
Pedíronme, algúns dos visitantes máis novos do bló, que puxera fotos de corzos, que disque lles gustan moito. Para cumplir unha promesa que xa non é nova e para facer canteira entre a cativería, atrévome hoxe a facer esta entradiña. Repasei para elo o arquivo persoal e entresaquei algunhas fotos de anos pasados destes fermosos animais, que a min tamén, coma os nenos, me gustan moito; e sempre me aledan as horas cando dou con eles no monte.




Na cueira levan unha notable mancha branqueada, algo máis clara e grande no inverno, a que se lle chama espéculo. Nel vai incluido o rabo, case inexistente, de feito semellan rabenos, e nas femias ten unha guedella inferior algo máis grande e saínte que semella un rabiño: isto permite saber quen é quen no inverno, cando o macho non ten corna.


Nas medras recóbrese dunha pel branqueada e pelosa, o liber, da que o macho se desfai ao chegar o maio restregando a corna contra a casca das arboriñas novas, deixándoas de cotío peledas e moi frecuentemente causando a súa secura e morte. Os cultivadores de árbores frutais sábeno ben. No outono coincidindo co descenso dos niveis de testosterona e o fin do período de copulación o macho perde a encornadura. Ata a primaveira que ven; se Dió-lo quer.

No inverno poden verse en grupos, na nosa bisbarra nunca moi numerosos, pero durante o resto do anos son animais solitarios e territoriais. Os machos marcan o seu territorio rozando a súa frente, onde teñen unha glándula hormonal, contra dos tóros das árbores e mesmamente co seu típico berro que os desprevenidos e pouco habituais paseantes do monte adoitan confundir co ladrido dun can.



Velaí como sen pretender e por cousa dun puro sentimento caritativo hacia os animais haberíamos de condenar á morte a un indefenso e malpocado corcito.
Con que tan só unha persoa tropezase algunha vez cos acobillados corciños e mor da lectura deste bló aprendese a non tocar ás non abandoadas crías, este bló vería xustificada a súa existencia: que arestora cumple un ano de vida.
Agradecido, na hora e sempre, a todos cantos neste espazo vos achegástedes as súas páxinas: xa para ler, xa para mirar, xa para comentar, xa para inorar.
E para todos vos moi felices días de festa lediciosa e moi abondosos anos vindeiros e o que prega, dende o noroeste do Noroeste, un servidor.
Saúde e sorte, miñas e meus.
E para todos vos moi felices días de festa lediciosa e moi abondosos anos vindeiros e o que prega, dende o noroeste do Noroeste, un servidor.
Saúde e sorte, miñas e meus.
Apertiñas.

Despós de data: Para saber moito máis este achego a magnífica páxina da Enciclopedia de Vertebrados Ibéricos. http://www.vertebradosibericos.org/mamiferos/capcap.html
Non debo de ocultar que para a redacción desta entradiña consultei moi frecuentemente a Guía dos Mamíferos de Helga Hoffman, editada pola editorial Everest, sen que por iso debamos responsabilizar á súa autora das previsibles equivocaciós que servidor poidera cometer. Agradecido.
Ola Rafael
ResponderEliminarInteresantes datos que, xunto co ollar tranquilo das fotografías, permiten coñecer un algo máis a uns animais que descubrín en excursións compartidas (nunha fraga, nunha campeira ou na gabia dunha estrada en Manzaneda...).
Parabéns polo aniversario do bló... e agradecemento polo traballo que realizas.
Moi agradecido e espero que poidas disfrutar de moitas máis excursiós compartidas que enchan os teus ollos das fermosas e ceives linduras do monte.
ResponderEliminarAgradan os parabéns, a ver se hai sorte e cumplimos máis cabodanos en amor e compaña fraterna.
Saúde e sorte
Hola Rafa, me gusta mucho tu blog. Las fotos de los corzos son muy bonitas. Gracias Iker.
ResponderEliminarMe gusto mucho cuando fuimos a arrancar el carpobrotus. Gracias Noa.
Ola a Noa e a Iker, Qué ledicia encontrar a vosa mensaxe! Aledoume que vos gustasen as fotos, e tamén arrincar o carpobrotus. Para a prósima ocasión agrdo non andar liado e poder ir eu tamén.
ResponderEliminarApertiñas para ambos e non deixedes de mirar o bló. aínda que só sexa para mirarlle os santos, as fotos quero dicir.
A cuidarse.