XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Videorrebumbio 2


Velaí vén de novo un rebumbio de videomínimos, acompañado coa certeza acostumada  da emoción minimal e o  lixeiro e clásico tremor de luces que configuran os principios cinematográficos habituais desta sección móbil do noroeste do Noroeste. 

Sáibase que só pola certitude na liberal e xenerosa tolerancia de todos vós, miñas e meus, este o voso seguro servidor desteme de publicalos.

Non pretendendo seren un bálsamo das purrucias políticas, que nos afogarán se non  as afogamos, só quixeran ser sete diminutas xanelas de cores polas que entren os berros limpos dunha natureza en límites estritos de sobrevivencia que pide, con gridos de luz e arumes de terra, o dereito a seguir sendo o acobillo liberador de todas as  almas.

Ollo: aproveitando as paisaxes da desolación que crearon, pretenden recortar os dereitos de todos ao uso dos espacios naturais, argumentando que podemos sair da crise na que nos meteron, levantando máis cementerios  de cemento alí  nos espacios naturais virxinais que ficaron ceives da miserable logronería capitalista inmobiliaria: chámanlle a Nova Lei de Costas.


Afogarannos se non as afogamos.



VIDEOSMÍNIMOSDONOROESTE TV

VIDEORREBUMBIO 2





Ortigueira en Meira.






Pitos da neve polas campas da Espiñeira.








Peneireiro na rasa cantábrica, Tapia.




Malvís na maciñeira da casa.





Ralleira de chíscalas en Ortigueira.





Merlo do papobranco na Herbeira.







Costureira cantando no Mandeo.



Váiase quedando a cousa no punto. Serva esta pequena reciclaxe de videomínimos, perdidos no fondal misterioso do disco duro, pra despedir ao mes de xaneiro e recibir ao  de febreiro, do que esperamos a misericordia enxoita dos días de luz e sol que nos sequen os mofos húmidos de tantos días escuros de auga e choiva apodrecida, que xa van recubrindo a alma co verdello esbaradizo da podremia corrupta.

Hai unha espranza de sol: que veña un 2 de maio.

Obrigado miñas e meus.

A mandare.

Nota marxinal: Revisando o video final da costureira, (Motacilla flava escribín), penso terme trabucado e sere en realidade unha Motacilla cinerea. Non sei, con este xénero avéntanseme todas as dislexias e asoman as moitas iñorancias.

¡¡¡ O que non está indignado, está corrupto !!!


Achego: 
A páxina de Change.org pra conquerir, por iniciativa do cidadán Pablo Gallego García, un millón de sinaturas esixindo a dimisión da cúpula do Partido Popular.  Se ao acceder tendes problemas de acceso, levalos cun fisco de paciencia; hai unha verdadeira arribada de xentes firmando: nun só día 250.000 firmas, a de servidor entre elas. Que se vaian todos. Asinar eiquí.

Arestora 425.000 sinaturas !  (En poucas máis de 24 horas! A 1 do 2 do 2013 as 15:26; encetouse a campaña o día 31 do 1 do 2013)

As 9:41 do 2 do 2 do 2013, van asinadas 610.000 peticiós de dimisión, na que está a ser xa a manifestación máis numerosa, e exactamente contabilizada, da recente historia española. 

Ás 10:10 do 3-02-2013  son 748.000 persoas as que xa asinaron a petición de dimisión. A cifra de 1.000.000 de sinaturas está máis prósima. 

837.641 sinaturas ás 14:46 do 4 de febreiro do 2013 coloca a cosecución do millón de peticiós de dimisión a tan só 163.359 do acadar o utópico obxetivo, por iso máis fermoso. A cidadanía segue a sumar.

Na hora, 18:57 do día 5 de febreiro do 2013, somos xa 903.545 persoas os que levamos asinada a petición de dimisión. Faltan 96.545 sinaturas pra conquerir o obxectivo proposto polo cidadán Pablo Gallego García. A maior e máis exactamente contabilizada manifestación da recente historia española segue a camiñar cara adiante: unha marea de Dignidade (indignada).

Sendo as 19:22 do 6-2-2013 o número de sinaturas chega as 935.715 dando a impresión de que a Marea da Dignidade, anda chegando á repunta. Pouco lle falla pra encher de todo: 64.285.  Encherase o mar, e ao mellor reverque. 

Parabéns miñas e meus, e noraboa agradecida a Pablo Gallego García: arestora, as 15:52 do 7 do 2 do 2013, unha semán despóis de iniciada a Manisfestación de Dignidade pedindo a dimisión da cúpula do PP, 1.019.409 de xentes apoian a súa iniciativa e seguen camiñando, agora ate conquerir as 1.500.000 sinaturas de adhesión: aínda estás a tempo de  poñerte a andar.



Por hixiene democrática: a corrupción á ducha da  prisión.

4 comentarios:

  1. Olá Rafa, eiquí Miguel.

    Noraboa polas fotos (polo texto tamén, coma sempre). Moi ben tiradas e ben tratadas.

    Parabéns miles e unha forte aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá meu...como vai todo?

      Obrigado, pro supoño que te referiras as fotos da pildoriña moura, que si teñen tratamento, e amáis esta é unha entrada de videorrebumbio e pouca foto mete, así que quero supoñer que comentaches dende esta páxina, pro te referías a outra...vaia, non sei...

      Pois outra forte aperta pra ti e pras túas mozas.

      A ver se nos vemos.

      Eliminar