A xilbarda é planta da familia das liliáceas, parente logo dos allos, dos espargos, (Asparagus officinalis) dos xacintos e das soldaconsoldas (Polygonatum sp.). De flores normalmente dioicas que alumbran mesmo no vrao, sendo así fácil velas froitadas polo inverno: razón pola que modernamente dáse en recollelas para a decoración do Natal, e pouco á pouco vanse vendo menos.
Os gromos das pólas novas medran dun xeito parecido aos dos seus parentes os espargos e coma eles, din, eu non os probei nen penso, son asimesmo comestibles e aínda saborosos.
Conta o sabio bieito que se ten atopado co nome de Met-quita en "dos instrumentos latinos muy antiguos" e especula o Padre Sarmiento coa posibilidade de que en sendo plantas espiñentas, ao igoal que abruño ven de "abre o puño" e "abrojo" de "abro el ojo", met-quita poidera xurdir de "mete e quita": naturalmente a mao en canto a cerraras sobre os feros cladodios.
E noutro texto especula coa posibilidade de provir de "mures quita" ou "musquita", (espanta-ratos, vaia) á maneira, di, da denominación italiana de pungitopi, "contra ratones, pues con la planta tan espinosa se cubren los tocinos"
Refire que xa no seu tempo é palabra que se ven vindo a menos e só atopa o seu uso en Soutelo de Montes, en Cerdedo, na "Puebla do Deán", en Noia e "en las montañas de Pontevedra" e deixando constancia de que o topónimo non deriva de "mezquita de moros" como moitos cren, "lo cual es necedad", se non da abundancia do "vegetable".
E aquí queda a cousa, agardando deixar aclarado un topónimo que o outro día moveu unha agradable e entretida conversa entre amigos que imaxinaban un asentamento musulmán no sur de Ourense.
Mil gracias mil, miñas e meus.
A mandare.
Nota marxinal: para a redacción desta entradica dei en consultar, coma sempre, o Dicionario de dicionarios e coma a tantas veces a Guías das plantas de Galicia de Xosé Ramón García, de onde tirei os nomes rascacús e azoutacristos. Saibase. As fotos van tiradas na macaronésica Fraga dos Casás, á que, a cada pouco, lle van comendo algo. E todos imos perdendo moito.
Parabéns, unha entrada moi didáctica.
ResponderEliminarDa Xilbarbeira dise que é unha planta tímida que só medra en lugares tranquilos, cando se pasa ao lado dela hai que falar baixo porque non lle gosta o ruído...
Saúdos
Obrigado, pola visita e os comentarios...non coñecía ese rumor, pero non me extraña...cada día anda máis escondida, cando menos pola miña bisbarra, onde só aparece nas fragas ¡e van quedando moi poucas, esmagadas polo poder da Monarquía Absolutista Eucaliteira! ese monocultivo.
ResponderEliminarSaudiñas
Antes era abondosa na fraga do Belelle. Agora non sei porque hai moito que non vou por alí.
ResponderEliminarUn saúdo
Paco
Boas Paco: Polas fragas sí que se van vendo pero estas cada vez son máis pequenas, sempre, de vez en cando, vanlle retallando espazos, ata que non queden.
ResponderEliminarSaúdos
Saúdos a todos:
ResponderEliminarEu sempre oín chamarlle xibarda, sin L no medio.
Nas fragas tampouco abunda como antes, cando se apañaba para as escobas, porque non sempre coller algo no monte implica que desapareza, moitas veces é ó revés...
Boas Juanma...se é que o que xa non é coma a antes é o monte...anda todo moi esbandallado e alterado.
ResponderEliminarO de xibarda eu non o escoitara...un novo aprendizaxe...pola Vila corría co nome de xesta, e o costume de facer escobas con elas (teño sentido que para varrer o forno úsábase o torvisco, Daphne gnidium) conta o Eladio que era tamén de uso na Italia. Non me extrañaría é planta máis ben mediterránea.
Xibarba, veño de facer a consulta, é nome moi estendido para chamarlle a silveira, de feito a maioría dos autores de dicionarios danlle ese siñificado: o que só quere dicir que non traballaron lexicografía pola Capelada, que nestes asuntos tamén anda deixada.
E aínda, Ssrmiento sospeita que xilbarda, poda vir da unión de silva e barda.
Saudiñas.
Ola, únome aos parabéns pola entrada.
ResponderEliminarInda que coñecía a planta non tivera ocasións de fixarme na flor, e ese par de fotos son realmente didácticas.
A parte lingüística é toda ela ben interesante. Confesarei que eu podería ser unha desas persoas que tentasen explicar o topónimo Mezquita relacionándoo con algunha "mezquita de moros"... nunca é tarde para aprender!
Saúdos
Moito che me aleda que haiba quen se fixe nas cuestiós de léxico que dende logo é unha das teimas vertebradoras deste o voso bló: saibase, a criación, dende as poucas posibilidades de servidor, dun niño de "ecoloxía lingüística" para tentar de conquerir tamén a sobreviviencia das palabras de seu que expresan unha natureza preñada, aínda, de enxebreza.
ResponderEliminarEn débeda con vos pola amabilidade e a teimosía con que seguides a entrar no bló.
Moitas mercedes a todos e todas.
Apertiñas.
hola rafa esta muy bien esta pagina web una pregunta donde esta las serpientes
ResponderEliminarPois mira a ver se andan agachadas no anaquel de Anfibios e Reptís...Obrigado por andares por aí.
ResponderEliminarUnha aperta.
Leti a tua alumna diche: Ola Rafa esta paxina esta ben .Tes pensado poñer outros animais? ou outros lugares que encontraches cousas interesantes? Xa falaremos na clase . Adeus.
ResponderEliminarOlá Leti...moitas gracias por ollar o bló...teño pensado ir metendo entradiñas de vez en cando, sobre temas diversos...o que non sei se serán do voso interés.
ResponderEliminarSaúdos