XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

venres, 29 de xaneiro de 2016

O almorzo da londra

A petición de quen comigo estaba aquel día, aí van quince imaxes  de dúas  series, escaqueadas, dunha londra almorzando anguías nas augas calmas do Lago de Lanzós.

Escusas por meter unha teima case persoal nun descorrer do noroeste do Nororeste, pero quen comigo estaba, logo de ver o recorte que anda por aí ao lado, non daba creto a que as fotos fosen tan malas como eu lle decía. Agora verá que son aínda peores.

Realmente son a crónica dun fracaso.

Pasa moito, pásame moito.

Éche o que hai.

















Finito o invento.

Supoñédeme  alivado de non ter ás canillas das neuronas adoecidas de relear coa confección da miña prosa ortopédica. Acertaredes.

A vosoutros presíntovos alixeirados de mente e aboiando no repouso mol da flor dunhas augas mainas. Né verdá?

Biquiños a feixes.

A mandare.


Nota marxinal. Efectivamente miña querida, fixen un lotazo de fotos pra fartar unha tarxeta lambona e estas son só unhas poucas moi poucas, pero pra amosar o nivel de fracaso son suficientemente elocuentes. Non me pidas sufrir máis. Gratia plena.

PAZ  E  PALABRAS

2 comentarios:

  1. Ben, Rafa, igual non é tanto fracaso. Outros quixéramos ter o éxito que ti tiveches...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Meu amigo...é que a tiven moi ao lado, moito de dios...e logo ao ver as fotos non cumplían as expectativas imaxinadas. Había pouca luz, é certo, epro non é disculpa. Por unha vez seríame mellor ter aumentado os ISO e aplicarlle velocidade, así non levarían tanta postprodución. Eu quedei descontento, por que de verdade Xabi que a tiven a dous metros!!! e totalmente confiada. En fin. Unha aperta.

      Eliminar