O caso é que unha destemida proliferación da silva do mar, Smilax aspera, (favorecida pola non moi vella construcción do paseo e pista que fende o Sistema Dunar do Rodo de banda a banda, e alí mirando a sur e gardada do norde mareiro xa criou mestas sebes), anda asoballando e afogando a toda canta outra forma vexetal medra ao seu redor.
Toxos, loureiros, piñeiros, e outras herbas, vense impotentes para impoñerse ás numerosas, finas e longas pólas -poden acadar máis de 14 m-, deste arborico gabeador, fornecido de guenllos, armado de espiñas e defendido por follas acoiradas, brilantes e duras, inmunes as rozaduras das espiñas alleas, e dotado, para maior perigo da veciñanza, dunha grande capacidade de medra.
Smilax aspera, a silva do mar, é planta moi coñecida (aínda que na Galizia só aparece nalgúns areeiros do norde e en ningún outro coa forza, a mestura e o desmedre con que se presenta na Plaia do Rodo), da que se obtén a partir das súas raíses a moi coñecida zarzaparrilla. Presenta unas lindas flores brancas que froitan nunha baia vermella que negrea ao madurecer e dende logo é unha interesante especie, pouco abondosa na Galizia, que desgraciadamente anda a sepultar e afogar á valiosa, e pouca, presenza da Corema album na Plaia do Rodo de Pantín.
Velaiquí o obxeto desta entrada: dar a coñecer esta situación e abrir un debate sobre a comemencia ou non de iniciar unha actuación, que non poderá ser outra que a poda racional e liberadora das longas pólas da silva do mar, que lle permitan e posibiliten ás camariñas unha existencia futura na Plaia do Rodo.
Quede claro a miña absoluta predisposición favorable a que os organismos pertinentes enceten canto antes un labor de desbroce da Smilax aspera. Teño escoitado xa a opinión en privado dalgún amigo asegún a que non hai nada que facer, que debemos deixar a Natureza seguir o seu decurso, xa que toda intervención humana é, no fondo, perxudicial e pouco proveitosa.
Obviando o feito de que a palabra "toda" é excesivamente grande para ser verdade, convirá dicir que o crecimento inusual, moderno, da silva do mar foi propiciado por unha intervención humana: a fendecha anchísima da pista e paseo da que xa falamos e que lle concedeu a Smilax unhas condiciós biolóxicas humanizadas e inesperadas de abrigo e protección que deron inxirada a un crecimento destemido e perigoso. Na miña opinión o desmedre da smilax é causado por unha actividade humana que non poido prever todas as súas consecuencias.
Por outra banda a smilax xoga con vantaxe: o seu crecimento rapìdísimo contrasta co lentísimo da marmea e ofrécelle a esta moi poucas posibilidades de sobrevivencia. Pola contra, máis que se podasen a fondo as medras da smilax o seu status poboacional non habería de resentirse, tanta é xa a súa abundancia e mestura, contraposta coa rareza dos pés de camariñas: non chegarán as dúas ducias.
As imaxes que acompañan esta entrada parécenme máis elocuentes e descriptivas que nengunha das miñas prosas. Fique así pranteada a cuestión. Que é urxente.
Saibase: as marmeas do Rodo están sendo afogadas pola silva do mar. Se practicamos o deixar xear e nada facemos o número de pés viables de Corema album reducirase unicamente a aquelas dúas ou tres matogueiras un pouco alonxadas, polo de agora, das longas e espiñentas polas da Smilax aspera. Pero deixa, que xa.
Agradecido, miñas e meus.
Estes achegos para máis saber da silva do mar.
http://es.wikipedia.org/wiki/Smilax_aspera
http://www.asturnatura.com/especie/smilax-aspera.html
http://www.anthos.es/v22/index.php?set_locale=es
Ola Rafael,
ResponderEliminarDende o meu escaso sentido común parece prudente unha actuación cando menos de control da silva do mar, tal como propós.
Feo problema o que plantexas mais máis fea sería a desaparición por afogamento das escasas marmeas da praia do Rodo, de modo que agradecemento por dar a coñecer unha situación problemática antes de que sexa irreversible.
Olá Rafael,
ResponderEliminarAmanhã participo num curso sobre espécies ameaçadas galegas e vou estar com a gente da Xefatura do Serviço de Conservação da Natureza. Apresentarei-lhes o caso das caraminhas do Rodo, citando-te como fonte. Haverá que analisar a situação, mas polo que contas, não tenho dúvida de que se deveria intervir para corregir uma situação à que se chegou por uma actuação humana.
Esta sexta-feira passei a carão da praia do Rodo, caminho à Capelada. Mas não fixemos parada alô. Não podia imaginar que fosse tão delicada a situação das vossas mármeas.
Um sáudo.
Moi boas Miguel, obrigado polo interés e por transmitir a información. Realmente é urxente facer uhna intervención. Algúns pés non sei se será posible recuperalos, dende logo se non se actúa con presa a perda é segura.
ResponderEliminarSaudiñas.
Olá Rafael,
ResponderEliminarObrigado a ti ser o nosso "olho" ártabro.
Falei com Suso Santamarina (o Chefe de Serviço de Conservação da Natureza). Estão interessados em fazer algo para mitigar o abafo da Smilax em Pantim.
Eu saio amanhã de mostragem para o Algarve. Volto para a Semana e falamos do assunto. Haverá que emviar-lhe uma nota pormenorizada por mail (se queres).
Um saudinho.
...polo do mail non nabería problema, naturalmente, pro abondaría con que calisquer responsable lles botará un ollo...de certo sería o mellor informe posible.
ResponderEliminarAgradecido, saude e sorte.
En qué acabou o conto?
ResponderEliminar