ATA LOGO.

    ResponderEliminar
  11. Boas Noa...alédame saber que andades ben polos Madriles...saúdame a Iker, a teus pais e a todos os da expedición...A Raúl e a Hugo que deixen algo de forza para a excursión por Ortigueira...pasadeo ben...Ata a volta.

    ResponderEliminar