XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

mércores, 14 de decembro de 2022

Túa snow, miña felepa


... neste mencer 

miña felepa, vai con ela 

vaite indo onda ela

onda ela vaia, voa

voa a  onda ela estea... 

... no brancor das túas azas

aos seus soños dalles niño

técelle na noite estrelas

 con risos os fíos, con luz os vimbios 

dese berce, daquela cuna 

onde abanean seus ollos...

 

... onde ela durma, voa

miña felepa, onde ela vaia

vai

vai con ela

 (ti sabes quen é a miña felepa, eu sei quen é a túa snow)

...pra ti, que ben sabes o que sei,

pouca cousa, casi nada...


... neste mencer 
miña felepa, vai con ela 
voa  onda ela estea 
vaite indo onda  ela,
onda ela vaia, voa...

...co brancor das túas azas
aos seus soños dalles niño
técelle na noite estrelas,
con risos os fíos, con luz os vimbios
dese berce, daquela cuna 
onde abanean seus ollos...

 ...onda ela durma, voa
miña felepa, onde ela vaia,
vai,
vai con ela...

Miña ben querida xente, sede bós que guapas xa sodes

A mandare.

                            PAZ  E  PALABRAS

(A proba do 9 de que non teño idea de fotografía foi querer rexistrar a esta pequena garciña branca cun macro de 90 mm... a distancia de 90 metros...ou algo un algo menos)