XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

venres, 15 de outubro de 2021

Xentes do meu pequeno mundo


    Unha bicha chincha coa que falo cada ano, Micrelytra fossularum. Aparece sen pedir audiencia previa e se non me axoco moito vaise deixando quedar. Os retratos que lle fixen este ano, gustáronnos máis, a ela e a min, ca os do o ano pasado. Moito mos foufeara. Pois se acaso que se busque outro retratista, pensara eu; pero os de este ano gustáronlle máis. Disque dixo que sendo así volvería a verme o ano que ven. Por min que veña. Xardín aberto a todos, pechado a moitos. Pero deixa a ver se son quen de retratala tan ben.











Apertiñas miñas xentes, sede boas que guapos xa sodes.


A mandare


PAZ  E  PALABRAS




Ningún comentario:

Publicar un comentario