Mañá de Reis do xaneiro pasado deste ano 2010. Son as horas do xantar das doce. No malecó do porto de Cedeira unha noviña de gaivota clara ten pillada en firme unha asteria, tamén estrelamar, e de seguro entra nos seus plans papala....
... pero, naturalmente, papar unha asteria non é nada fácil, dende logo non se pode tragar coma un peixe calquera: demasiado ancha para tan pouca gorxa...haberá que atopar a maneira...
... póusase no chan e encétase traballando unha das patas...
...para conquerir separala do resto do corpo e poder papala tranquilamente...... e vaia, agora o problema xa se ven a menos...haberá que seguir co método...
...pousala no malecó e irlle retallando as patas unha a unha....
...facendo sempre unha coidadosa observación e elixindo por onde cortar...
...e agora que só quedan tres, ao mellor xa se pode colar...
...e se aínda non se cola, volveremos a empezar...
...cortando coa habelencia e a precisión dunha cirurxá...
... e así é que só quedan dúas e agora malo será...
...con dous ou tres precisos golpes de colo e pescozo, para abaixo van...
... e que che vaian aproveitando, miña santiña.
Ate outra convidada...de hoxe nun ano (e polo medio moitas veces)
A mandare, miñas e meus.
Obrigado.
Nota marxinal: Que as gaivotas son uns dos animais máis intelixentes sábese na miña familia dende que hai máis de sesenta anos meu tío Claudio, q.e.p.d., criara, dándolle de comer coa mao e sendo el cativo, unha gaivota recién nacida que uns mariñeiros sacaran do niño, certo día no que andaban á rebusca de ovos de gaivota polo cantil. A gaivota criouse na casa a canda as galiñas e deu en ser un animal doméstico máis, andando rufa, segura, confiada e ceive, paseando palmito polas vellas e empedradas calles do rueiro da Plaza co respeto de todo o mundo e, o que é máis difícil, co dos gatos da casa e o dos outros dos arredores.
A gaivota a quen toda Cedeira acabou coñecendo e chamando "a gaivota de Claudiniño", ía esperalo todos os días á saída da escola e baixaba dos ceos para volver a canda el, paseando ao seu lado coma se fose o mellor e máis cariñoso dos canciños.
Co permiso de todos e todas vós quixera adicarlle esta entradiña ao Antonio Gutierrez e ao Paco Girón, gaivoteiros maiores, de quen sempre se aprende.
Graciñas de verdade Rafael, gustóume moito a entrada e agradécese moito a dedicatoria.
ResponderEliminarAs gaivotas...
estando facendo a mili no cuartel de Instrucción, 10 minutos antes do bocata estaban xa nos tellados do Nautico.
Na casa dín que teño cara de gaivota, de tanto ollalas...
A culpa téñena Xan e Antonio que tiraron o foguete e mandáronme ir atopala varilla...
Unha aperta aos tres.
Paco
Non pares...
Non hai de que...faise a dedicatoria dende a admiración pola vosa pasión e excelente traballo.
ResponderEliminarApertas
Boas,
ResponderEliminarLaborioso xantar o da gaivota... unha alegría para a vista.
Saúdos.
Obrigado...consultei o Exif das fotos...a primeira está tirada as 12:49, a última as 12:53...en catro miñutiños fixo a maniobra...toda unha experta na arte da disección.
ResponderEliminarSaúdos.