












Voa moi ben e rápido con batidos fortes, con moita fogaxe, arrequecéndolle, e en terra camiñan balanzando as ás coma os pingüíns: daí que os franceses non dubiden en nomealo, e eu tampouco, como Pingouin torda.



E por hoxe aquí se queda a cousa.
Quedamos con vos agradecidos a linda caroziña e un servidor.
Saúde e sorte.

Despós de data: Ogallá este inverno teñades a sorte de poder botarlle un ollo a simpática caroziña. E levedes con vós unha cámara calquera: haberedes de poder facerlle moito mellores fotos das que eu fun quen de facerlle. Para máis o agresivo tratamento do fotoxó sei que non as mellorou nen pouco nen moito. Desculpas, prego.
Hola Rafael:
ResponderEliminarUnha palabra nova que non coñecía, bueno, a palabra si, pois de toda a vida oínlle chamar carozos ao que queda do maínzo despois de sacarlle o grao, pero non sabía que se lle chamara así ás alcas.
Desas 2861 que foron víctimas do chapapote algunhas pasaron polas miñas mans, fíxenlles a necropsia para certificar a causa da morte, tamén abrín bastantes araos, gaivotas varias, algún mascato, frailecillos, etc, etc
Unha catástrofe que esperemos non se repita.
Hoxe levaba un mercante todo o día parado diante de San Andrés, e un barco de salvamento marítimo cerca del, esperemos que non arrime demáis.
Un saúdo.
Boas...inquietante a presenza do mercante co barco de salvamento ao pé... a sombra do Prestige non nos abandonará nunca...
ResponderEliminarCarozos chamamoslles tamén aos centros das mazás, logo de seren comidos...unha das ocurrencias dos cativos dalgún tempo era pedirnoslos carozos os uns aos outros...deixasme o carozo?
Agardemos que o do barco se quede en nada.
Saúdos.
Noraboa pola visita da "caroza" e agradecer que nola achegues a quen non podemos disfrutala en directo mais, por esta vez, as fotos... certo que asi enténdese mellor o mérito de cando son certemente boas.
ResponderEliminarPara a xente profana e preguiceira como eu son, viríanos ben un algo de descrición porque... por que se sabe que é unha "noviña?"
As fotos efectivamente non poden ser peores...paréceme que xa o escribín... e non sei se me aledo de ter razón por unha vez...e en canto o de ser "noviña" eu tamén teño dúbidas...ao mellor é unha "velliña".
ResponderEliminarGratia plena.
Vendo estas fotos dan ganas de coller os prismáticos e visitar as rías, para gozar e ver estes paxaros. Moi amena a nota informativa
ResponderEliminarNa hora as rías son o mellor espazo de diversión para o afeccionado/a...O espazo intermareal Ladrido-Ortigueira está impresionante con centos ou miles, eu non me dedico ao conteo,de aves de todas as especies...sen dúbida a Doñana do norde...anímate e disfrutarás...para máis sempre te atopas con xente afeccionada a observación.
ResponderEliminarSaudiñas
Olá Rafa, vexo que estás moi produtivo esta temporada. Noraboa.
ResponderEliminarComo sabes este ano tivemos a esta simpática ave moitos días pola ría de Cedeira, incluso perto da praia, aínda que como ben dis, sen telescopio "rien de rien". Eu incluso diría que tivemos algo máis que alcas, probablemente gavia immer e gavia stellata, pero non o podo afirmar porque os días eran de pouca luz e os bichos estaban moi lonxe. Ademais como ti ben sabes eu levo pouco tempo nisto do naturalismo, apenas 20 anos, e aínda estou en fase de aprendizaxe.
Respecto ao do Prestige, sen dúbida foi un pao creo que case irreparable para algunhas especies, pero xa sabes que por Cedeira algúns dicían "a ver cando vén outro Prestige".
E é que estar na casa cobrando sen traballar a calquera lle gusta.
Unha aperta,
Miguel.
Boas Miguel...en fase de aprendizaxe andamos moitos... pero vindo dos teus ollos podemos asegurar que as gavias andan por acó...
ResponderEliminar... en canto poda intentarei miralas, no canto aí está o intermareal de Ladrido e Ortigueira, para disfrutar e aprender co catálogo case completo de parrulería e xente de augaire...
Saúde e sorte.
Felicitote polas tuas fotos Rafaaaaaaa¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminarsegue asiiiii o teu alumno Hector perez fernandez.
O noso profe
Moitas gracias, Héctor... aprende a poñer as tildes no teclado... xa ves profe sempre.
ResponderEliminarAlédame saber que che da por mirar as fotos do bló.
Saúdos.